O Concello de Soutomaior convoca novos cursos de formación en varias áreas profesionais co fin de adaptar a formación deste trimestre ás diferentes necesidades das persoas e tamén ás demandas do mercado co fin de mellorar a empregabilidade da poboación xuvenil e de todas aquelas persoas que estén na procura de emprego activa ou queiran continuar formándose para ampliar o seu currículo. Dadas as actuais circunstancias derivadas da pandemia COVID-19 a formación fundamentalmente será en liña agás naqueles cursos nos que se realicen prácticas en empresas nos cales a metodoloxía será mixta combinado clases presenciais con formación en liña.
As persoas interesadas deberán inscribirse previamente EN LIÑA na web: https://www.gabinetesoutomaior.com/…/inscricions-en-lina
Os cursos ofertados son:
Curso de internet para procurar emprego (10 h)
Curso de operario/a de almacén (modalidade mixta) (40h teóricas + 50h prácticas en empresas con bolsa aberta de contratación)
Curso de alimentación e dietética (en liña) (40 h)
Curso oficial de Monitor/a de Tempo Libre (350 h)
Na web pódese descargar o PDF con toda a información detaiada de cada curso.
Para calquera dúbida poden contactar coa OMIX nos números 986700822, 638822868 ou ben por correo electrónico omix@soutomaior.com

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentemento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche o enlace para maior información. // Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies