A Concelleria de Igualdade do Concello de Soutomaior, organiza por segundo ano consecutivo un obradoiro para mulleres de crecemento persoal e autocoñecemento como ferramenta para crear rede sociais e afectivas entre mulleres e fomentar as relacións de bo trato e sororidade.
Así mesmo, este tipo de obradoiros están enmarcadas dentro das acción de prevención da violencia de xénero, por ser contextos terapéuticos e sociais onde se fomentan recursos de autoprotección e autocoidado, precisos para estabrecer vínculos afectivos saudables.
O Obradoiro é totalmente gratuíto, e ten prazas limitadas.
ABERTO PRAZO DE INSCRICIÓNS.
Inscricións: CIM 986 701 227.