Pedro Madruga

Recordaremos aquí a lenda según a cal se lle coñece na Historia co alcume de Madruga.

Don Pedro e o conde de Ribadavia tiñan unha cuestión polos límites dos seus estados e resolveron zanxala, para o cal pactaron o seguiente: Un e outro haberían de sair a cabalo dos seus respectivos castelos, ao primeiro canto do galo, e no  sitio onde se atopasen sería o límite das súas facendas.

Don Pedro sempre previsor, tomando ó pe da letra o pactado, saiu de Soutomaior ao cantar o galo a media noite, chegando as portas de Ribadavia ó raiar o día, cando comezaba o seu contrincante a cabalgar, e ó miralo alí  exclamou con sorna “madrugas Pedro, madrugas”.

Pedro Álvarez de Sotomayor (Pedro Madruga)

 

Don Pedro Alvarez de Sotomayor era fillo natural de Fernán Yáñez de Sotomayor, según declaración feita por éste no seu testamento, dicindo: “Pedro de Sotomayor mi fillo bastardo que lo obe de una mujer que sabe bien su nombre y quien ella es Alfonso García Darban mi escudero y Rodrigo Deza mi sobrino.”
Por vontade do seu pai empezou os estudos da carreira eclesiástica, e antes de terminala concedeulle Enrique IV a mitra de Santiago, non chegando a tomar posesión dela por falecemento do seu irmá don Alvaro, que o tiña profillado deixándolle todo o que tiña co consentimento do Rei (Real cédula de 6 de Agosto de 1468), polo cal foi dono da Casa de Sotomayor e de todos os seus estados.

Durante o reinado de Enrique IV (1455-1474), don Pedro, beneficiándose do favor e a debilidade da coroa, consolida e incrementa os seus dominios. Éstes consistían, inicialmente, no castelo de Soutomaior, que Vasco da Ponte (cronista galego de comenzos do s. XVI), evalúa como casa de setenta ou oitenta lanzas. Exercía o control directo sobre outra serie de casas fortes e torres que salpicaban o suroeste de Galicia dende o río Ulla ata o Miño; entre elas: Trinidad, Alba, Cotobade e Fornelos. Contaba, igualmente, coa posesión en feudo dun total de vinte feligresías en Terra de Salnés, que o arzobispo de Santiago, don Rodrigo Luna, concedera a Alvaro Páez de Sotomayor.

Hacia 1467 obtivo don Pedro, de Enrique IV, un xuro de 150.000 maravedís sobre as rentas reais de Pontevedra, Vigo e Redondela; concesión que lle serviu de pretexto para señorear estas tres cidades durante os anos 70 do s. XV, e que lle acarreou, ó mesmo tempo, o enfrentamento permanente co arzebispo de Santiago, don Alonso de Fonseca, a cuxa xurisdicción pertencían ditas cidades.
Pedro Madruga continuou, como os seus predecesores Soutomaior, exercendo a encomenda sobre a igrexa de Tui, de forma que máis parecían os Soutomaior os señores da Igrexa, que os seus propios obispos, cos que o conflicto foi tamén permanente. Finalmente, don Pedro Madruga chegou a titularse Vizconde de Tui e Mariscal de Baiona.

Durante a Guerra Irmandiña (1467-1469) don Pedro refuxiouse en Portugal, onde gañou a amistade do monarca veciño, e contraeu matrimonio ventaxoso con dona Teresa de Táboa, da que tivo sete fillos: Álvaro, Fernando, Cristóbal, Diego, Alfonso, Mayor e Constanza; así comezaba o que ía ser unha constante na súa traxectoria, a vinculación política e familiar con Portugal. A reacción feudal contra os Irmandiños proporcionoulle a oportunidade de introducirse no escenario nobiliar galego e gañar nel un posto eminente; cruza a fronteira portuguesa e recupera os seus dominios sin dificultade, derrotando ás hostes irmandiñas cerca de Pontevedra; ponse en contacto co arzebispo Fonseca e con don Juan Pimentel, irmán do conde de Benavente, ós que axuda a recuperar as súas anteriores posesións; por último, organiza á nobleza galega desbaratada e condúcea ata o desmantelamento das posicións irmandiñas.

Era a alianza conxuntural da nobreza contra o enemigo común, que pronto se vería rota polas esixencias particulares de cada un. Pola súa parte, o de Soutomaior contaba cos servizos e axuda dunha serie de cabaleiros de acostamento ós que sostiña nas súas terras e dominios (os Montenegro ou os Valladares, entre outros), así como dos seus familiares os Soutomaior de Lantaño, ou seu fiel amigo don Lope Sánchez de Moscoso, conde Altamira.
O momento cumbre da ascensión de Pedro Madruga prodúcese no 1475, cando obtén do rei portugués Alfonso V o título e os dereitos de conde de Camiña; por entonces constituira un dominio case exclusivo sobre a zona suroeste de Galicia, onde o pobo o invocaba como ; titulación acorde, polo demáis, coas súas pretensións hexemónicas, expresadas rotundamente nas súas propias palabras: <<en Galicia basta mi casa>>.

Pedro Madruga na Guerra de Sucesión (1474 – 1479).

 En 1474, morto Enrique IV, estala o conflicto sucesorio entre a súa irmá Isabel e a súa filla Juana; mentras a nobreza galega adopta unha actitude espectante, os  seus dous líderes máis cualificados posiciónanse rápidamente. Pedro Madruga ó lado de Juana e do bando portugués; e iso, por afinidade xeográfica e cultural, por vinculación familiar, e con miras á salvagarda dos seus interéses persoais, a cabalo entre o sur de Galicia e o norte de Portugal. Fonseca ó lado de Isabel e da futura monarquía dos Reis Católicos, buscando a rehabilitación e o ascenso político.

A intervención de don Pedro no conflicto sucesorio proporciónanos os acontecementos máis apasionantes da súa biografía.
Inflúe decisivamente no falido matrimonio entre Juana e o monarca portugués Alfonso V, programa e facilita a invasión portuguesa de Castilla; e él mesmo abre un frente galego na guerra, proclamando a Alfonso e Juana reis de Portugal, Castilla León e Galicia en Vigo, Caldas de Reis, Pontevedra, Padrón, Baiona e Tui. A esta presencia portuguesa en Galicia opúxose enérxicamente o obispo de Tui, don Diego de Muros, que tivo que sufrir, por isto, un prolongado cautiverio en terras portuguesas.

En outono de 1476 o arzebispo Fonseca, o conde de Monterrey, xunto cos nobres galegos que, de mellor a peor gana, incorporaranse ó bando isabelino, mandados por frei Arias del Rio, correxidor maior de Galicia, diríxense a Pontevedra, dispostos a reducir ó de Camiña; os secunda por mar unha escadra mandada por Ladrón de Guevara. Madruga resiste dous prolongados cercos á cidade, que terminan en fracaso polos asaltantes, quenes se deciden por unha tregua na primavera de 1477.

Acontecemento singular, dentro das escaramuzas que provocou o conflicto sucesorio en Galicia, foi a prisión que sufriu Pedro Madruga a mans de don Rodrigo Alonso Pimentel, entre 1477 e 1478. Esta circunstancia foi aproveitada polo prelado compostelán e os demáis adversarios de Camiña para dirixirse a Pontevedra e rendila; dende alí apoderáronse de Redondela, Pontesampaio e Vigo; ocuparon varias fortalezas do de Soutomaior e realizan novas fortificacións na zona.
Os partidarios de Soutomaior só conseguen sosterse no seu propio castelo, en Salvaterra e Fornelos. Era a hora da revancha de Fonseca.

Tras conseguir a súa liberdade, Pedro Madruga regresa a Galicia na primavera de 1478; en menos dun ano consegue recuperar os dominios perdidos, apodérase de García Sarmiento, señor de Sobroso e do seu tio Fernán de Camba, dando morte a Gregorio de Valladares e a Tristán de Montenegro (antigos vasalos seus, agora no bando isabelino); os fonsecanos só conseguen manterse con dificultades en Pontevedra e Baiona. Según nos narra o cronista do s. XVII Felipe de la Gándara, un elemento clave nos éxitos militares de Madruga foi a utilización, polas súas hostes, de arcabuces e outras armas de fogo.

En 1479 firmábanse as paces entre Castela e Portugal, ó tempo que os Reis Católicos consolidábanse como monarcas de Castilla e Aragón. A pesar de que nos tratados se contemplaba un perdón xeral para os nobres que estiveran ó lado do monarca portugués, e de forma especial para Pedro Madruga, a situación política e militar da Península, que el soubera utilizar tan hábilmente en beneficio propio, tornábase agora adversa.

 

O ocaso de Pedro Madruga (1480 – 1486).

 O arzebispo de Fonseca, paladín da coroa en Galicia, rompía toda relación con Pedro Madruga, reclamándolle a devolución das feligresías que tiña en feudo. Os Reis esixían a entrega de Vigo e Redondela á Igrexa de Santiago. Don Diego de Muros, obispo de Tui, queixábase ante a Curia Romana dos abusos que Pedro cometía contra a súa Igrexa. 

Por outra parte, en 1480, estaban xa en Galicia, Antón de Paz, cos seus cuadrilleiros da Irmandade, e o Gobernador Acuña, dispostos a acabar co de Camiña. O cerco cerrábase sobre o señor de Soutomaior. Dándose éste conta do comprometido da súa situación, intenta actuación de desagravio hacia os seus adversarios e hacia a Coroa, e así, en 1482, restitúe a don Diego de Muros todos os bens que tiña usurpados á Igrexa de Tui.

 

Pero os Reis Católicos xa prepararan o final de Pedro Madruga. Protexeran na Corte ao seu fillo maior, Álvaro de Sotomayor, e agora esíxenlle que se faga cargo do señorío, desposeendo o seu pai. Don Álvaro, fiel ós desexos da Coroa, preséntase, en 1483, nas terras do seu pai e valéndose do engano, apodérase do castelo de Soutomaior; Pedro Madruga, que se atopaba en Portugal, ó coñecer esta traición, deshereda a seu fillo maior e vótalle a súa maldición. Pero, nun momento no que os feitos mandaban, todo isto eran palabras que soaban a canto de cisne. Don Álvaro de Soutomaior heredaría o señorío co apoio e a confianza da Coroa, e ía a converterse nun novo tipo de nobre, sumiso á vontade dos monarcas.

A morte de Pedro Madruga, en 1486, queda envolta na duda e o misterio

Viaxa a Alba de Tormes buscando a reconciliación e a gracia reais; sen conseguir os seus propósitos atopa alí a morte. Vasco da Ponte nárranos expresivamente:

 

 <<…unos dixeron que el conde muriera allí de dos carbúnculos, otros dixeron que el alcalde de Proiaño entrara en el monasterio con sus porquerones y que le hechara un garrote en el pescuezo; unos dicen que fue de una manera y otros dicen que fue de otra, quizá fue de entrambas maneras>>.

 

 

Bibl.: En dúas crónicas do s. XVI e XVII, respectivamente, aparecen abundantes noticias sobre a nosa personaxe: Vasco de Aponte, Relación de algunas casas y linajes del Reino de Galicia, Madrid, 1662. As aportacións bibliográficas máis importantes son: José García Oro, La nobleza gallega en la Baja Edad Media, Santiago, 1981; Gaspar Massó, Pedro Madruga de Sotomayor, caudillo feudal, Santiago 1975.

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentemento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche o enlace para maior información. // Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies