AEDL
Contacto:
Cyntia López Castellano
R/ Alexandre Bóveda, 8 . 36691 Soutomaior Pontevedra
Teléfono: 986705114 – 986705106 Fax: 986705333
email: aedl@soutomaior.com
Horario de atención ó público:
De luns a venres de 8:30h a 15:00 h
O Aedl é unha iniciativa pública municipal en colaboración coa Xunta de Galicia e o Fondo Social Europeo creada co obxectivo de facilitar o desenvolvemento do contorno socioeconómico e a creación de emprego.
O obxectivo xeral do Axente de Emprego e Desenvolvemento Local é fomentar a actividade económica e social no concello, ca finalidade de xerar crecemento económico e desenvolvemento social.
O seu ámbito de actuación é municipal, dependendo orgánica e funcionalmente do propio Concello; carece de personalidade xurídica propia e está configurada como un servicio municipal, un instrumento máis de xestión.
Na actualidade os costes de funcionamiento están cofinanciados pola Consellería de Traballo e Benestar.
Os beneficiarios inmediatos son os novos emprendedores, empresarios, comerciantes, traballadores, desempregados e en xeral, aqueles que pretendan poñer en marcha ou ampliar calquera tipo de iniciativa empresarial.
Novas
PRIMEIRO FORO DE DESENVOLVEMENTO RURAL 2023_27
O vindeiro martes, 08 de novembro, ás 19:00h., no Pazo da Cultura de Pontevedra, o GDR Pontevedra Morrazo vai celebrar o PRIMEIRO FORO DE DESENVOLVEMENTO RURAL 2023_27 para elaborar o diagnóstico do territorio.
O Foro está concibido como un espazo aberto e de encontro, no que calquera persoa ou entidade pode participar, achegando propostas e ideas que axuden a construír a Estratexia de Desenvolvemento Local Participativa para as comarcas de Pontevedra e O Morrazo.
Queremos coñecer a túa opinión, para realizar unha reflexión diagnóstica da situación actual e das potencialidades do territorio, identificando os principais puntos fortes e febles, e marcando os retos e prioridades para os vindeiros anos.
Por un rural vivo, dinámico e integrador, PARTICIPA NO FORO DE DESENVOLVEMENTO RURAL PONTEVEDRA MORRAZO, A TÚA VOZ CONTA, TODOS SOMOS GDR !!
Máis información,
https://www.gdrpontevedramorrazo.eu/web/
Dentro do proceso de elaboración da Estratexia de desenvolvemento Local participativo (EDLP) 2023_2027 para as comarcas de Pontevedra e o Morrazo, o GDR, puxo e marcha diferentes espazos de participación de carácter presencial e virtual, abertos a cidadanía, nos que calquera persoa ou entidade poderá opinar e facer as súas achegas, propostas ou suxestións sobre as seguintes temáticas específicas e transversais:
- Día 22/11: Grupo estratéxico de Innovación e Desenvolvemento Sustentable (Presencial). Sede GDR Pontevedra Morrazo
- Día 24/11: Grupo estratéxico da Cohesión social e Equilibrio territorial (Virtual)
- Día 24/11: Grupo estratéxico sobre Transformación dixital e Novas tecnoloxías (Virtual)
Ademais, para rematar esta 1ªfase do proceso participativo contrastaremos nun foro virtual, a Diagnose realizada e a definición de prioridades estratéxicas para o territorio:
- Día 30/11: Foro virtual de contraste da diagnose e obxectivos estratéxicos
Para participar en calquera destes espazos, é necesario inscribirse na seguinte ligazón: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLScqne3h6TTgv_wqcYA0Ru7sXlLx5rD3Ih6G2o-qzu3EbKocxw/viewform
FORMACIÓN PROXECTO LABORA 2020 DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA.
Actividades e Servizos:
Promoción económica e fomento do emprego
-Promoción de emprego autónomo
-Fomento do emprego en cooperativas e sociedades laborais
-Axudas a mulleres emprendedoras
-Apoio creación, ampliación e mantemento de centros especiais de emprego.
-Iniciativas locais de emprego
-Iniciativas de emprego rural.
-Iniciativas de emprego de base tecnolóxica.
• Incentivos á contratación por conta allea
• Financiación e inversión empresarial.
• Axudas para persoas con discapacidade.
• Comercio local.
• Agricultura e gandería
Programas e iniciativas europeas
• GALP
Orientación laboral
Promoción da formación
• Programación e execución de cursos e seminarios:
-Seminarios dirixidos a emprendedores
-Accións formativas prioritariamente para desempregadas (Cursos AFD)
-Obradoiros de emprego.
-Cursos de formación continua dirixidos a traballadores en activo
-Seminarios e xornadas para empresarios