O Concello de Soutomaior a través da Concellería de Igualdade pon en marcha o programa “Somos diversidade”  enmarcado entre dúas datas de conmemoración internacionais, o 17 de maio, día internacional contra a homofobia, bifobia e transfobia e o 28 de xuño día internacional do orgullo LGBT para promover a tolerancia, a igualdade de dereitos ante a lei a non discriminación e a dignidade das persoas LGBT+.

Durante todo o mes de xuño levarase a cabo no edificio Multiusos de Arcade un ciclo de contacontos para a educación na diversidade e a obra teatral ELISA E MARCELA.Na biblioteca Luís Seoane de Arcade dispoñerá de un punto de lectura para todas as idades sobre a temática de educación afetivo-sexual.

O 4 de xuño, no exterior do edificio, ás 19 h. Rosa e Azul da man da compañía Pérez&Fernández, é un espectáculo de narración oral dirixido ao público familiar Unha sesión de contos teatralizados, que celebra a diversidade e que racha cos estereotipos de xénero e o binarismo imposto dende que nacemos . A través da manipulación de xoguetes e títeres artesáns, mesturaremos historias reais con contos de ficción que xiran en torno ao respecto, o amor, a tolerancia e a diversidade.

O 11 de xuño, no exterior do edifico Multiusos, ás 19 h. Príncipas e princesos, onde ides escoitar contos de valentes princesas enfrontándose a dragóns e de príncipes que lavan a roupa e pasan o ferro! son contos de Príncipas e Princesos. Unha reflexión sobre a igualdade a través de contos atípicos de príncipes e princesas da man de Pablo Sánchez ‘Pablísimo’, un dos contadores de referencia do panorama galego.

Ás 21:30, esta vez no salón de actos do edificio Multiusos, representación da comedia musical Elisa e Marcela  representada a cargo da compañía de teatro “A panadería”, baseada nun caso real do ano 1901, narra unha historia de amor a contratempo.

Elisa e Marcela, espectáculo sobre a historia do primer matrimónio lésbico, recibiu grandes eloxios da crítica e 9 premios, incluíndo o de Mellor espectáculo María Casares 2018, premios as actrices, o texto, a dirección e o público, premios de igualdade e LGTBI+:

E para finalizar o día 25 de xuño, ás 19:00h. no exterior do edifico Multiusos de Arcade  xogos con teatro e música para toda a familia da man da compañía Cía. Paporrubio.

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentemento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche o enlace para maior información. // Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies