O Concello de Soutomaior organiza unha excursión para os maiores empadronados a Lugo.
Ás 8:15 h, saída dende as paradas do transporte escolar en Soutomaior.
Ás 8:30h, saída dende o Cruce de Pierres , en Arcade.
A viaxe e o xantar son gratuitos para os xubilados empadronados no Concello de Soutomaior. Os acompañantes deberán abonar 20 €.
O xantar está programado no Val dos Soños en Castro de Rei que está situado nunha contorna discreta e tranquila. Eríxese en plena natureza, polo que se converte nun lugar ideal para realizar acontecementos especiais. Rodeada dun emblemático bosque de carballos centenarios e un manancial con máis de 55.000 metros cadrados e cunha pequena capela que avala máis de 300 anos de antigüidade.
Poderán anotarse nas oficinas da Casa do Concello e no Centro Social de Talo Río ata o día 12 de abril de 2019.

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentemento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche o enlace para maior información. // Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies