Co gallo do Día das Letras Galegas o Concello de Soutomaior, a través da Concellería de Xuventude, promove este concurso relacionando a comunicación, a mocidade e a lingua galega.
O Concurso “VERBAS PARA… COMUNICAR” consiste na presentación dun traballo en lingua
galega que pode ser presentado en formato texto – redacción ou audiovisual. No cal se transmita unha idea, sentimento, opinión, etc., que queiramos comunicar e compartir con outras persoas.