O programa municipal de celebración da festa do Samaín deste ano conta con novidades para fomentar a participación da xente nova nesta festa popular galega.
-Concurso de selfies que estará aberto desde o día 31 de outubro ata o 3 de novembro,
-A actividade truco-trato orientación especial samaín que se realizará o mércores 31 de outubro
-As actividades do sábado 3 de novembro que este ano serán xogos populares, maquillaxes, maxia cómica e animacións de rúa a cargo de Troula.
Data: sábado 3 novembro
Lugar: Alameda Talorío
17.30 a 18.30 Xogos populares
17.30 a 19.30 Maquillaxe de medo
17.30 a 20.30 Pasadizo do terror
18.30 a 19.30 Especial maxia cómica.
19.30 a 20.45 Pasarrúas a cargo de TROULA: SUB-UMBRA
21.15 h Entrega de premios CONCURSO “SAMAIN SELFIES SOUTOMAIOR 2018
A partir das 18.30 Tren asador de CASTAÑAS – DEGUSTACIÓN DE BALDE!
CONCURSO “SAMAIN SELFIES SOUTOMAIOR 2018”
Datas: 31 de outubro a 3 de novembro de 2018
>> Bases do concurso (descargar PDF)
Web de participación: https://gabinetesoutomaior.com/index.php/concurso-samain-selfies-2018
“ORIENTACIÓN ESPECIAL SAMAÍN”
a Santa Compaña, coincidindo coa celebración do Samaín ó seu paso por Soutomaior, perdeu a un dos seus membros despois de que un trasno malvado lle indicase mal cal era o camiño a seguir. Todas as persoas que queiran participar neste reto terán que enfrontarse a diversas probas sinaladas nun mapa para atopar as pistas que nos conducirán a este trasno e así localizar a alma errante da Santa Compaña.
Data: mércores 31 de outubro
Horario e lugar: inicio ás 19.00 h en Talorío
Inscricións previas: ata o 26 de outubro de 2018
https://gabinetesoutomaior.com/index.php/axenda-municipal/vista-mensual/eventodetalle/1687/truco-ou-trato-samain-orientacion