A Biblioteca Municipal pon en marcha dous novos clubs de “lectura fácil” para favorecer a inserción social. A iniciativa pretende servir como ferramenta de integración de novos cidadáns e persoas de fala estranxeira ou con dificultade lectora mediante textos sinxelos que desenvolvan o seu gusto pola lectura. Esta nova proposta conta con 10 prazas dispoñibles e a primeira reunión celebrarase o próximo día 23 baixo a coordinación da profesora de maxisterio Conchi Tirado.[/one_half_last]

Os destinatarios do club son persoas en fase de aprendizaxe do idioma, discapacitados, novos, persoas maiores de baixa escolarización e en xeral a todas aquelas que en xeral desexen gañar fluidez na práctica do castelán ademais de mellorar a súa capacidade de comprensión lectora e de expresión oral. Os encontros realizaranse en martes alternos na segunda planta da biblioteca comezando o próximo día 23 ás 11 da mañá. O libro escollido para arrincar a iniciativa é “ Nahid, a miña irmá Afgana”.

Clubs infantil é de lectura fácil.

A proposta do club compleméntase cos dous grupos infantís para nenos de 6 e 7 anos, que comezará o 18 de outubro, e de 8 a 9 anos, que arrincará o 25 deste mes. Todo o material necesario será proporcionado pola biblioteca municipal. Os interesados en sumarse ao club de lectura fácil, ou aos xa existentes nos diversos idiomas, deben contactar coa Biblioteca Luís Seoane na rúa Illas Alvedosas nº3 de Arcade, a través do teléfono 986 700 291 ou no correo electrónico biblioteca@soutomaior.com.

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentemento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche o enlace para maior información. // Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies