Que visitar
O paseo marítimo de Arcade
Ten un percorrido de 1.700 m a carón da desembocadura do río Verdugo. Está iluminado na súa totalidade e conta con pasarelas de madeira que pasan por debaixo das pontes do Rio Verdugo.
GPS: 42.34071, -8.61398 / 42°20’26.62″N 8°36’50.82″O
O Castelo de Soutomaior
GPS: 42.32988, -8.56855 / 4 42°19’48″N 8°34’5.19″O
O Castelo de Soutomaior está situado nun lugar verdadeiramente privilexiado pola ampla paisaxe que dende alí se divisa.
A construcción orixinal data do século XII, si ben será con Pedro Álvarez de Sotomayor, coñecido polo alcume de Pedro Madruga co que alcance o seu máximo esplendor xa que chegou a ser o epicentro da actividade política do sur de Galicia durante o século XV.
Imprescindible a Visita ós seus Xardíns. Con árbores centenarias.
A ponte colgante
Onde se encontran os ríos Verdugo e Oitaven, hai una ponte que cruza o río nunha paraxe natural de excepcional beleza.
Conta cunha pequena praia.
GPS: 42.34485, -8.55908 / 42°20’41.52″N 8°33’32.41″O
A Peneda
Antiguo castro, posterior fortaleza de Castrizán (1477), e actual santuario da Virxe de Nosa Señora de A Peneda (mediados século XVII) . Goza dun emprazamento privilexiado, cunhas amplas vistas da ría e dos concellos limítrofes. Do castro apenas quedan restos, e da fortaleza consérvanse parte das murallas defensivas. GPS: 42.32688, -8.59036 / 42°19’36.57″N 8°35’25.35″O
Praias
O Concello de Soutomaior conta con dúas praias na Ría de Vigo completemente equipadas e accesibles, a Praia de A Muxeira ou peirao e a contigua Praia de Matilde. As dúas praias están comunidadas por un paseo marítimo que chega ata a ponte medieval de Ponte Sampaio.
Tamén conta cunha praia fluvial no río Verdugo, a Praia de Sameán con área de lecer, e zonas de baño ao longo do río: Candán, Comboa e Aranza.
O Clube naútico de Arcade ten as súas instalacións a carón da praia de O Peirao, e acceso directo ao peirao pesqueiro e deportivo.
GPS: 42.3414, -8.61424 / 42°20’28.08″N 8°36’51.08″O
Praia fluvial de Sameán: 42.34476, -8.59935 / 42°20’42.32″N 8°35’57.71″O