Desde o Concello de Soutomaior comunicamos que este ano non poderemos festexar a festa de entroido como desexaríamos porque as circunstancias non o permiten xa que a COVID-19 impide que poidamos compartir esta festa tan interactiva e de festexos na rúa. Para que poidamos manter o ánimo e a ilusión aínda que sexa por un intre convidámosvos a que vos animedes a participar no “ CONFIENTROIDO: un entroido de andar pola casa”.

No que haberá obradoiros virtuais de complementos e disfraces e tamén de cociña de entroido para que os máis larpeiros e larpeiras poidan disfrutar das sobremesas máis tradicionais e saborosas. Haberá que isncribirse previamente na web ata o mércores 10 de febreiro.

A maiores poderedes inscribirnos e participar no Concurso que ten dúas modalidades unha de PHOTOCALL e outra de MURGAS na que se pode participar individualmente, por unidades de convivencia ou tamén a través dos centros educativos. Hai tamén unha categoría para disfrazar escaparates dirixida a comercios e establecementos do municipio. Neste concurso os traballos premiados serán seleccionados por votación popular a través da web

A inscrición PREVIA en calquera das modalidade remata o mércores 17 de febreiro. Máis información e inscricións na web: https://www.gabinetesoutomaior.com/index.php/programas-xuventude/confientroido

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentemento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche o enlace para maior información. // Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies