
Servizos Sociais
Atención a Servizos Sociais con cita previa no teléfono:
• 986705114 (EXT.2)
Onde estamos:
• Concello de Soutomaior (Rúa Alexandre Bóveda, 8)
Horario: 09:00- 14:00 de luns a venres
• Multiusos de Arcade
Horario: 09:00- 14:00 mércores
Contacto
• serviciosssociais@soutomaior.es
• traballosocial@soutomaior.gal
INFORMACIÓN XERAL.
A través dos servizos sociais temos como misión facilitar o acceso ós recursos sociais, previndo a exclusión económica, social e cultural, paliando as súas consecuencias e promovendo a integración social e o desenvolvermente da maior calidade de vida posible de toda a cidadanía que vive neste concello, mediante a potenciación das capacidades dos individuos, familias e grupos para tomar solucións.
Cun equipo de traballadoras sociais cun proxecto común, as nosas actuacións buscan a mellora continua na calidade de atención a cidadanía, realizando unha atención rápida, eficaz, calida e cercana. Queremos ser uns servizos sociais personalizados e potenciadores, onde todas as persoas usuarias dos nosos servizos se sintan escoitadas, informadas, orientdas e apoiadas no que precisen e cando o precisen, potenciando as súas capaciades e fortalizas, logrando así alcanzar os seus intereses e aspiracións, co obxectivo de incermentar o benestar na nosa sociedad local de Soutomaior.