Dependencia
Atención a Servizos Sociais con cita previa no teléfono:
• 986705114 (EXT.2)
Onde estamos:
• Concello de Soutomaior (Rúa Alexandre Bóveda, 8)
Horario: 09:00- 14:00 de luns a venres
• Multiusos de Arcade
Horario: 09:00- 14:00 luns e mércores
Contacto
• serviciosssociais@soutomaior.es
• traballosocial@soutomaior.gal
DEPENDENCIA.
SERVIZOS
TELEASISTENCIA
Obxecto
Este servizo está dirixido ás persoas maiores ou con discapacidade, que viven soas ou que pasan a meirande parte do día sen a presenza doutras persoas e que necesitan a atención do servizo de Teleasistencia para poderen seguir vivindo no seu propio domicilio. Tamén a aquelas que, aínda convivindo con outras persoas, estas presentan características de idade ou discapacidade semellantes que lles impidan desenvolverse con total autonomía. Debido a que a utilización deste servizo require un certo nivel de comprensión e de discernimento por parte dos usuarios, exclúense expresamente como usuarios deste servizo de Teleasistencia Domiciliaria as persoas que teñan recoñecido o nivel de dependencia; as persoas afectadas de enfermidades mentais graves, incluídas as demencias; e tamén as persoas con notorias deficiencias de audición (hipoacusias severa, profunda e cofose) e/ou expresión oral, dado que o sistema posibilita a atención ante situacións de emerxencia, principalmente, mediante a comunicación verbal entre o usuario e o centro de atención.
Solicitude: Deputación de Pontevedra.
https://www.depo.gal/documents/1076146/7162910/TAD2_solicitude.pdf/6d9680d4-540c-40a1-bfd7-35bf55b2227d
XANTAR NA CASA
Definición
O Xantar na Casa constitúe un servizo de comida a domicilio que pretende facilitar e garantir unha alimentación equilibrada e de calidade adaptada ás necesidades das persoas maiores e/ou dependentes, que non poden valerse por si mesmas para cubrir as súas necesidades básicas relacionadas coa compra ou elaboración de menús.
Con este tipo de recurso, complemento doutros servizos que xa se están a desenvolver nos concellos (transporte adaptado, teleasistencia, axuda no fogar e lavandaría sobre rodas), preténdese que as persoas maiores e/ou dependentes poidan seguir vivindo nos seus fogares o maior tempo posible e cun nivel de independencia e autonomía aceptable.
Obxectivos
O obxectivo principal é mellorar o nivel de benestar e de calidade de vida de moitas persoas maiores e/ou dependentes, e tamén das súas familias, manténdoas no seu contorno comunitario e retrasando ou evitando a institucionalización.
Persoas beneficiarias
• Son beneficiarias do programa “Xantar na Casa” as persoas empadroadas e que sexan residentes no concello e que cumpran os seguintes requisitos:
• Persoas maiores de 60 anos, que teñan limitada a súa capacidade de autonomía persoal, e sen rede de apoio que poidera suplir tal situación.
• Persoas dependentes, que carezan de apoio familiar, e requiren de axuda para a preparación de alimentos.
• Persoas menores de 60 anos en situación de exclusión social, tecnicamente avaliada polos servizos sociais do Concello.
Solicitude
https://matiass.xunta.es/media/k2/attachments/xantarcasa_solicitude.pdf
PROGRAMAS
VALORACIÓN E RECOÑECEMENTO DA SITAUCIÓN DE DEPENDENCIA
Obxecto
Regular o procedemento para a valoración e recoñecemento da situación de dependencia e o procedemento para a elaboración do Programa Individual de Atención (PIA) no que se recoñecen as prestacións económicas e/ou servizos concedidos, así como determinar os órganos técnicos competentes para a valoración e asesoramento da dependencia e a coordinación destes así como a súa composición e funcións. BS210A
Titulares do dereito
1.-Poderán solicitar o recoñecemento da situación de dependencia en Galicia os españois que, de conformidade co previsto no art. 5 da Lei 39/2006, do 14 de decembro, cumpran os seguintes requisitos:
-Encontrarse en situación de dependencia nalgún dos graos establecidos.
-Para os menores de 3 anos, encontrarse en situación de dependencia conforme o disposto na disposición adicional décimo terceira da Lei 39/2006, do 14 de decembro
-Residir en territorio español e telo feito durante cinco anos, dos cales dous deberán ser inmediatamente anteriores a data de presentación da solicitude. Para os menores de cinco anos o período de residencia esixirase a quen exerza a súa garda e custodia.
2.-Residir en Galicia na data de presentación da solicitude.
3.-As persoas que, reunindo os requisitos anteriores, carezan da nacionalidade española rexeranse polo establecido na Lei Orgánica 4/2000 , nos tratados internacionais e nos convenios que se establezan co país de orixe. Ás/aos menores que carezan da nacionalidade española aplicaráselles o disposto nas leis do menor vixentes, tanto no ámbito estatal como no autonómico, así como nos tratados internacionais.
4.-As persoas en situación de dependencia que como consecuencia da súa condición de emigrantes retornados non cumpran o requisito do período de residencia no territorio español, poderán acceder ás prestacións con igual contido e extensión que as prestacións reguladas na Lei 39/2006, do 14 de decembro, e na súa posterior normativa de desenvolvemento.
Solicitude e documentación:
SOLICITUDE
https://matiass.xunta.es/media/k2/attachments/saad_solicitude_reconecem2016.pdf
A solicitude inclúe un apartado para a autorización expresa para presentación electrónica da solicitude de recoñecemento da situación de dependencia e demais documentación necesaria derivada desta actuación por parte do/a traballador/a social de referencia
RESPIRO FAMILIAR
Persoas beneficiarias e requisitos:
Poderán participar neste programa, as persoas maiores de 16 anos con recoñecemento de discapacidade ou de dependencia (grao II ou III) e aqueloutras que, non podendo acreditar os requisitos anteriores, requiran da atención dun coidador, á vista do informe médico e social que acompañan, e que ademais cumpran as seguintes condicións:
• Ter residencia efectiva na Comunidade Autónoma de Galicia.
• Non estar afectado por enfermidade en estado agudo nin se atopen en fase terminal.
• Non padecer enfermidade infecto-contaxiosa activa, trastornos mentais ou condutuais graves e non compensados que poidan alterar a convivencia.
• Efectuar a oportuna solicitude e o pagamento do prezo estipulado nas condicións que se lle indiquen.
Documentación:
• Solicitude e declaración responsable , titora, representante legal ou coidadora. Formularase no modelo establecido (anexo I) debendo cumprimentarse tódolos datos requiridos.
• Informe médico relativo ao solicitante, segundo o modelo que o SERGAS establece no IANUS (anexo VIII-II de recoñecemento da situación da dependencia), só naqueles casos en que non exista recoñecemento do grao dependencia.
• Informe social (anexo II), ou no Informe Social Unificado (ISU) relativo ao solicitante, só naqueles casos que non exista recoñecemento de grao dependencia ou que variaran as circunstancias dende a valoración da dependencia.
• Autorización á Conselleria de Política Social para consultar os datos do solicitante relativos o DNI, datos da Axencia Tributaria, pensións e recoñecemento de grao e nivel de dependencia. No caso de non asinar esta autorización deberá acompañar á solicitude os seguintes documentos:
◦ Copia compulsada do DNI/NIE do solicitante ou calquera outro documento acreditativo da súa identidade, de conformidade coa normativa vixente.
◦ Última declaración do imposto da renda das persoas físicas, certificado de toda a clase de pensións percibidas ou declaración xurada de non percibilas.