Transparencia
Información relativa á xestión do Concello de Soutomaior
Sede electrónica
Tramitación en liña
Contacto
986 705 106 – 986 705 114
Agora pedir cita para os servizos do Concello é máis fácil
Xa podes pedir cita por internet para Secretaría, Servizos Sociais, Urbanismo, OMIX… E moi pronto se abrirán tamén as solicitudes para outras oficinas vía internet.
O obxectivo é achegar os servizos do Concello ao cidadán, ofrecéndolle unha alternativa fácil e rápida que lle aforre colas e esperas innecesarias. Ademais, este novo sistema facilitará os trámites a aquelas persoas que teñan problemas de mobilidade ou a quen, por horarios, non poidan achegarse ao Concello de forma presencial.
AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR DO CONCELLO DE SOUTOMAIOR PARA O CURSO 2022/2023
CONTRATACIÓN DE PERSOAL AO ABEIRO PROXECTO “PRIMEIRA EXPERIENCIA PROFESIONAL” DA DEPUTACION DE PONTEVEDRA
Contratación de 2 persoas, a través contrato formativo, ao abeiro do Proxecto “Primeira experiencia profesional” da Deputación de Pontevedra coas seguintes titulacións:
– 1 grao en Historia
– 1Técnico/a Superior en animación sociocultural y turística
Selección: entre os candidatos remitidos por oficina do Servizos Público de Emprego de Redondela.
>> BOPPO – BASES REGULADORAS E CONVOCATORIA
>> BOPPO – OUTORGAMENTO DA CONDICIÓN DE ENTIDADES COLABORADORAS
COMUNICACIÓN DE SITUACIÓN DE RISCO EN RELACIÓN Á GRIPE AVIAR H5NI e H5N8 (actualización 10/05/2022)
>> COMUNICIACIÓN DE SITUAVIÓN DE RISCO ES RELACIÓN Á GRIPE AVIAR (actualización 10/05/2022)
>> COMUNICACIÓN MEDIO RURAL EN RELACIÓN A GRIPE AVIAR. Actualización data 20/01/2022
>> DESCARGA SOLICITUDE DE INSCRICIÓN EN PAPEL, (SOLICITUDE INSCRICIÓN CORRAIS DOMÉSTICOS).
>> ENLACE Á SEDE ELECTRÓNICA DA XUNTA PARA INSCRICIÓN ELECTRÓNICA
CONTRATACIÓN DE PERSOAL CON CARGO AO PLAN CONCELLOS 2022, LIÑA 3 DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
Contratación de 18 persoas para obras e servizos municpiais por un período de 6 meses:
3 peóns de limpeza, 1 fontaneiro, 3 varredores, 2 peóns obras publicas,7 peóns forestais (un deles con carné C), 1 auxiliar administrativo e un auxiliar de biblioteca
>> Corrección de error anuncio acta
>> Anuncio acta da comisión de selección
>> Anexo I- Solicitude de participación
>> Anexo II
>> Anuncio selección de persoal
REGULAMENTO ORGÁNICO MUNICIPAL
INFORMACIÓN PÚBLICA INSTALACIÓN SERVIZOS DE TEMPADA DE VERÁN EN PRAIAS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA ANO 2022
A XUNTA TEN A DISPOSICIÓN DAS FAMILIAS GALEGAS AS AXUDAS DO BONO ELÉCTRICO PARA GARANTIR A SUBMINISTRACIÓN NOS FOGARES MÁIS VULNERABLES

Orgullo – Soutomaior
POESÍA, HUMOR E CONCERTO DE SUSANA SEIVANE PARA PECHAR O MES DO ORGULLO
Este venres 1 de xullo pechamos o mes do Orgullo cun acto no Multiúsos que pretende homenaxear a todos e todas as que seguen loitando pola súa liberdade.
Será a partir das 19.00 h, cando María Faltri presente “Soñando Inventei”, un espectáculo musical para toda a familia.
Ás 20.00 será a quenda de “Benquerer(se)”: poesía, música e humor dirixidos a un público xuvenil e adulto.
Por último, Susana Seivane tocará algúns dos seus éxitos en solitario para poñer fin ao evento.
Tamén haberá tempo para que un grupo de mozos/as do Concello lean un pequeno manifesto, ademais do que será pronunciado pola concelleira de Igualdade.

VIDEOXOGANDO – Salón lúdico e do videoxogo
Venres 8 de xullo de 17:00 a 22:00
Sábado 9 de xullo de 11:00 a 21:00
Peirao de Arcade
Máis información: https://www.gabinetesoutomaior.com/index.php/programas-cultura/videoxogando

Festival musical – SOUTOMAREIRO
Sábado 9 de xullo
Peirao de Arcade ás 23:00 h.

Campaña : Penso, logo existio. Listado de participantes
Penso, Logo Existo
Este mércores coñeceremos aos gañadores da II Edición da campaña Penso, logo existo en galego. Unha iniciativa realizada con motivo do Día das Letras Galegas e na que calquera podía publicar un texto en galego nas súas redes sociais co hashtag # SoutomaiorPensoLogoExistoEnGalego.
Aquí podes ver a todos os participantes.

Programación de Actividades Marzo | Abril | Maio

Soutomaior Concilia 2022 – Campamentos de conciliación familiar deste verán
O Concello, a través da concellería de igualdade pon en marcha, de novo, o programa “Soutomaior Concilia: campamento de verán” para as datas non lectivas de vacación no período estival. O campamento vai dirixido a crianzas de 3 a 12 anos. O horario dos campamentos é das 9 as 14 horas, con a posibilidade de aula matinal de 8 a 9, para aquelas familias que así o soliciten, e aula fiambreira de 14 a 15h, de tal xeito que así podan comer aquí con a comida que traian de casa. Polo tanto existen 4 horarios: de 8 a14, de 9 a 14, de 8 a 15, e de 9 a 15, un amplo marxe para adaptarse a todas as necesidades.
Existen 3 quendas diferentes: 1ª quenda de 4 de xullo ate o 15 xullo, 2ª quenda do 18 de xullo ate o 29 de xullo e por último 3ª quenda desde o 1 de setembro ate o 7.
A inscrición realizarase na paxina do gabinete de prensa do Concello de Soutomaior ou de xeito presencial no CIM os luns e mércores, poden escoller por prioridade as datas que mais lle interese, e axuntar a toda documentación.
O prazo de inscrición desde o día 16 de maio ate o 24 de maio. o 30 de maio, publicaranse listaxe de admitidos e a quenda asignada.

Día das letras Galegas; 17 de maio de 2022
Domingo 8 de maio: Teatro para bebés, “os tres porquiños” (18:00 h, Multiusos de Arcade).
Mércores 11 de maio: Curso de verbas para comunicar.
Martes 17 de maio: Obradoiro Verbas na rúa” (17:00 a 18:00h) / Actuación “Coribantes de Ponte Caldelas” (18:00 h) … en Talo Río
Venres 20 de maio: Música e animación “Brinca vai” (18:30 Biblioteca municipal)

XIV Edición do concurso: Verbas para comunicar
LETRAS GALEGAS 17 de MAIO
Redacción individual
Audiovisual Individual
Audiovisual grupo
Categoría A: 1º,2º e 3º da ESO
Categoría B: 4º ESO, 1º,2º BAC

Campaña: Penso, logo existo
Co gallo do Día das Letras Galegas o Concello de Soutomaior, por segundo ano consecutivo esta campaña co fin de aumentar o uso da lingua galega en contextos informais a través da tecnoloxía e das redes
sociais.
COMO PARTICIPAR?
USA A LINGUA GALEGA PARA
Escribir e compartir en galego unha reflexión, idea, proposta,.. que teña FORMATO (escolle un):
A. Texto en galego acompañado dunha foto como mínimo 80 palabras.
B. Vídeo con texto ou audio en galego mínimo 50 palabras.

I feira de ciencia Soutomaior
Xoves 5 de maio
Al10:000-14:00 / 16:30 -18:00
O día 5 de maio celébrase a Feira da Ciencia na Alameda de Talo Río, unha iniciativa que se encadra dentro do programa Divulgaciencia e que permitirá ao estudantado de ESO e Bacharelato do IES Soutomaior e do Colexio Santiago Apóstol á veciñanza de Soutomaior os seus proxectos científicos. Para iso, ademais de talleres e actividades para o público xeral, os estudantes montarán stands onde poderán explicar ou seu proxecto ao todo o que se achegue co fin de divulgar o traballo realizado; interactuando co público, resolvendo dúbidas e comentando os resultados obtidos, así como, curiosidades do proceso levado a cabo.
O obxectivo é fomentar a vocación científica e o espírito emprendedor da mocidade, ademais de permitirlles desenvolver todas as súas capacidades a través da realización dun traballo que finalmente será presentado en sociedade.
Exposición de proxectos – Visitas guiadas
Campaña ECOLUCIONA (Medio ambiente)
A campaña ECOLUCIONA componse de 10 clips de video dirixidos a promover o cambio hábitos cotiás da cidadanía: reutilización de bolsas, compra a granel, uso de baterías recargables, buscar a ecoetiqueta nos productos de limpeza, etc.


Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sostible (PACES) do Concello de Soutomaior
Elaborado grazas as axudas para as entidades locais asinantes do Pacto dos Alcaldes para o clima e a Enerxía sostible, cofinanciadas pola Unión Europea a través dos Fondos Feder Galicia 2014-2020.
DOG- ORDE do 5 de maio de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a entidades locais asinantes do Pacto dos alcaldes para o clima e a enerxía sustentable, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria, en réxime de concorrencia non competitiva, para o ano 2020 (código de procedemento MT210A).
AXUDAS – emprego – formación
>> Bono Activa Comercio Usuarios
>> Bono Activa Comercio Comerciantes
>> Anexo I
O prazo de presentación de solicitudes será de dous meses contados dende o día seguinte a aquel en que se produce o nacemento.
As solicitudes poderán presentarse nos Servizos Sociais municipais xunto coa documentación requirida, de luns a venres en horario de 09:00 a 14:00 horas.
Tarxeta xente nova
Para transporte metropolitano gratuito.
A Tarxeta Xente Nova é a tarxeta de transporte metropolitano de Galicia que permite realizar viaxes interurbanas gratuítas.
¿Quen a pode utilizar?
Mozos de entre 4 e 18 anos, porque os menores de 4 anos xa viaxan gratis no transporte interurbano

A Dirección Xeral de Mobilidade crea unha tarxeta de transporte gratuita para xente nova. Á xente nova aplicaráselle unha tarifa de 0 € nas viaxes metropolitanas interurbanas realizadas dentro do ámbito do plan de transporte metropolitano de Galicia, (Número máximo de 60 viaxes mensuais por persoa usuaria.) Como conseguila? http://solicitudonline.abanca.com/Tarjetas/gl/txn
Voluntariado Soutomaior
Plan Municipal de Voluntariado.
Son un conxunto de accións voluntarias integradas no Plan Galego de Voluntariado e regulado pola Lei 3/2000, do voluntariado de Galicia.
¿Que tipo de voluntariado hai en Soutomaior?
>> Ver anuncios de voluntariado en Soutomaior
Garantía Xuvenil
Emprego xuvenil – Garantía social
Estratexia de emprego dixirida á mozos e mozas de 16 a 29 anos
> Ampliar información: Garantía xuvenil
Máis información:
OMIX, Centro Multiusos.
R/ Peirao, 8 – 36690 Arcade Concello de Soutomaior.
Teléfono: 986700822, omix(arroba)soutomaior.com