Recursos propios do Concello de Soutomaior
Atención a Servizos Sociais con cita previa no teléfono:
• 986705114 (EXT.2)
Onde estamos:
• Concello de Soutomaior (Rúa Alexandre Bóveda, 8)
Horario: 09:00- 14:00 de luns a venres
• Multiusos de Arcade
Horario: 09:00- 14:00 luns e mércores
Contacto
• serviciosssociais@soutomaior.es
• traballosocial@soutomaior.gal
RECURSOS PROPIOS DO CONCELLO DE SOUTOMAIOR
SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR MUNICIPAL
Ordenanza reguladora do Servizo de Axuda No Fogar do Concello de Soutomaior (Boppo 10/10/2014)
O Servizo de Axuda no Fogar (SAF) é unha prestación básica dos Servizos Sociais Comunitarios que presta un conxunto de atencións a persoas ou unidades de convivencia no propio domicilio para facilitar o seu desenvolvemento e a permanencia no seu medio habitual.
A prestación deste servizo ten carácter de reforzo e non substitúe ás propias capacidades da persoa usuaria e doutras persoas do seu contorno inmediato nin exime en ningún caso á familia das súas responsabilidades.
Obxectivos:
a) Mellorar a calidade de vida das persoas usuarias.
b) Posibilitar a permanencia das persoas no seu contorno de convivencia habitual.
c) Favorecer e potenciar a autonomía persoal no propio domicilio.
d) Manter, mellorar e recuperar as redes de relación familiar e social.
e) Previr situacións de dependencia ou exclusión social.
f) Retardar ou evitar a institucionalización.
Documentación
• Solicitude (Anexo IV)
• Informe médico (Anexo VII)
• Domiciliación bancaria (Anexo XI)
• Copia DNI e Tarxeta Sanitaria
• Declaración Gardador de Feito, de ser o caso.
• Certificado pensións ano 2020 da unidade de convivencia
• Saldo e rendementos bancarios a 31/12/2019 da unidade de convivencia
• Declaración da renda ou certificado en negativo, ano 2019
• Certificado de patrimonio da unidade de convivencia
ANEXOS DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR
Anexo IV. Solicitude de SAF de libre concorrencia