Una nueva prueba
eSA SI ES UNA OPA eSA SI ES UNA OPA eSA SI ES UNA OPA eSA SI ES UNA OPA eSA SI ES UNA OPA eSA SI ES UNA OPA eSA SI ES UNA OPA eSA SI ES UNA OPA eSA SI ES UNA OPAeSA SI ES UNA OPA
Proba de galego
O domingo faremos unha proba de galego no CONCELLO DE sOUTOMAIOR
O domingo faremos unha proba de galego no CONCELLO DE sOUTOMAIOR
O domingo faremos unha proba de galego no CONCELLO DE sOUTOMAIOR
Concertazo da Coral de Soutomaior no Multiúsos
A Coral de Soutomaior congregou a un cento de persoas o pasado sábado
PRIMEIRO FORO DE DESENVOLVEMENTO RURAL 2023_27
O vindeiro martes, 08 de novembro, ás 19:00h., no Pazo da Cultura de Pontevedra, o GDR Pontevedra Morrazo vai celebrar o PRIMEIRO FORO DE DESENVOLVEMENTO RURAL 2023_27 para elaborar o diagnóstico do territorio.
O Foro está concibido como un espazo aberto e de encontro, no que calquera persoa ou entidade pode participar, achegando propostas e ideas que axuden a construír a Estratexia de Desenvolvemento Local Participativa para as comarcas de Pontevedra e O Morrazo.
Queremos coñecer a túa opinión, para realizar unha reflexión diagnóstica da situación actual e das potencialidades do territorio, identificando os principais puntos fortes e febles, e marcando os retos e prioridades para os vindeiros anos.
Por un rural vivo, dinámico e integrador, PARTICIPA NO FORO DE DESENVOLVEMENTO RURAL PONTEVEDRA MORRAZO, A TÚA VOZ CONTA, TODOS SOMOS GDR !!
Máis información,
https://www.gdrpontevedramorrazo.eu/web/
Dentro do proceso de elaboración da Estratexia de desenvolvemento Local participativo (EDLP) 2023_2027 para as comarcas de Pontevedra e o Morrazo, o GDR, puxo e marcha diferentes espazos de participación de carácter presencial e virtual, abertos a cidadanía, nos que calquera persoa ou entidade poderá opinar e facer as súas achegas, propostas ou suxestións sobre as seguintes temáticas específicas e transversais:
- Día 22/11: Grupo estratéxico de Innovación e Desenvolvemento Sustentable (Presencial). Sede GDR Pontevedra Morrazo
- Día 24/11: Grupo estratéxico da Cohesión social e Equilibrio territorial (Virtual)
- Día 24/11: Grupo estratéxico sobre Transformación dixital e Novas tecnoloxías (Virtual)
Ademais, para rematar esta 1ªfase do proceso participativo contrastaremos nun foro virtual, a Diagnose realizada e a definición de prioridades estratéxicas para o territorio:
- Día 30/11: Foro virtual de contraste da diagnose e obxectivos estratéxicos
Para participar en calquera destes espazos, é necesario inscribirse na seguinte ligazón: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLScqne3h6TTgv_wqcYA0Ru7sXlLx5rD3Ih6G2o-qzu3EbKocxw/viewform
Xoven emprende´21
Dirixido a xóvenes menores de 30 anos, que necesiten apoio para o emprendemento, ou para a incorporación ao mercado laboral.
Inserción laboral xuvenil
COLABORACIÓN ENTRE ACCION LABORAL E OMIX SOUTOMAIOR
Galicia xoven
EMPRENDE´21
INFORMACIÓN:
omix@soutomaior.com
638 822 868
Escola Municipal de teatro para Adultos 2022 -23
ITINERARIOS:
Adulto 1 : Mércores 10:30: a 12:00
Adulto 2 : Xoves 18:30: a 20:00
Datas: dende octubro 22 ata xuño 23
+ de 18 anos
18 prazas grupo
(12 € bimensual empadroados/as)
(24 € bimensual non empadroados/as)
Inscrición en liña ata o 11 de outubro, ou completar prazas.
Escola Municipal de Teatro Infantil- Xuvenil 2022 -23
ITINERARIOS:
Infantil (4-8 anos): Sábados 11:30 a 13:00 h.
Xuvenil 1 (9-1 1anos): Venres 17:15: a 18:45
Xuvenil 2 (12-14 anos): Venres 19:00: a 20:30
Xuvenil 3 (12-17 anos): Venres 21:00: a 22:30
Datas: dende outubro 22 ata xuño 23
18 prazas grupo
Inscricións en líña ata compretar prazas
Creación de castelos de area na praia
Mércores 13 de xullo, praia da Muxeira (Arcade), de 17:00 a 18:30
Mércores 20 de xullo, praia da Veiguiña Longa (Comboa), de 17:00 a 18:30
Mércores 27e xullo, praia da Xunqueira (Arcade), de 17:00 a 18:30
Orgullo – Soutomaior
POESÍA, HUMOR E CONCERTO DE SUSANA SEIVANE PARA PECHAR O MES DO ORGULLO
Este venres 1 de xullo pechamos o mes do Orgullo cun acto no Multiúsos que pretende homenaxear a todos e todas as que seguen loitando pola súa liberdade.
Será a partir das 19.00 h, cando María Faltri presente “Soñando Inventei”, un espectáculo musical para toda a familia.
Ás 20.00 será a quenda de “Benquerer(se)”: poesía, música e humor dirixidos a un público xuvenil e adulto.
Por último, Susana Seivane tocará algúns dos seus éxitos en solitario para poñer fin ao evento.
Tamén haberá tempo para que un grupo de mozos/as do Concello lean un pequeno manifesto, ademais do que será pronunciado pola concelleira de Igualdade.