
O camiño de Santiago
O camiño de Santiago na variante do camiño Portugués, na súa terceira etapa, atravesa o Concello de Soutomaior pola parroquia de Santiago de Arcade.
A etapa ten un percorrido de 18,2 Km, dos que un transcorre por Arcade. O perfil do camiño neste tramo é fácil de facer, en baixada case sempre, e sen dificultades.
É un percorrido urbano en gran parte. Con acceso a servizos e a estabrecementos de descanso.
Igrexa de Santiago de Arcade: GPS 42.34036, -8.60218 / 42°20’25.37″N 8°36’7.81″O
Contacto:


A destacar o paso pola ponte medieval do Rio Verdugo, antes de entrar en Ponte Sampaio.
Esta ponte formaba parte da antiga XIX Vía romana, tamén coñecida como itinerario de Antonino (Bracara Augusta – Lucus Augusti), datada no século II d.C, comunicaba os conventos Xurídicos fundados por Roma e unía as cidades de Braga e Lugo, que era a vía máis longa do noroeste peninsular, con cerca de 500 km.