PROGRAMA RESPIRO FAMILIAR
Prazo de presentación: ABERTO
11/06/2021 – 30/09/2021

Documentos

 >>Solicitude de respiro familiar.

>> Respiro familiar- Anexo II.

 

O prazo para a presentación de solicitudes comezará a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e finalizará o 30 de setembro de 2021.
Cando o último día do prazo sexa inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil, segundo o artigo 30.5 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Documentación para a presentación
Solicitudes .

  1. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia,https://sede.xunta.galOpcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
  2. Para a presentación electrónica das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal./tramites-e-servizos/chave365).
  1. A Consellería de Política Social publicará no  Diario Oficial de Galicia e na páxina web da Consellería de Política Social, epígrafe de axudas e subvencións (código de procedemento BS614B), o esgotamento da partida orzamentaria e non admitirá as posteriores solicitudes destinadas á subvención, salvo que se produza un incremento do crédito.Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento .

 

Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento .

  1. As persoas coidadoras solicitantes da subvención deberán achegar xunto co anexo I (solicitude), se procede, a seguinte documentación:
    a) Copia do contrato de prestación de servizos, ou documento similar acreditativo da prestación do servizo, asinado pola entidade titular da residencia (modalidade Respiro en residencia).
    b) De ser o caso, copia do contrato asinado coa entidade prestadora do servizo de axuda no fogar ou contrato ou ampliación do contrato da persoa coidadora ou empregada de fogar.
    c) Anexo II, relativo á comprobación de datos do dependente.
    d) Informe social (segundo o modelo do anexo III) ou no modelo unificado (ISU) relativo á persoa dependente, só naqueles casos en que non exista recoñecemento de grado de dependencia ou que variasen as circunstancias desde a valoración da dependencia.
    e) Informe médico relativo á persoa dependente segundo o modelo do Servizo Galego de Saúde, só naqueles casos en que non exista recoñecemento do grao de dependencia.
    f) Xustificación documental da situación de respiro do coidador.
    g) Certificado do grao de discapacidade da persoa dependente se non fose expedido pola Xunta de Galicia.
    h) Documento que acredite oficialmente a situación familiar ou declaración responsable desta por parte do solicitante.
  1. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, non será necesario achegar os documentos que xa foron presentados anteriormente. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.
A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica.
Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

No caso de que algún dos documentos que se presente de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos pola sede electrónica ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada nesta orde. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pódese consultar na sede electrónica da Xunta de Galicia.

 

  1. Ademais, na epígrafe correspondente do anexo I farase constar:

a) O conxunto de todas as axudas concedidas para a mesma finalidade da solicitada ao abeiro desta orde.
b) Que todos os datos contidos na solicitude e nos documentos que se achegan coa solicitude son certos.
c) Que non se está incurso/a en ningunha clase de inhabilitación para a obtención das axudas previstas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.
d) Que se está ao día no cumprimento das obrigas tributarias coa Administración xeral do Estado e coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia, conforme o artigo 10.2.e) da Lei 9/2007, do     13  de xuño.
e) Que se está ao día no pagamento das obrigas por reintegro de subvencións, conforme o artigo 10.2.g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e o artigo 9 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.
f) Que a persoa solicitante se compromete a manter o cumprimento destes requisitos durante o período de tempo en que perciba esta subvención e a comunicar inmediatamente cantas axudas solicite e/ou    obteña doutras administracións públicas ou doutros entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, a partir da data desta declaración.

A presentación da solicitude implica a aceptación das normas deste procedemento.

  1. De conformidade co establecido no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, se a solicitude non reúne algún dos requisitos exixidos nestas bases reguladoras, o órgano responsable da tramitación requirirá as persoas interesadas para que, nun prazo de dez días hábiles, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos. Neste requirimento farase indicación expresa de que, se así non o fixeren, se terán por desistidas da súa petición, logo da correspondente resolución, nos termos previstos no artigo 21 da dita lei.

 

 

Procedimientos administrativos posteriores a la presentación de solicitudes.
La sede electrónica de la Xunta de Galicia permite a los interesados ​​realizar trámites electrónicos, una vez iniciado el trámite, accediendo a la Carpeta Ciudadana del interesado. Opcionalmente, los interesados ​​también podrán realizar estos trámites de forma presencial en cualquiera de los lugares y registros establecidos en la normativa que regule el procedimiento administrativo común.
Verificación de datos.

 

  1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
    a) Documento nacional de identidade (DNI)/número de identidade de estranxeiro/a (NIE) da persoa solicitante e da persoa dependente.
    b) Consulta de datos de residencia con data da última variación do padrón.
    c) Certificado do grao de discapacidade da persoa dependente expedido pola Xunta de Galicia.
    d) Certificado de que a persoa solicitante está ao día no cumprimento das obrigas tributarias coa Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e estar ao día de pagamento coa Seguridade Social e, de non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda, por calquera concepto, coa Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.
    e) Estar ao día de pagamento das obrigas tributarias para a solicitude de axudas e subvencións coa Administración xeral do Estado.
  1. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta dos datos ou documentos elaborados polas administracións públicas, deberán facer constar a súa oposición expresa no cadro habilitado para o efecto no anexo I e no anexo II, de ser o caso, e achegar os documentos correspondentes.

Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentemento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche o enlace para maior información. // Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies