Dentro do Programa Tecendo Lazos da Deputación de Pontevedra, o Concello de Soutomaior convoca un curso de RISOTERAPIA dirixido a persoas de todas as idades. Unha actividade para mellorar o estado e ánimo e físico, para aprender a rir e para impulsar o bo humor que terá unha metodoloxía moi participativa e dinámicas mediante xogos, música e relaxación. Para compartir momentos en familias dun xeito lúdico e divertido. A actividade levarase a cabo no Multiusos en Arcade os xoves 12,19, 26 de decembro e 2de xaneiro en horario de 16 a 20 h. A participación é de balde! As persoas interesadas poderá anotarse ata o 30 de novembro na OMIX.
>> Ver solicitude inscrición