O vindeiro martes, 08 de novembro, ás 19:00h., no Pazo da Cultura de Pontevedra, o GDR Pontevedra Morrazo vai celebrar o PRIMEIRO FORO DE DESENVOLVEMENTO RURAL 2023_27 para elaborar o diagnóstico do territorio.

O Foro está concibido como un espazo aberto e de encontro, no que calquera persoa ou entidade pode participar, achegando propostas e ideas que axuden a construír a Estratexia de Desenvolvemento Local Participativa para as comarcas de Pontevedra e O Morrazo.

Queremos coñecer a túa opinión, para realizar unha reflexión diagnóstica da situación actual e das potencialidades do territorio, identificando os principais puntos fortes e febles, e marcando os retos e prioridades para os vindeiros anos.
Por un rural vivo, dinámico e integrador, PARTICIPA NO FORO DE DESENVOLVEMENTO RURAL PONTEVEDRA MORRAZO, A TÚA VOZ CONTA, TODOS SOMOS GDR !!

Máis información,
https://www.gdrpontevedramorrazo.eu/web/


Dentro do proceso de elaboración da Estratexia de desenvolvemento Local participativo (EDLP) 2023_2027 para as comarcas de Pontevedra e o Morrazo, o GDR, puxo e marcha  diferentes espazos de participación de carácter presencial e virtualabertos a cidadanía, nos que calquera persoa ou entidade poderá opinar e facer as súas achegas, propostas ou suxestións sobre as seguintes temáticas específicas e transversais:

  • Día 22/11: Grupo estratéxico de Innovación e Desenvolvemento Sustentable (Presencial). Sede GDR Pontevedra Morrazo
  • Día 24/11: Grupo estratéxico da Cohesión social e Equilibrio territorial (Virtual)
  • Día 24/11Grupo estratéxico sobre Transformación dixital e Novas tecnoloxías (Virtual)

Ademais, para rematar esta 1ªfase do proceso participativo contrastaremos nun foro virtual, a Diagnose realizada e a definición de prioridades estratéxicas para o territorio:

  • Día 30/11: Foro virtual de contraste da diagnose e obxectivos estratéxicos

Para participar en calquera destes espazos, é necesario inscribirse na seguinte ligazón:  https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLScqne3h6TTgv_wqcYA0Ru7sXlLx5rD3Ih6G2o-qzu3EbKocxw/viewform


Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentemento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche o enlace para maior información. // Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies