Xuventude
XCV Concurso Verbas para Comunicar- 2023
Inscricións ata o 11 de maio ás 14:00 h.
Entrega de premios 17 de maio, día das LETRAS GALEGAS
DESAFÓGATE unha aventura acuática
Obra de teatro dirixida e interpretada por Raquel Queizás, e Obradoiro para aprender reanimación cardiopulmonar
( RCP Básica)
Data: 12 de marzo
Hora: 17:30 h.
Lugar: Multiusos de Arcade
Nenos e nenas de 5 a 8 anos ( acompañados dunha persdoa adulta).
Inicio da actividade: 15-02-2023
Fin da actividade: 26-05-2023
Dias da actividade: Mércores e venres
Horarios: de 17:00 a 18:30 h.
Destinatarios/as: 9 – 13 anos
Menores: Menores con autorización
Público dirixido: Empadroados/as
Prazas: 15 prazas
Acceso: De balde
Lugar da actividade: Biblioteca Municipal
Inscricións: ata 13 de febreiro
Aula de Apoio e Reforzo Educativo
A aula de apoio educativo contempla unha liña principal de actuación centrada no reforzo das materias escolares a través de técnicas de organización e estudo pensadas para afianzar e mellorar as competencias educativas básicas.
O obxectivo é ofrecer ao alumnado un servizo de reforzo educativo que favoreza a comprensión dos contidos que se transmiten dende o centro escolar, creando hábitos de estudo eficaces e estimulando as capacidades persoais individuais.
Ofreceremos unha formación integral nas competencias básicas do alumnado a través de explicacións e a realización de actividades diversas que axuden a conseguir o éxito escolar nos estudos.
Traballaremos hábitos de organización e planificación do estudo nun espazo axeitado que favoreza a concentración: axenda, datas de entrega e tarefas pendentes, establecemento de horarios de estudo semanais, etc.
Daremos ferramentas e técnicas de estudo que permitan a adquisición de coñecementos dunha maneira autónoma e eficiente: lectura rápida e comprensiva, esquema, resumo, ideas principais, etc.
Faremos un traballo enfocado á atención personalizada das dificultades de cada alumno/a.
Esta actividade vai dirixida a alumnado de primaria (4º, 5º e 6º) empadroado no Concello de Soutomaior.
Xoven emprende´21
Dirixido a xóvenes menores de 30 anos, que necesiten apoio para o emprendemento, ou para a incorporación ao mercado laboral.
Inserción laboral xuvenil
COLABORACIÓN ENTRE ACCION LABORAL E OMIX SOUTOMAIOR
Galicia xoven
EMPRENDE´21
INFORMACIÓN:
omix@soutomaior.com
638 822 868
Escola Municipal de teatro para Adultos 2022 -23
ITINERARIOS:
Adulto 1 : Mércores 10:30: a 12:00
Adulto 2 : Xoves 18:30: a 20:00
Datas: dende octubro 22 ata xuño 23
+ de 18 anos
18 prazas grupo
(12 € bimensual empadroados/as)
(24 € bimensual non empadroados/as)
Inscrición en liña ata o 11 de outubro, ou completar prazas.
Escola Municipal de Teatro Infantil- Xuvenil 2022 -23
ITINERARIOS:
Infantil (4-8 anos): Sábados 11:30 a 13:00 h.
Xuvenil 1 (9-1 1anos): Venres 17:15: a 18:45
Xuvenil 2 (12-14 anos): Venres 19:00: a 20:30
Xuvenil 3 (12-17 anos): Venres 21:00: a 22:30
Datas: dende outubro 22 ata xuño 23
18 prazas grupo
Inscricións en líña ata compretar prazas
Creación de castelos de area na praia
Mércores 13 de xullo, praia da Muxeira (Arcade), de 17:00 a 18:30
Mércores 20 de xullo, praia da Veiguiña Longa (Comboa), de 17:00 a 18:30
Mércores 27e xullo, praia da Xunqueira (Arcade), de 17:00 a 18:30
Convocatorias:
Danza do ventre
Do: 04-10-2018 ó: 27-06-2019
Lugar actividade: Baixo Praza de Abastos de Arcade
Horarios: xoves de 21 a 22
Destinatarios/as: + 12 anos (menor con autorización)
Prazas: 18/grupo
Inscricións ata: Mércores, 26. Setembro 2018
Bailes latinos
Inscricións ata: Mércores, 26. Setembro 2018
Datas do: 02-10-2018 o: 25-06-2019
Lugar: Baixo Praza de Abastos de Arcade
Horarios: martes de 21 a 22
Destinatarios/as: + 12 anos
Escola municipal de circo
Inscricións ata: Mércores, 26. Setembro 2018
Datas do: 04-10-2018 o: 30-05-2019 .
Lugar: Baixo Praza de Abastos de Arcad.e
Horarios: realizarase no de maior demanda.
Destinatarios/as: + 10 anos (menor con autorización) / 15/grupo
Guitarra española
Escola Municipal de Cociña para Xóvenes
Inscricións ata: Mércores, 26. Setembro 2018
Datas do: 02-10-2018 o: 28-05-2019
Lugar: Multiusos de Arcade
Horarios: (1h/semana)
Destinatarios/as: + 7 anos
Escola Municipal de Cociña para Xóvenes
Inscricións ata: Mércores, 26. Setembro 2018
Datas do: 02-10-2018 o: 31-05-2019
Lugar: PENDENTE
Horarios: realizarase no de maior demanda
Destinatarios/as: + 10 anos (menor con autorización) / 15/grupo
Escola de Debuxo e Pintura
Inscricións ata: Mércores, 26. Setembro 2018
Datas do: 05-10-2018 o: 31-05-2019
Lugar: Multiusos de Arcade
Horarios: 4 Grupos de horarios
Destinatarios/as: + 4 anos (menor con autorización) / 12/grupo
Escola municipal de teatro
Inscricións ata: Mércores, 26. Setembro 2018
Datas do: 05-10-2018 o: 21-06-2019 /
Lugar: Multiusos de Arcade
Horarios: 3 grupos de horarios
Destinatarios/as: 4 - 17 anos (menor con autorización) / 20/grupo
Coñécenos
OBXECTIVOS:
Son moitas as razóns dun servizo que promova a información e dinamización xuvenil. Destacamos as seguintes:
1. A información é o primeiro paso para a participación real en democracia.
2. A información é unha peza básica para a inserción socio laboral da mocidade.
3. A mocidade etapa na que se toman moitas decisións.
4. Necesidade de facer pedagoxía para un uso axeitado do tempo libre
Por tanto o servizo de xuventude ten como obxectivos:
– Informar a través dun servizo especializado que lles axude a extraer da cantidade a calidade da información para o que buscan. Información sobre convocatorias de premios e concursos, cursos, bolsas, ofertas de emprego, campamentos, actividades lúdicas e culturais, carnés, axudas, etc.
– Asesorar e orientar: orientar á mocidade en temas específicos sobre posibilidades, oportunidades e recursos que teñen á súa disposición. Sobre os pros e contras, as dificultades e posibilidades en relación ó proceso de toma de decisións á hora de abordar un problema ou situación.
– Fomentar a participación da mocidade na vida da colectividade (voluntariado, asociacionismo, grupos informais) co fin de contribuír a formar persoas activas na dinámica social.
– Estimular e apoiar a investigación, co fin de coñecer os intereses, necesidades e demandas da mocidade, fomentar a reflexión dos/as propios mozos e mozas sendo esta un soporte para o funcionamento do servizo de xuventude e un observatorio das súas necesidades.
– Difundir experiencias interesantes para motivar a outros/as mozos/as fronte á pasividade e ó escepticismo. – Formar en competencias básicas que poidan mellorar as súas habilidades sociais e competencias técnicas para facilitar a súa incorporación á realidade sociolaboral.
PRINCIPIOS:
O traballo da oficina céntrase en garantir o dereito das e dos mozos á información e ten como principios:
– Estar aberto a toda a poboación nova sen excepción para garantir a igualdade no acceso á información.
– Fácil acceso, sen necesidade de cita previa.
– De balde
– Información dispoñible contrastada baseada nas demandas xuvenís así como nas necesidades de información detectadas desde o servizo que se actualiza permanentemente.
– Respostas personalizadas, confidenciais e obxectivas
– Anonimato
– Colaboración institucional e comunitaria
PROGRAMAS MUNICIPAIS:
- Programa de información, asesoramento e orientación xuvenil:
INFORMACIÓN XUVENIL XERAL
Información sobre convocatorias de premios e concursos, cursos, bolsas, ofertas de emprego, campamentos, actividades lúdicas e culturais, carnés, axudas, servizos de apoio á mocidade, recursos europeos, estatais, autonómicos e locais, etc.
COMO ACCEDER?
1_Atención directa
Información e asesoramento en persoa, por teléfono, por correo electrónico omix(arroba)soutomaior.com, a través do sitio web www.soutomaior.gal e nas súas redes sociais: Facebook xuventude soutomaior e Twitter @xuvesouto
2.- Autoconsulta
Na oficina a través dos diferentes paneis e dossieres organizados por temáticas e a través da información colgada na web e nas redes sociais.
3.- Antenas e carpetas informativas
Espazo informativo de autoconsulta habilitado en diferentes equipamentos da localidade, que ofrece información para ser manexada directamente pola mocidade e que está especializado en informacións con caducidade, convocatorias vixentes. Actualmente:
Antena informativa (CPI Padín Troiteiro)
Antena informativa (Colexio Santiago Apóstol)
Carpetas informativas (Concello)
E, de xeito puntual en centros de saúde ou en departamentos municipais doutras áreas, sendo estas as encargadas de difundir a información que se lles facilita.
4.- Subscrición de balde nas Bases de datos, envío de mailings, boletíns e redes sociais.
Achegamos a información á mocidade a través do servizo de mensaxería instantánea DE BALDE xestionado a través da aplicación TokApp School a todas aquelas persoas que se anotan previamente na base de datos.
Subscricións de balde a:
BIX (boletín de información xuvenil) publicado en PDF para a súa consulta electrónica ou en versión papel (formato PDF) no que se recolle a información sobre as actividades programadas para cada trimestre e como inscribirse.
SOUTONEWS, magazine xuvenil. Noticiario confeccionado pola mocidade con seccións de: deportes, sucesos, turismo, economía, cotilleos, música e cultura, etc. Cada mes este noticiario terá unha edición dixital EN LIÑA que se editará e se fará pública na web do Concello (en inglés subtitulada en galego).
5.- Documentación: préstamo a domicilio de guías de viaxes, préstamo e consulta en sala e a través de guías de recursos para atopar a información.
6.- Subscrición a Boletíns electrónicos de información
ASESORÍAS
Orientar á mocidade en temas específicos sobre posibilidades, oportunidades e recursos que teñen á súa disposición.
ÁREAS:
Educación: asesoramento e orientación en temas relacionados coa oferta educativa e formativa e o mundo do estudante.
Emprego e formación ocupacional: como buscar, recursos para o emprego, orientación persoal e currículo, etc.
Asociacionismo e voluntariado: asesorar para dinamizar e propiciar a participación xuvenil a través do asociacionismo, voluntariado, grupos informais… Pasos para constituír unha asociación, como facerse voluntario/a, entidades nas que participar, programas de voluntariado, etc.
Iniciativa xuvenil: asesoramento e orientación para poñer en marcha as súas ideas, elaboración de proxectos, etc.
Turismo xuvenil: aloxamentos, viaxes ao estranxeiro, documentación, cursos de idiomas, etc.
COMO ACCEDER?
Sen necesidade de pedir cita previa Atención directa en persoa, por teléfono ou por correo electrónico omix(arroba)soutomaior.com
- Programa de dinamización e participación xuvenil
Desenvólvese a través da programación anual de actividades tendo en conta as seguintes ÁREAS:
ÁREA DE EDUCACIÓN E FORMACIÓN
Programación trimestral mediante a cal se ofertan cursos demandados pola mocidade ou froito de necesidades detectadas, PUBLICADA NO BIX:
ACCIÓNS encamiñadas á adquisición de competencias básicas sociais, dixitais, etc.
Exemplos:
– Cursos de informática e tecnoloxías como o de aplicacións informáticas ou o de creación audiovisual
– Cursos de fotografía
– Curso de preparación das probas libres da ESO
ACCIÓNS dirixidas a traballar as intelixencias múltiples no eido da educación non formal:
Exemplos:
– Escola municipal de Debuxo e Pintura
– Escola Municipal de Teatro
– Guitarra española
– Bailes e movemento: latinos, danza do ventre, ponte en forma, aquagym, etc.
ACCIÓNS encamiñadas cara a adquisición de competencias específicas para incorporarse ao mercado laboral con prácticas en empresa:
Exemplos:
– Curso de manipulación de alimentos
– Curso oficial de monitores/as de tempo libre
– Curso de operacións básicas como camareiro/a de pisos
– Curso de monitor/a acompañante de transporte escolar
– Curso de carretas elevadoras
– Etc…
ÁREA DE SAÚDE E PREVENCIÓN
Inclúense aquí as actividades que teñen que ver coa prevención de conductas de risco e conductas violentas.
-Programa a túa saúde ti decides
-Moceando
-Programa de prevención da violencia e mediación xuvenil
ÁREA DE CREATIVIDADE, LECER, TEMPO LIBRE E PARTICIPACIÓN XUVENIL
Dentro desta área proponse unha oferta variada:
– QUEDADA! para… proxecto de actividades lúdicas e de dinamización xuvenil onde a principal liña de acción é o LECER E TEMPO LIBRE como espazo educativo e de aprendizaxe non formal. Ofértamos: cine, festas, obradoiros municipais en festividades singulares: entroido, samaín, Nadal, etc.
– Aventura e turismo xuvenil: excursións para facer turismo de aventura: exemplo iniciación ao surf, etc.
– Concursos: Verbas para comunicar (letras galegas), Karaoke, Postais de Nadal, etc.
– Exposicións, festivais e exhibicións artísticas:
Festival danzarte (guitarra, debuxo e pintura, bailes, performance, etc.)
Representacións teatrais da Escola Municipal de Teatro
Festival de Cultura Urbana (bmx, sccoter, graffiti, rap, beetbox, etc)
– Charlas e seminarios.