Transparencia
Información relativa á xestión do Concello de Soutomaior
Sede electrónica
Tramitación en liña
Contacto
986705114 – 986705106
A CONCURSO A CAFETERÍA DO NOVO INSTITUTO
O Concello de Soutomaior faise eco da publicación para fomentar o acceso
ao proceso por parte dos veciños
A Xunta de Galicia acaba de sacar a concurso a concesión da cafetería
do novo instituto público de Soutomaior, que entrará en servizo o próximo
mes de setembro.
A publicación aparece recollida no Diario Oficial de Galicia do martes 17/07/18,
e nela recóllense os pasos necesarios para optar á concesión,
tanto os prazos como os centros nos que solicitar e presentar a
documentación necesaria.
Dirección de internet do perfil do contratante:
A CONCURSO A CAFETERÍA DO NOVO INSTITUTO
O Concello de Soutomaior faise eco da publicación para fomentar o acceso
ao proceso por parte dos veciños
A Xunta de Galicia acaba de sacar a concurso a concesión da cafetería
do novo instituto público de Soutomaior, que entrará en servizo o próximo
mes de setembro.
A publicación aparece recollida no Diario Oficial de Galicia do martes 17/07/18,
e nela recóllense os pasos necesarios para optar á concesión,
tanto os prazos como os centros nos que solicitar e presentar a
documentación necesaria.
Dirección de internet do perfil do contratante:
AXUDAS PARA DEPORTISTAS INDIVIDUAIS - 2018
CONCESIÓN DE AXUDAS PARA DEPORTISTAS INDIVIDUAIS DO CONCELLO NA ANUALIDADE 2018
MODIFICACIÓNS ORDEANZAS E REGULAMENTOS (ABAST. DE AUGA POTABLE - VERQUIDOS DE AUGAS RESIDUAIS)
EXPOSICIÓN PÚBLICA DO REGULAMENTO DE ABASTECEMENTO E DE AUGA POTABLE
Ver regulamento aprobado provisionalmente
PRIMEIRA MODIFICACIÓN DA ORDENANZA SOBRE VERTIDOS DE AUGAS RESIDUAIS ÓS SISTEMAS PÚBLICOS DE SANEAMENTO
MODIFICACIÓNS ORDEANZAS E REGULAMENTOS (ABAST. DE AUGA POTABLE - VERQUIDOS DE AUGAS RESIDUAIS)
EXPOSICIÓN PÚBLICA DO REGULAMENTO DE ABASTECEMENTO E DE AUGA POTABLE
Ver regulamento aprobado provisionalmente
PRIMEIRA MODIFICACIÓN DA ORDENANZA SOBRE VERTIDOS DE AUGAS RESIDUAIS ÓS SISTEMAS PÚBLICOS DE SANEAMENTO
+¡
EXPOSICIÓN PÚBLICA DO REGULAMENTO DE ABASTECEMENTO E DE AUGA POTABLE
Ver regulamento aprobado provisionalmente
PRIMEIRA MODIFICACIÓN DA ORDENANZA SOBRE VERTIDOS DE AUGAS RESIDUAIS ÓS SISTEMAS PÚBLICOS DE SANEAMENTO
ESCOLAS MUNICIPAIS DEPORTIVAS
2018 – 2019,
Información e incricións: del 10 ao 21 de setembro no pavillón (986 700964, pabellon@soutomaior.com)
Inicio actividades: 1 de outubro
>> Máis información.

RESULTADOS DAS VOTACIÓNS POPULARES E PREMIADAS CONFIENTROIDO 2021
Xa podedes consultar os resultados da votación popular do concurso Confientroido nas modalidades de Photocall e de Murgas na web: https://gabinetesoutomaior.com/index.php/programas-municipais/confientroido
Noraboa a todas as persoas que obtivéstedes o apoio do público e que votaron polos vosos traballos!!!
Desde o Concello de Soutomaior tamén queremos agradecer a participación de todas as persoas que participaron por manter o humor e animarse a participar nun entroido tan diferente como o deste ano. Grazas!!!
Porémonos en contacto coas persoas premiadas en breve para indicarlles como teñen que facer para recoller os vales e como canxealos.
>> Ver acta

Escola de Familias. Programa 2021
Desde o Concello de Soutomaior poñemos en marcha un novo programa de charlas dirixidas ás familias do municipio ou que teñan alumnado escolarizado nalgún dos centros ubicados no Concello de Soutomaior. Dadas as limitacións e restriccións actuais derivadas da pandemia COVID-19 nesta ocasión as charlas non poderán ser presenciais, polo menos polo de agora. Así que comezaremos facéndoas virtualmente a través da plataforma jitsi meet, moi sinxela de utilizar e á que se pode acceder desde un móbil ou ordenador. Isto pode ter a vantaxe de poder conciliar mellor e non ter dificultades para asistir por temas de horarios xa que permite poder asistir desde casa. Durante a sesión recibiredes información sobre a temática concreta de cada sesión, poderedes facer preguntas, interactuar co resto de asistentes e tamén co equipo encargado de impartir a sesión. Polo que serán moi interactivas e prácticas.
A primeira sesión realizarase o 23 de febreiro de 18.30 a 20.00 h. Haberá que inscribirse previamente ata o 18 de febreiro, na web: https://gabinetesoutomaior.com/index.php/axenda-municipal/vista-mensual/eventodetalle/2462/escola-de-familias-familias-ante-a-covid-19
A temática da primeira sesión versará sobre as dificultades que se están nado no entorno familiar e de convivencia para xestionar emocionalmente esta crise e todas as súas posibles consecuencias que afectan a cuestións de organización de espazos, tempos, relacións…. etc. A sesión estará guiada por un membro de Aseia ASEIA (Asociación para a Saúde Emocional na Infancia e na Adolescencia) é unha asociación especializada na atención integral en saúde emocional e mental comunitaria dos nenos, adolescentes e as súas familias.
A inscrición previa será obrigatoria porque as prazas son limitadas para que poidamos ofrecer unha mellor atención ás persoas incritas e poidamos establecer unha comunicación máis fluída e resolver dúbidas. Unha vez inscritas/os porémonos en contacto con vós para enviarvos o enlace da sesión e as indicacións oportunas.
Desde o Concello queremos agradecer a colaboración prestada polos centros educativos na difusión do proxecto e na súa implicación á hora de propoñer temas e mellorar para que o programa sexa eficaz para as familias e lles sirva de apoio.

ConfiEntroido: un entroido de andar pola casa!
Desde o Concello de Soutomaior comunicamos que este ano non poderemos festexar a festa de entroido como desexaríamos porque as circunstancias non o permiten xa que a COVID-19 impide que poidamos compartir esta festa tan interactiva e de festexos na rúa. Para que poidamos manter o ánimo e a ilusión aínda que sexa por un intre convidámosvos a que vos animedes a participar no “ CONFIENTROIDO: un entroido de andar pola casa”.
No que haberá obradoiros virtuais de complementos e disfraces e tamén de cociña de entroido para que os máis larpeiros e larpeiras poidan disfrutar das sobremesas máis tradicionais e saborosas. Haberá que isncribirse previamente na web ata o mércores 10 de febreiro.
A maiores poderedes inscribirnos e participar no Concurso que ten dúas modalidades unha de PHOTOCALL e outra de MURGAS na que se pode participar individualmente, por unidades de convivencia ou tamén a través dos centros educativos. Hai tamén unha categoría para disfrazar escaparates dirixida a comercios e establecementos do municipio. Neste concurso os traballos premiados serán seleccionados por votación popular a través da web
A inscrición PREVIA en calquera das modalidade remata o mércores 17 de febreiro. Máis información e inscricións na web: https://www.gabinetesoutomaior.com/index.php/programas-xuventude/confientroido

Os Reis Magos visitan os barrios de Soutomaior – 5 de xaneiro

CAMPAÑA: HEROÍNAS E HEROES CON MÁSCARA
Requisitos: Mozos e mozas de 10 a 35 anos empadroadas/as no Concello de Soutomaior
Tamén poderán participar persoas non empadroadas que sexa alumnado das Escolas Municipais de Debuxo e Pintura, Teatro, bailes latinos, danza do ventre.
No caso de ser menores de idade cando te inscribas será necesaria a autorización de teu pai/nai/representante legal.
O prazo de participación será desde 23 de novembro ata o 18 de decembro de 2020.
COMO PARTICIPAR?
https://www.gabinetesoutomaior.com/index.php/programas-xuventude/heroes-e-heroinas-1
>> Ver bases
>> Ver lista definitiva participación
>> Ver acta sorteo

Visita do Apalpador – 29 de decembro ás 19:00
Música pola rúa! O Apalpador irá tocando e cantando pola rúa e só fará contadas se hai pouca xente para que poidades manter a distancia de seguridade.

Cápsulas creativas para as vacacións de Nadal
Do: 01-12-2020 ó: 18-12-2020
Destinatarios/as: 6 – 18 anos
Menores: Menores con autorización
Prazas: min 5 – max 9 / Grupo
Entrada: De balde
Lugar da actividade: On Line
Inscricións desde: 27-11-2020
Inscricións ata: Venres, 18. Decembro 2020
https://www.gabinetesoutomaior.com/index.php/axenda-municipal-2/vista-mensual/eventodetalle/2454/capsulas-creativas

Nadal 2020 – Queres que te chamen os reis magos?
Do: 26-11-2020 ó 29-12-2020
Destinatarios/as: 2 – 10 anos
Lugar da actividade: On Line
Inscrición en liña do 1 ao 29 de decembro: https://www.gabinetesoutomaior.com/index.php/axenda-municipal-2/vista-mensual/eventodetalle/2453/queres-que-te-chamen-os-reis-magos

XIX Concurso de Postais e Felicitacións das festas de Nadal e Aninovo
A entrega de postais e felicitación realizarase a través da web:
https://gabinetesoutomaior.com/index.php/programas-xuventude/concurso-postais-de-nadal-2020
Prazo de presentación:
O prazo de presentación para todas as modalidades REMATARÁ O MÉRCORES 16 DE DECEMBRO ÁS 14.00 HORAS.
Ante calquera dúbida podedes contactar coa OMIX nos números 986700822, 638822868 ou ben no correo omix@soutomaior.com
>> Ver bases
>> Ver acta do xurado. Postais e Felicitacións de Nadal premiadas

ROTEIRO Monte Siradella e Intermareal da Lanzada
Medio día
Datas: 18-10-2020 ó: 05-10-2020
Horarios: Saída en Bus desde 9:25 ata 15:00 h
Lugar: BUS: Concello – Cruce de Pierres
Destinatarios/as: Todas as idades – e máis anos
Menores: -12 anos acompañados
Prazas: 18 Prazas
Email Concellería: omix@soutomaior.com
Entrada: De balde
Inscrición en LIÑA
desde 06-10-2020 ata: 14-10-2020
O prazo de presentación de solicitudes será de dous meses contados dende o día seguinte a aquel en que se produce o nacemento.
As solicitudes poderán presentarse nos Servizos Sociais municipais xunto coa documentación requirida, de luns a venres en horario de 09:00 a 14:00 horas.
As axudas de transporte serán solicitados no Concello de Soutomaior.
O prazo de presentación para a solicitude das axudas comenzará a partires da publicación destas Bases no Boletín Oficial de provincia, podendo solicitarse en calquera momento ao longo do curso escolar.
Tarxeta xente nova
Para transporte metropolitano gratuito.
A Tarxeta Xente Nova é a tarxeta de transporte metropolitano de Galicia que permite realizar viaxes interurbanas gratuítas.
¿Quen a pode utilizar?
Mozos de entre 4 e 18 anos, porque os menores de 4 anos xa viaxan gratis no transporte interurbano

A Dirección Xeral de Mobilidade crea unha tarxeta de transporte gratuita para xente nova. Á xente nova aplicaráselle unha tarifa de 0 € nas viaxes metropolitanas interurbanas realizadas dentro do ámbito do plan de transporte metropolitano de Galicia, (Número máximo de 60 viaxes mensuais por persoa usuaria.)
Como conseguila?
http://solicitudonline.abanca.com/Tarjetas/gl/txn
Máis información: OMIX, Centro Multiusos.
R/ Peirao, 8 – 36690 Arcade Concello de Soutomaior.
Teléfono: 986700822, omix(arroba)soutomaior.com
Voluntariado Soutomaior
Plan Municipal de Voluntariado.
Son un conxunto de accións voluntarias integradas no Plan Galego de Voluntariado e regulado pola Lei 3/2000, do voluntariado de Galicia.
¿Que tipo de voluntariado hai en Soutomaior?
>> Ver anuncios de voluntariado en Soutomaior
>> Descargar folla de inscrición
>> Descargar autorización menores de idade
Máis información: OMIX, Centro Multiusos.
R/ Peirao, 8 – 36690 Arcade Concello de Soutomaior.
Teléfono: 986700822, omix(arroba)soutomaior.com
Garantía Xuvenil
Emprego xuvenil - Garantía social
Estratexia de emprego dixirida á mozos e mozas de 16 a 29 anos
> Ampliar información: Garantía xuvenil
Máis información: OMIX, Centro Multiusos.
R/ Peirao, 8 – 36690 Arcade Concello de Soutomaior.
Teléfono: 986700822, omix(arroba)soutomaior.com