A ponte colgante de Soutomaior

O peirao de Arcade

As ostras deArcade

O Castelo

Transparencia

Información relativa á xestión do Concello de Soutomaior

Sede electrónica

Tramitación en liña

Contacto

986 705 114 – 986 705 106

BANDO INSPECCIÓN TÉCNICA PERIÓDICA DE VEHÍCULOS AGRÍCOLAS
SELECCION ASPIRANTES CONTRATACIÓN EN PRÁCTICAS - O TEU PRIMEIRO EMPREGO
CONVOCATORIA PARA A PROVISIÓN, MEDIANTE CONCURSO, DUNHA PRAZA DE BIBLIOTECARIO/A, DO CONCELLO DE SOUTOMAIOR PARA CUBRIR BAIXA POR EC DA TITULAR
PLAN MUNICIPAL DE PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA OS INCENDIOS FORESTAIS - Xestión de faixas secundarias

Biblioteca M. Luis Seoane, Arcade

Horario de atención ó público (dende o luns 16 de setembro de 2019)

De luns a venres de 16 a 20 h, e ademáis as mañáns dos martes e xoves de 9:00 a 14:00

Día dos nosos maiores –  21 de abril – Lugo monumental

Día dos nosos maiores – 21 de abril – Lugo monumental

O Concello de Soutomaior organiza unha excursión para os maiores empadronados a Lugo.
Ás 8:15 h, saída dende as paradas do transporte escolar en Soutomaior.
Ás 8:30h, saída dende o Cruce de Pierres , en Arcade.
A viaxe e o xantar son gratuitos para os xubilados empadronados no Concello de Soutomaior. Os acompañantes deberán abonar 20 €.
O xantar está programado no Val dos Soños en Castro de Rei que está situado nunha contorna discreta e tranquila. Eríxese en plena natureza, polo que se converte nun lugar ideal para realizar acontecementos especiais. Rodeada dun emblemático bosque de carballos centenarios e un manancial con máis de 55.000 metros cadrados e cunha pequena capela que avala máis de 300 anos de antigüidade.
Poderán anotarse nas oficinas da Casa do Concello e no Centro Social de Talo Río ata o día 12 de abril de 2019.

Fai voluntariado no Festival Soutopequeno

Fai voluntariado no Festival Soutopequeno

O festival de cine e música SOUTOPEQUENO celébrase no Concello de
Soutomaior os días 28,29,30 e 31 de marzo, un Festival de cine e música no
que ademais haberá pequenos obradoiros musicais e cinematográficos. + info
en www.soutopequeno.com <http://www.soutopequeno.com>
Requisitos: non se precisa de experiencia nin hai requisitos mínimos.
Funcións: acomodar aos nenos e nenas que asistan ás proxeccións de cinema
así como á saída das proxeccións, axudar ao profesorado cos nenos e nenas
nos propios obradoiros, recollida e entrega de entradas para as proxeccións,
axuda na propia organización do evento no que poida xurdir día a día sempre
como apoio e sen responsabilidade seria.
Número de prazas: sen límite.
Datas e horarios: venres 28 a partir dás 20h e sábado 29 e domingo 30 dende
ás 11:30 horas ata ás 13:30 e 16:00 horas ata ás 20:30h.

Para o voluntariado dispoñemos de catering sempre e cando o número de horas
faga estar dispoñible mañá e tarde, dispoñemos de medio catering si é só
media xornada
O prazo de inscrición estará aberto ata o xoves 28 de marzo de 2019. Máis información an OMIX.

Carreira infantil da ostra

Carreira infantil da ostra

Xa está aberto o prazo de inscrición para a Carreira Infantil da Ostra 2019.
Terá lugar no Peirao de Arcade o vindeiro domingo 31 de marzo a partir das 11,30 horas.
As categorías por idades serán as seguintes:
Chupete: nacidos en 2014 ata 2016., Pitufos (nados 2012-2013), Benjamines (2010-2011), alevíns (2008-2009), Infantís (2006-2007) e cadetes (2004-2005)
Todos os corredores recibirán a súa medalla de participación e os tres primeiros clasificados de cada categoría terán as súas medallas de ouro, prata e bronce.
As inscricións pódense realizar en liña na pagina www.gabinetesoutomaior.com ou presencial no pavillón municipal da Montesiña ata o xoves 28 de marzo.
Nuns días indicaremos o circuíto de carreiras e as distancias por categorías
Ao finalizar as carreiras haberá un concerto infantil “Sesión Zume” do I Festival de cinema e música Soutopequeno.

>> Ver inscrición

>> Ver listado participantes

Coleroteiros

Coleroteiros

…a clase paseando.

ColeRoteiros, Camiños Escolares en Soutomaior, é un programa municipal educativo e xuvenil dirixido a facilitar que nenos, nenas, mozos e mozas poidan ir aos centros educativos camiñando ou en bici.

Un proxecto global e transversal do Concello de Soutomaior que ten como fin impulsar hábitos máis saudables de mobilidade, practicar deporte, contaminar menos e favorecer a participación comunitaria

> Descargar  díptico

>> Ampliar información / inscrición en liña

Festa da ostra
Festa da ostra
Festa da ostra

Campaña ECOLUCIONA (Medio ambiente)

A campaña ECOLUCIONA componse de 10 clips de video dirixidos a promover o cambio hábitos cotiás da cidadanía: reutilización de bolsas, compra a granel, uso de baterías recargables, buscar a ecoetiqueta nos productos de limpeza, etc.

AXUDAS – emprego – formación

 

AXUDA ECONÓMICA A TRAVÉS DA TARXETA BENVIDA PARA AS FAMILIAS CON FILLOS E FILLAS NADOS NO ANO 2018

O prazo de presentación de solicitudes será de dous meses contados dende o día seguinte a aquel en que se produce o nacemento.

As solicitudes poderán presentarse nos Servizos Sociais municipais xunto coa documentación requirida, de luns a venres en horario de 09:00 a 14:00 horas.

Acción formativa: DepoApicultura,apicultura sostible como fonte de emprego rural.

Destinado a persoas desempregadas inscritas como demandantes de emprego e consiste nunha formación teórico-práctica sobre apicultura moderna sostible para as e os interesados no sector.

>> Ampliar información

R

Tarxeta xente nova

Para transporte metropolitano gratuito.
A Tarxeta Xente Nova é a tarxeta de transporte metropolitano de Galicia que permite realizar viaxes interurbanas gratuítas.

¿Quen a pode utilizar?
Mozos de entre 4 e 18 anos, porque os menores de 4 anos xa viaxan gratis no transporte interurbano

A Dirección Xeral de Mobilidade crea unha tarxeta de transporte gratuita para xente nova. Á xente nova aplicaráselle unha tarifa de 0 € nas viaxes metropolitanas interurbanas realizadas dentro do ámbito do plan de transporte metropolitano de Galicia, (Número máximo de 60 viaxes mensuais por persoa usuaria.) Como conseguila? http://solicitudonline.abanca.com/Tarjetas/gl/txn

 

R

Voluntariado Soutomaior

Plan Municipal de Voluntariado.
Son un conxunto de accións voluntarias integradas no Plan Galego de Voluntariado e regulado pola Lei 3/2000, do voluntariado de Galicia.

¿Que tipo de voluntariado hai en Soutomaior?

>> Ver anuncios de voluntariado en Soutomaior

>> Descargar folla de inscrición

>> Descargar autorización menores de idade

R

Garantía Xuvenil

Emprego xuvenil – Garantía social
Estratexia de emprego dixirida á mozos e mozas de 16 a 29 anos

 

 > Ampliar información: Garantía xuvenil

 

 

 

Máis información:
OMIX, Centro Multiusos.
R/ Peirao, 8 – 36690 Arcade Concello de Soutomaior.
Teléfono: 986700822, omix(arroba)soutomaior.com

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentemento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche o enlace para maior información. // Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies