Biblioteca Soutomaior

AEDL

Contacto:

Cyntia López Castellano

R/ Alexandre Bóveda, 8 . 36691 Soutomaior Pontevedra

Teléfono: 986705114 – 986705106 Fax: 986705333

email: aedl@soutomaior.com

Horario de atención ó público:

De luns a venres de 8:30h a 15:00 h

O Axente de Emprego e Desenvolvemento Local (Aedl) é un servizo situado na Casa do Concello de Soutomaior, ten como misión principal colaborar na implantación das políticas activas de emprego relacionadas coa creación da actividade empresarial.

O Aedl é unha iniciativa pública municipal en colaboración coa Xunta de Galicia e o Fondo Social Europeo creada co obxectivo de facilitar o desenvolvemento do contorno socioeconómico e a creación de emprego.

O obxectivo xeral do Axente de Emprego e Desenvolvemento Local é fomentar a actividade económica e social no concello, ca finalidade de xerar crecemento económico e desenvolvemento social.

O seu ámbito de actuación é municipal, dependendo orgánica e funcionalmente do propio Concello; carece de personalidade xurídica propia e está configurada como un servicio municipal, un instrumento máis de xestión.

Na actualidade os costes de funcionamiento están cofinanciados pola Consellería de Traballo e Benestar.

Os beneficiarios inmediatos son os novos emprendedores, empresarios, comerciantes, traballadores, desempregados e en xeral, aqueles que pretendan poñer en marcha ou ampliar calquera tipo de iniciativa empresarial.

A.E.D.L Soutomaior Informa

>> Oferta de emprego:  UCALSA, Cociñeiro/a, Centro de traballo BRILAT.

Novas

Actividades e Servizos:

Promoción económica e fomento do emprego
• Creación de empresas
-Promoción de emprego autónomo
-Fomento do emprego en cooperativas e sociedades laborais
-Axudas a mulleres emprendedoras
-Apoio creación, ampliación e mantemento de centros especiais de emprego.
-Iniciativas locais de emprego
-Iniciativas de emprego rural.
-Iniciativas de emprego de base tecnolóxica.

• Incentivos á contratación por conta allea

• Financiación e inversión empresarial.

• Axudas para persoas con discapacidade.

• Comercio local.

• Agricultura e gandería

Programas e iniciativas europeas
• LEADER
• GALP
Orientación laboral
Promoción da formación
• Detección de necesidades formativas.

• Programación e execución de cursos e seminarios:
-Seminarios dirixidos a emprendedores
-Accións formativas prioritariamente para desempregadas (Cursos AFD)
-Obradoiros de emprego.
-Cursos de formación continua dirixidos a traballadores en activo
-Seminarios e xornadas para empresarios

O concello en cifras
Informes socioeconómicos que permitan coñecer a situación económica e social do municipio para unha mellor visión do territorio.

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentemento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche o enlace para maior información. // Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies