Coa desescalada iniciada hai uns días, o Concello de Soutomaior recupera a feira que se viña celebrando os días 13 e 26 na Alameda de Talo Río.
O Concello lembra a todos os asistentes a obrigatoriedade de usar máscara e usar os puntos de desinfección con xel hidroalcohólico para garantir a seguridade.
Coa situación actual limitarase a capacidade de postos habituais ou autorizados.