Biblioteca – Información xeral
Contacto:
R/Illas Alvedosas,3 36690 Arcade – Soutomaior Pontevedra
Telf. 986 700 291
e-mail: biblioteca@soutomaior.com
Servizo de préstamo
O préstamo é libre e gratuito pero para poder utilizar o servizo é necesario ter carné de lector, que só poderá ser utilizado polo titular do mesmo.
>>Impreso solicitude carné de lector.
Autorización de uso de carné á outra persoa, deberá presentar na Biblioteca.
>>Impreso de autorización de uso de carné á outra persoa,
É susceptible de préstamo toda a colección bibliográfica e audiovisual excepto:
– Anuarios,
– Fondo local
– Obras de consulta
– Xornais
Condicións do servizo
O servizo de préstamo ofrece e facilita ó público a posibilidade da lectura e consulta nos seus enderezos de materiais de diverso tipo por un periodo de tempo preestablecido.
Cada socio, ben sexa infantil ou adulto, poderá retirar un máximo de 10 documentos en total, repartidos da seguinte forma:
Outros servizos que ofrecemos
Servizo de consulta en sala
A biblioteca pon a disposición dos seus usuarios unha ampla colección de libros, materiais audiovisuales, revistas, diarios oficiais, periódicos, etc. que poden ser consultados libremente.
Para acceder á sala e consultar os fondos non fai falta carné de lector. A sala pode utilizarse para o estudio, ainda que non está permitida a reserva de postos.
Guía de uso:
A biblioteca é un servizo de todos e para todos
A biblioteca é un lugar público e, como tal, require dos usuarios unhas normas de comportamento de maneira que se respeten as instalacións, os fondos nela recollidos, así como ó resto de usuarios. Por tanto, non se debe:
• Incurrir en manifestacións ruidosas.
• Comer, beber ou fumar dentro da Biblioteca.
• Usar teléfonos móviles.
• Alterar a posición dos mobles e os equipos, ou usalos indebidamente.
• Reservar prazas nos puntos de lectura mediante calquera procedemento.
• Entrar con animais.
• Entrar con bicicletas, patíns, etc.
• Perturbar o bo funcionamento dos servizos da Biblioteca.
Para poder manter a gratuidade do servizo é necesario ter un coidado especial cos documentos e respetar as normas de funcionamento.
Condicións de acceso e uso:
O acceso ós documentos é libre nas salas abertas ó público e gratuito. Tamén existen fondos de acceso restrinxido por razóns de conservación e seguridade.
Para acceder ó Servizo de Préstamo obterase o correspondente carné de socio.
Internet e ofimática
A biblioteca dispón de cinco ordenadores con acceso a Internet, un deles reservado para consultas rápidas, e de unha impresora en rede.
Estes equipos teñen instalados ferramentas de traballo informático tales como procesadores de texto e follas de cálculo.
Condicións de acceso e normas:
A utilización dos ordenadores solicítase no mostrador da Biblioteca.
Nos ordenadores A e B o usuario dispón de 1 hora e 30 minutos de tempo de uso. Se houbese outros usuarios en espera o tempo redúcese a 45 minutos.
No ordenador de Consulta Rápida o usuario dispón de 1 hora e 30 minutos de tiempo de uso. Se houbese outros usuarios que quixesen utilizar este ordenador, o tempo redúcese a 15 minutos.
Os ordenadores póñense ó servizo público para a búsqueda de información de contido documental, educativo, investigación, aprendizaxe ou lecer. Non están autorizados os chats.
O uso de cada ordenador é persoal. Non se permite a estancia de máis dunha persoa por posto de consulta.
Para garantizar a intimidade, non se permite que outros usuarios se sitúen detrás dos postos de consulta.
Non é tarefa do persoal da biblioteca a ensinanza dos programas que os usuarios estén utilizando.
Estas normas podrán variar, previo aviso, para adaptarse a actividades culturais programadas polo servizo de biblioteca.
Sala de estudo
A aula de estudo da Biblioteca municipal de Soutomaior está destinada a facilitar aos seus usuarios un ambiente adecuado para a lectura e o estudo nas mellores condicións posibles.
Normativa de bo uso:
1. A aula de estudo é un servizo que a biblioteca municipal presta aos seus socios, polo que para acceder a ela é preciso ter o carné de usuario da Biblioteca municipal de Soutomaior. No obstante, se a capacidade o permite, pode acceder libremente calquera cidadán.
2. Para facilitar o traballo de estudo e lectura de todos os usuarios, cómpre gardar silencio no espazo da aula. Os teléfonos móviles deberán estar desconectados ou mantidos en silencio, e non está permitido atender chamadas na aula.
3. Non está permitido comer (únicamente beber auga), coa finalidade de preservar os equipamentos.
4. Non está permitido reservar postos a terceiras persoas nin ocupar un posto ausentándose por máis tempo do dun breve descanso (30 minutos) ou do necesario para facer uso doutros servizos do centro.
5. O persoal encargado das aulas non se responsabiliza dos obxectos persoais que puidesen quedar esquecidos nelas.
6. Uns cinco minutos antes da hora de peche debe comenzarse a desaloxar a sala.
7. O persoal encargado das instalacións está autorizado para instar a identificarse a calquera usuario e ten capacidade para expulsar das aulas a aquelas persoas que contraveñan estas normas.
Información de referencia
Servizo de resposta a peticións sobre calquer asunto ou materia, nun prazo máximo de 10 días.
Asistencia na elaboración de bibliografías, guías de lectura e búsquedas temáticas.
Reproducción de audiovisuais
Prensa, revistas
O acceso a este servizo é libre e gratuito. Non se permitirá a consulta simultánea de máis dun diario ou revista. Os periódicos do día son de libre acceso. Os periódicos dos 30 días anteriores gárdanse no fondo da sala.
Periódicos:
Diario de Pontevedra
Faro de Vigo
Marca
Nós, Diario
El País
Publicacións periódicas:
1. Artesonado
2. Car
3. Carta local de la FEMP
4. Cousas de a túa revista
5. Integral
6. Labores del Hogar
7. El Mueble
8. Mundo Negro
9. Muy Interesante
10. Nacional geographic
11. Saber Cocinar
12. Tempos Novos.
A maioría destas publicacións periódicas pódense levar en préstamo durante 1 semana, sempre que non sexan as que están no mes vixente.
Biblioteca infantil
Na nosa biblioteca temos máis de 4.000 libros infantís que podrás ler no noso centro ou levalos a casa en préstamo.
Tamén temos películas, cómics, tebeos, cassetes contacontos, CD´s de música….
Reprografía
Dispoñemos de fotocopiadora para a reproducción de documentos da biblioteca. En todo caso o seu uso farase conforme á Lei de Propiedade Intelectual.
En cumplimento desta lei e co fin de garantizar a conservación dos fondos bibliográficos, o usuario poderá obter ata un máximo de 20 fotocopias directas dunha mesma obra, sempre e cando sexan posteriores a 1958 inclusive, e nunca máis dun tercio da obra reproducida, en calquer caso, e que se atope en bo estado de conservación, a xuizo do/a bibliotecario/a responsable do fondo.