O Castelo de Soutomaior

Os xardíns do castelo

A “finca” do castelo de Soutomaior comprende 25 hectáreas de terreo que ó longo da súa historia fóronse destinando a distintos usos.
A orixe do parque e dos xardíns ven dada polos Marqueses de la Vega de Armijo e de Mos hacia 1870, época na que deciden fixar a súa residencia de verán no Castelo de Soutomaior, comenzándose tanto a remodelación do recinto amurallado, como a creación dos xardíns que substituíron ós campos de millo alí existentes.

En 1905 fálasenos por primeira vez do arboledo do castelo na obra da Marquesa de Ayerbe “El Castillo del Marqués de Mos en Sotomayor”, obra na que nos conta as diversas variedades de plantas e árbores que se dan.
Non debemos esquecer na nosa relación histórica a obra de D. Rafael Areses publicada en 1953 “Nuestros parques y jardines”, na que se daba mención ás diferentes especies que pola súa rareza ou ben polo porte se atopaban no parque do Castelo de Soutomaior, citando entre elas: a Abies pinsapo, Araucaria imbricada, Celtis australis, Chaenomeles japónica, Chamaecyparis lawsoniana, Eucalyptus cinerea, Lasiandra macrantha, Libocedrus decurrens, Polygala myrtifolia, Pseudotsuga douglasii, Salvia eriocalyx, Sorbus aucuparia, Tecoma capensis, Tilia americana, Tritoma uvaria, Araucaria araucana, Cryptomeria japónica, Cunninghamia lanceolata, Pinus roxburghii, Sequoia sempervirens, Thujopsis dolabrata.
Como se pode observar, xa nesta época se citan diversas especies que aínda hoxe podemos contemplar no parque. As árbores máis vellas que se atopan no parque son os castiñeiros, dándose algún de ata 800 anos de antigüidade. O resto do arboledo é moito máis recente e pode datarse en aproximadamente un século.

Mapa botánico detallado dos Xardíns do Castelo de Soutomaior

Plano de distribución das árbres (PDF 1,30 MB)

Listado das árbores (PDF 1 MB)

Listado das Camelias (PDF 0,35 MB)

En 1982, a Deputación Provincial de Pontevedra adquire a propiedade e en cinco anos leva a cabo a rehabilitación das edificacións e do parque, considerándose oportuno a conservación e mellora do Parque e Xardíns existentes e a ampliación dos mesmos, a creación dun bosque autóctono galego, creación dun viñedo con variedades autóctonas de Galicia, creación dun souto de castiñeiros, conservación de variedades autóctonas de frutais de óso e pepita, creación dunha colección de camelias e colección de rosais nos xardíns.

Primeiramente para a súa rehabilitación tívose que facer un estudo dos exemplares para coñecer exactamente o que nel había e preparar un primeiro inventario. Realizouse o levantamento topográfico situando nun plano todos os exemplares das diversas especies presentes no parque, logrando o recoñecemento e situación inmediata de cada individuo particular e simplificando todos os traballos posteriores. Unha vez clasificados botánicamente e numeradas todas as árbores, situáronse os nomes científicos e comúns de cada un deles para facilitar deste modo o recoñecemento por parte dos visitantes, a quen se lles fai entrega dun tríptico onde figuran as especies arbóreas numeradas, fotografía das mesmas e cantos datos de interése se estimen necesarios para a divulgación e coñecemento do belísimo parque que rodea o Castelo. A seguinte actuación en orde cronolóxico, foi a de clasificar e marcar as árbores que pola súa situación e forma de vexetación era necesario eliminar en beneficio do resto. Tívose especial coidado en non suprimir ningunha especie que non quedara representada no parque, substituíndo os suprimidos por exemplares de maior porte, beleza e posibilidade de vexetar en mellores condicións.

A institución provincial, dende hai tempo implicada no desenvolvemento e cultivo da camelia, quixo crear a súa propia colección, que se pode apreciar nos arredores do castelo, unha das máis representativas e coñecidas especies e variedades que se foi formando en tres etapas.

Unha primeira fase inicial, á que corresponde a compra do castelo, época na que o xardín contaba con 19 exemplares de camelia “japonica”, das máis antigas de Galicia; a segunda empeza en 1986, data na que se incorporan novos exemplares, adquiridos en viveiros galegos e estranxeiros de Francia, Inglaterra, California e Nova Zelanda ou procedentes de diversas doazóns feitas por particulares; na terceira engádense cultivos de especial interese pola súa singularidade pero aumentando cada ano un número reducido de camelias.

Os labores emprendidos durante estes tres períodos deron como resultado a colección da Deputación con 500 camelias, das cales 230 están no predio do castelo. Préstaselles unha atención continuada ás plantas, concretamente unha vez por semana en épocas de especial interese e cada quince días o resto do ano para que así manteñan un perfecto estado fisiolóxico e sanitario.

Na actualidade o parque do castelo conta cunha extensión duns 15.700 m2. Nesta superficie consérvanse como foron deseñadas na súa época zonas con elementos primitivos, como é a praza dos castiñeiros, a dos plátanos, e o xardín racionalista.

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentemento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche o enlace para maior información. // Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies