Chega o outono en con él a celebración do Samaín unha festividade que marca o remate da tempada da colleita e o comezo do inverno. E este ano imos a pasalo de medo cun programa chego de actividades divertidas nas que poden participar persoas de todas as idades.
Comezamos o xoves 31 de outubro coa actividade de Orientación Especial Samaín.
O sábado 2 de novembro terá lugar a tradicional celebración na que haberá moitos xogos, unha casa do terror, castañas, espectáculos nos que se afondará na historia do Samaín dun xeito moi divertido e para rematar o pasarrúas co espectáculo de Troula “Draco”.
Completando esta programación, o sábado 2 tamén contaremos coa participación do alumnado de 4º da ESO do IES Soutomaior que por segundo ano consecutivo montará o seu Mercado de Segunda Man Pro – Excursión fin de curso na Alameda de Talo Río.