Obxecto: Adestrar a un equipo de 20 persoas desempregadas para realizar unha nova procura de traballo, contando coa axuda dun/ha técnico.
Duración: 5 meses, 4 días a semana en horario de 09.00-14.00
- Inicio: 21 de novembro de 2018
- Remate: 26 de abril de 2019
Lugar: Pontevedra, A Coruña, Santiago de Compostela, Lugo e Ferrol.
Requisitos para participar:
- Ter entre 18 e 59 anos, ambos inclusive
- Estar desempregado e inscrito como demandante de emprego
- Non é necesario ter experiencia laboral.
Características:
- Participación voluntaria
- Actuacións totalmente gratuítas
- Sen compensación económica (non dispón de ningunha axuda económica para os participantes).
Prazo inscripción: 31 de outubro de 2018
Lugar inscripción:
- Preferiblemente a través de formulario on line no enderezo: (http://lanzaderasdeempleo.es/formulario-de-inscripcion)
- Formulario en papel que poderá entregarse:
- Nas oficinas de emprego
- Aos axentes de emprego e desenvolvemento local.(Aedls)
Para máis información:
Cynthia López. Aedl Concello de Soutomaior.