Un ano mais o Concello de Soutomaior organiza para os vindeiros días 12 e 13 de marzo, o XX Certame e Exposición da Camelia na carpa do Castelo de Soutomaior.
Xa está aberto o prazo para realizar as inscricións do XX Certame da Camelia que terá lugar os días 12 e 13 de marzo no castelo de Soutomaior.
O prazo finalizará o 4 de marzo.
Os premios estarán divididos nos seguintes apartados:
- 1º,2º e 3º Premio á mellor flor
- 1º,2º e 3º Premio á mellor composición artística
- 1º e 2º Mellor traballo escolar
Mención especial a traballo escolar.
E como todos os anos os comercios locais pódense unir a este certame e terán 1º e 2º premios á mellor flor no escaparate e 1º e 2º premio á mellor composición artística no escaparate.
Así mesmo neste certame entregarase o premio especial Lelita Gradín.