O 12 de maio de 2021 conmemórase un século do pasamento de Dona Emilia Pardo Bazán e oConcello de Soutomaior organiza unha actividade lúdica e didáctica para coñecer a esta novelista, xornalista, feminista, crítica literaria, poetisa, dramaturga, traductora, editora, catedrática, introductora do naturalismo en España e precursora nas súas ideas acerca dos dereitos das mulleres e o feminismo. Figura que reivindicou a instrucción das mulleres como algo fundamental e adicou dedicó unha parte importante da súa actuación pública a defendelo. Entre a súa obra literaria unha das máis coñecidas é a novela “Los pazos de Ulloa”.

Se queredes aprender moitas cousas interesantes sobre esta gran muller, inscribídevos nas actividades organizadas pola Concellería de Cultura e aBiblioteca Municipal Luís Seoane. Organízanse dúas sesións de xogo para poder controlar aforos.

Será un percorrido lúdico e didáctico moi divertido sobre a vida de Dona Emilia, Sairemos desde a Biblioteca Municipal e remataremos en Talo Río cunha sorpresa final!!!

“Historia dunha vida. Emilia Pardo Bazán”

Sesión 1: mércores 12 de maio de 17:30 -18:15 horas.
Sesión 2: mércores 12 de maio 18:30-19,15 horas
Idades: 8 a 12 anos

Inscricións previas desde: chamando ao número 986700291; ou en biblioteca@soutomaior.com ou na propia Biblioteca Municipal Luís Seoane. Reserva a túa praza!!! Limitado o aforo por tema COVID.

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentemento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche o enlace para maior información. // Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies