Biblioteca Soutomaior

Discapacidade

Atención a Servizos Sociais con cita previa no teléfono:
• 986705114 (EXT.2)

Onde estamos:
• Concello de Soutomaior (Rúa Alexandre Bóveda, 8)
Horario: 09:00- 14:00 de luns a venres

• Multiusos de Arcade
Horario: 09:00- 14:00 luns e mércores

Contacto
• serviciosssociais@soutomaior.es
• traballosocial@soutomaior.gal

  • DISCAPACIDADE.

 

PRESTACIÓNS
PENSIÓN NON CONTRIBUTIVA DE INVALIDEZ
Concepto
Prestación económica individual de carácter periódico que cubre continxencias de invalidez ou deficiencia e que asegura a tódalas persoas en situación de invalidez e en estado de necesidade unha prestación económica, asistencia médico-farmacéutica gratuíta e servizos socias complementarios, aínda que non se teña cotizado ou se cotizara de xeito insuficiente para acadar o dereito a unha pensión contributiva.
Persoas beneficiarias e requisitos
Cidadáns españois e nacionais doutros países, con residencia legal en España que cumpren os seguintes requisitos:
• Ser maior de idade e menor de 65 anos.
• Residir legalmente en territorio español polo menos 5 anos dende que naceu dos cales 2 deben ser inmediatamente anteriores a data da solicitude.
• Persoas nacionais da Unión Europea que totalicen o período de residencia mencionado no apartado anterior no territorio de calquera estado membro.
• Ter unha discapacidade ou enfermidade crónica en grao igual ou superior ao 65%.(1)
• Carecer de rendas ou ingresos suficientes inferiores ao importe da pensión. (2)
• Que os ingresos ou rendas da unidade de convivencia non superen o límite de acumulación de recursos computado do seguinte xeito:
◦ Solicitante que vive con familiares unidos por matrimonio ou parentesco de segundo grao: o límite equivale á contía, en cómputo anual, da pensión máis o resultado de multiplica-lo 70% desta polo nº de convivintes menos un.
◦ Solicitante que vive con familiares de primeiro grao: o límite equivale á contía calculada anteriormente multiplicada por 2,5.
Organigrama de Parentesco

Solicitude:
https://matiass.xunta.es/media/k2/attachments/pnc_invalidez_solicitude_gd_1.pdf

COMLEMENTO DE TERCEIRA PERSOA
Requisitos:
As persoas afectadas por unha discapacidade ou enfermidade crónica nun grao igual ou superior ó 75 % e que precisen a axuda doutra persoa para realizar os actos máis esenciais da vida diaria, poden ter dereito ó complemento por terceira persoa, sempre que superen o baremo correspondente.
Non teñen que solicitalo. Aplícase directamente.
Documentación:
• Declaración xurada segundo modelo establecido.
• Fe de vida.
• Xustificante de ingresos da unidade de convivencia.
• Acreditar calquera variación na unidade de convivencia.
Contía
50% do importe da contía da Pensión non contributiva, fixada para o ano correspondente.

PROGRAMAS
OBTENCIÓN DE CERTIFICADO DE DISCAPACIDADE
Obxectivo
Regular o procedemento para o recoñecemento, declaración e cualificación do grao de discapacidade e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes na Comunidade Autónoma de Galicia.
Está dirixido a persoas de calquera idade, con deficiencias permanentes non recuperables. As pautas de valoración fundaméntanse sobre todo nos efectos para a capacidade de realizar as actividades básicas da vida diaria.
Este recoñecemento efectúase a través dos Equipos de valoración e orientación (EVO) dependentes das xefaturas territoriais da Consellería de Política Social
Se ás persoas valoradas se lles recoñece unha porcentaxe de discapacidade igual ou superior ao 33% poden acceder a unha serie de beneficios: fiscais, laborais, económicos, educativos, sociais, entre outros.
Requisitos
Ter unha discapacidade física, psíquica ou sensorial, ou padecer unha enfermidade incapacitante ou crónica grave.
Solicitantes
Poderán solicitar o recoñecemento do grao de discapacidade:
1. Persoas de nacionalidade española que residan nun municipio da Comunidade Autónoma e que cumpran os demais requisitos que se establecen.
2. Persoas de nacionalidade española residentes no estranxeiro, segundo o procedemento establecido no artigo 25.
3. Persoas estranxeiras residentes en Galicia, segundo o procedemento establecido no artigo 26.

Tramitar en liña
A través da sede electrónica as persoas interesadas obter directamente certificados expedidos pola Xunta de Galicia. Para iso só necesita identificarse previamente, empregando para iso o DNI electrónico, certificado dixital ou o sistema de identificación e sinatura Chave365.

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=BS611A&ano=2015&numpub=1&lang=es

XANTAR NA CASA
Definición
O Xantar na Casa constitúe un servizo de comida a domicilio que pretende facilitar e garantir unha alimentación equilibrada e de calidade adaptada ás necesidades das persoas maiores e/ou dependentes, que non poden valerse por si mesmas para cubrir as súas necesidades básicas relacionadas coa compra ou elaboración de menús.
Con este tipo de recurso, complemento doutros servizos que xa se están a desenvolver nos concellos (transporte adaptado, teleasistencia, axuda no fogar e lavandaría sobre rodas), preténdese que as persoas maiores e/ou dependentes poidan seguir vivindo nos seus fogares o maior tempo posible e cun nivel de independencia e autonomía aceptable.
Obxectivos
O obxectivo principal é mellorar o nivel de benestar e de calidade de vida de moitas persoas maiores e/ou dependentes, e tamén das súas familias, manténdoas no seu contorno comunitario e retrasando ou evitando a institucionalización.
Persoas beneficiarias

• Son beneficiarias do programa “Xantar na Casa” as persoas empadroadas e que sexan residentes no concello e que cumpran os seguintes requisitos:
• Persoas maiores de 60 anos, que teñan limitada a súa capacidade de autonomía persoal, e sen rede de apoio que poidera suplir tal situación.
• Persoas dependentes, que carezan de apoio familiar, e requiren de axuda para a preparación de alimentos.
• Persoas menores de 60 anos en situación de exclusión social, tecnicamente avaliada polos servizos sociais do Concello.

Solicitude

https://matiass.xunta.es/media/k2/attachments/xantarcasa_solicitude.pdf

TELEASISTENCIA

Obxecto
Este servizo está dirixido ás persoas maiores ou con discapacidade, que viven soas ou que pasan a meirande parte do día sen a presenza doutras persoas e que necesitan a atención do servizo de Teleasistencia para poderen seguir vivindo no seu propio domicilio. Tamén a aquelas que, aínda convivindo con outras persoas, estas presentan características de idade ou discapacidade semellantes que lles impidan desenvolverse con total autonomía. Debido a que a utilización deste servizo require un certo nivel de comprensión e de discernimento por parte dos usuarios, exclúense expresamente como usuarios deste servizo de Teleasistencia Domiciliaria as persoas que teñan recoñecido o nivel de dependencia; as persoas afectadas de enfermidades mentais graves, incluídas as demencias; e tamén as persoas con notorias deficiencias de audición (hipoacusias severa, profunda e cofose) e/ou expresión oral, dado que o sistema posibilita a atención ante situacións de emerxencia, principalmente, mediante a comunicación verbal entre o usuario e o centro de atención.
Solicitude
https://www.depo.gal/documents/1076146/7162910/TAD2_solicitude.pdf/6d9680d4-540c-40a1-bfd7-35bf55b2227d .

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentemento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche o enlace para maior información. // Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies