Programa de Termalismo do Imserso. Tempada 2021

As solicitudes de participación no programa de termalismo para 2021 deberán ser presentadas antes do 1 de outubro de 2021
A través do Programa de Termalismo do Imserso o Estado español proporciona aos/as pensionistas que por prescrición facultativa precisen os tratamentos que se prestan nos balnearios e que reúnan determinados requisitos, o acceso a prezos reducidos a este tipo de establecementos, contribuíndo con iso a mellorar a calidade de vida das persoas maiores, así como a promoción do envellecemento activo, a mellora da saúde e a prevención da dependencia.
Poderán participar no Programa de Termalismo do Imserso, as persoas residentes en España, que reúnan algún dos seguintes requisitos:
1. Ser pensionista de xubilación ou incapacidade permanente do Sistema de Seguridade Social español.
2. Ser pensionista de viuvez con cincuenta e cinco ou máis anos de idade do Sistema de Seguridade Social español.
3. Ser pensionista por outros conceptos ou perceptor de prestacións ou subsidios de desemprego, con sesenta ou máis anos de idade do Sistema de Seguridade Social español.
4. Ser persoa asegurada ou beneficiaria do Sistema da Seguridade Social español, con sesenta e cinco ou máis anos de idade.

Para o enchemento e presentación das solicitudes ,pola súa sinxeleza, rapidez e seguridade, recomendamos a presentación de novas solicitudes de forma telemática a través da sede electrónica do Imserso . O acceso á solicitude deste procedemento non require autenticación electrónica (Cl@ve, certificado electrónico ou DNI electrónico) por parte da persoa interesada.  Máis información en www.imserso.es (programa de termalismo).

Tamén se pode informar e tramitar as solicitudes a través do departamento de Servizos Sociais do Concello de Soutomaior

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentemento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche o enlace para maior información. // Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies