Somos conscientes da importancia de promover axudas ás familias para conciliar a vida familiar e laboral. Poñermos en marcha un novo campamento de conciliación que se levará a cabo os días 29, 30, 31 de marzo correspondentes a luns, martes e mércores de Semana Santa, en horario de 9:00- 14:00 h. no edificio Multiusos de Arcade, ampliable a entrada ás 8:00 e a saída as 15:00. O servizo está dirixido ás crianzas menores de 14 anos, para maior seguridade e eficacia no desenvolvemento das actividades, organizaranse os grupos por idades, dependendo da demanda, intentando que a agrupación sexa o máis homoxénea posible.
Dentro do horario do programa intercalaranse actividades lúdico, educativas, deportivas, xogos e obradoiros, actividades ao aire libre, sempre traballando baixo a perspectiva de xénero dun xeito dinámico e participativo.
Animádevos a participar.
As inscrición poden facerse a través da páxina do gabinete de prensa do Concello de Soutomaior, ou chamando por teléfono o CIM. Teñen preferencias as familias monomarentais, monoparentais, familias con persoas proxenitoras traballando, persoas empadroadas no Concello de Soutomaior. O prazo de inscrición remata o día 18 de marzo.

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentemento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche o enlace para maior información. // Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies