Co gallo do Día das Letras Galegas que se conmemora o día 17 de maio o Concello de Soutomaior, a través da Concellería de Xuventude, promove esta campaña nas que se relaciona comunicación, tecnoloxía, mocidade e lingua galega. A campaña pretende dinamizar o uso da lingua galega entre a mocidade nas súas relacións diarias e no uso das redes sociais e tecnoloxía. A campaña vai dirixida a mozas e mozos de 12 a 35 anos empadroados/as no Concello de Soutomaior e será moi sinxelo participar.
Como participar?
USANDO A LINGUA GALEGA PARA
Escribir e compartir en galego unha reflexión, emoción, idea, proposta, aprendizaxe,… en relación á experiencia vivida durante estes últimos meses por causa do COVID-19.
EN FORMATO (escolles un):
Texto en galego acompañado dunha foto.
Vídeo con texto ou audio en galego.
PODES PRESENTALO A TRAVÉS DE (escolles un):
FACEBOOK (XUVENTUDE Concello Soutomaior)
SE o fas en FACEBOOK COMENTA directamente na publicación desta campaña que aparece no Facebook de Xuventude e no final do texto especifica o teu nome e apelidos para poder logo entrar no sorteo.
SE o fas en INSTAGRAM PUBLICA a túa creación e pon o teu nome e apelidos ó final para entrar no sorteo e UTILIZA OS HASHTAG:
#omixsoutomaior
#SoutomaiorPensoLogoExistoEnGalego
LEMBRADE que é moi importante para entrar no sorteo indicar o nome e apelidos cando se fai a publicación ou comentario.
Os prazos para particiar son desde: o día 17 de maio ata o 24 de maio (completos).
Soamente se admitirán a sorteo as presentadas durante este tempo.
No caso de ser menores de idade ou de non ter Facebook ou Instagram poderá subir a túa publicación outra persoa porque o importante será o nome que figure no final como autor/a. Este será o nome da persoa que participa e polo tanto da persoa que entra no sorteo.
Únicamente entrará a sorteo unha publicación por persoa. Cando unha mesma persoa presente varios soamente entrará en sorteo o primeiro subido en calquera das redes que use.
As persoas que participen entrarán nun SORTEO de 2 ORDENADORES PORTÁTILES: HP 250 G7 6MR06EA Intel® Celeron N4000 1.16GHZ; Memoria 8GB DDR4 2400; MHz Pantalla 15,6″ HD LED (1366 x 768); Graphics UHD 600; Disco Duro SSD 256GB M.2 SATA; Super Multi Dual Layer (S-ATA) WINDOWS 10 PROFESIONAL 64Bits; Batería 3,0 Horas aprox. Sofware en lingua galega.
Cando se peche o prazo de participación e previamente á data do sorteo emitirase un certificado coa relación de persoas que participaron e que cumpriron coa mecánica de funcionamento da campaña. A continuación publicarase esta lista xunto co día, hora e lugar da data do sorteo nas redes sociais do Concello de Soutomaior e nas súas web:
https://www.soutomaior.gal/gl/
https://www.gabinetesoutomaior.com/
>> Ver bases