Este martes 10 de marzo de 16.30 h a 18.00 h terá lugar a primeira sesión da Escola de Familias promovida pola Concellería de Educación do Concello de Soutomaior. O tema a tratar será “A importancia de saber dicir non” un tema moi relevante para a educación de fillos e fillas pois é unha palabra que implica moitas emocións encontradas e que ademais implica a partícula que nos permite establecer límites, marcar distancias, axustar os nosos tempos e respectar as nosas necesidades e as das demais persoas. En moitas ocasións teremos que saber dicir non e cómpre ter as habilidades e ferramentas axeitadas. A charla será moi práctica utilizándose moitos exemplos que serán de moita utilidade para as familias. Lembrade que podedes acudir cos vosos fillos e fillas porque mentras estades na charla haberá unha actividade lúdica para eles e elas. A sesión realízase no CEIP M Padin Truiteiro. Esta actividade vai dirxidida a todas as familias do alumnado matriculado nos centros educativos do municipio e tamén dos arredores pois trátase dunha actividade aberta ao público en xeral e a toda a comunidade educativa. Animádevos!!!
O máis recente…
- SUBVENCIÓNS DO PROGRAMA DE INFRAVIVENDA
- FORMACIÓN PROXECTO LABORA 2020 DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA.
- BONO ACTIVA COMERCIO
- Campaña de apoio á economía local “O noso”
- Biblio Fogar- Os libros que se achegan a túa casa!
- Feira de Arcade – Martes 13 de abril
- Soutomaior pon cara e nome ás Mulleres Sabias
- O meu tempo: Saúde en movemento (1 h/día)
- O meu tempo: Arteterapia (1 1/2 h/día)
- O meu tempo: Mindfulness (1 1/2 h/día)