Maiores
Atención a Servizos Sociais con cita previa no teléfono:
• 986705114 (EXT.2)
Onde estamos:
• Concello de Soutomaior (Rúa Alexandre Bóveda, 8)
Horario: 09:00- 14:00 de luns a venres
• Multiusos de Arcade
Horario: 09:00- 14:00 luns e mércores
Contacto
• serviciosssociais@soutomaior.es
• traballosocial@soutomaior.gal
MAIORES
PRESTACIÓNS
PNC DE XUBILACIÓN
¿Qué é?
Prestación económica individual de caracter periódico que asegura a tódalas persoas en sitaución de xubilación e en estado de necesidade unha prestación económica, asistencia médico-farmacéutica gratuita e servizos sociais complemetarios, aínda que non se teña cotizado ou se cotizara de xeito insuficiente para acadar o dereito a unha prestación contributiva.
Persoas beneficiarias
Cidadáns españois e nacionais doutros países, con residencia legal en España que cumpran os seguintes requisitos:
• Ter 65 ou máis anos.
• Ter ingresos ou rendas propios inferiores á contía da pensión. *
• Residir legalmente no territorio español e telo feito durante 10 anos entre a idade de 16 anos e a data dende a cal ten dereito a percibir a pensión, dos cales 2 teñen que ser consecutivos e inmediatamente anteriores á data da solicitude.
• Persoas nacionais da Unión Europea que totalicen o período de residencia mencionado no apartado anterior no territorio de calquera estado membro. En todo caso, deberase ter residido en territorio español dous anos consecutivos e inmediatamente anteriores á data da solicitude
Requisitos
Que os ingresos ou rendas da unidade de convivencia non superen o límite de acumulación de recursos computado do seguinte xeito:
• Solicitante que vive con familiares unidos por matrimonio ou parentesco de segundo grao: o límite equivale á contía, en cómputo anual, da pensión máis o resultado de multiplicar o 70% da cifra anterior polo número de convivintes menos un.
• Solicitante que vive con familiares de primeiro grao: o límite equivale á contía calculada anteriormente multiplicada por 2,5.
Tramitar en liña
• A través da sede electrónica as persoas interesadas obter directamente certificados expedidos pola Xunta de Galicia. Para iso só necesita identificarse previamente, empregando para iso o DNI electrónico, certificado dixital ou o sistema de identificación e sinatura Chave365.
https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=BS650G&ano=2015&numpub=1&lang=es
COMPLEMENTO DE ALUGUER
Obxectivo
Establecer un complemento de pensión dirixido a persoas beneficiarias de PNCs de xubilación e invalidez que carezan de vivenda en propiedade e residan de forma habitual nunha vivenda alugada como titular do contrato, sempre que o propietario daquela non teña relación de parentesco co/coa pensionista ata o terceiro grao.
Tramitar en liña
A través da sede electrónica as persoas interesadas obter directamente certificados expedidos pola Xunta de Galicia. Para iso só necesita identificarse previamente, empregando para iso o DNI electrónico, certificado dixital ou o sistema de identificación e sinatura Chave365.
https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=BS650F&ano=2017&numpub=1&lang=es
AXUDAS SOCIAIS DE CARACTER EXTRAORDINARIO A FAVOR DE PENSIONISTAS DE PNC, FAS E SGIM
Obxecto
Establecemento de axudas sociais extraordinarias a favor das persoas beneficiarias de pensións de xubilación e invalidez nas súas modalidades non contributivas (PNC), do Fondo de Asistencia Social (FAS) e do subsidio de garantía de ingresos mínimos (SGIM).
Carácter e compatibilidade
Estas axudas sociais, persoais e intransferibles,teñen carácter extraordinario e non se consolidarán para o futuro.
Esta axuda será distinta das do sistema da Seguridade Social e das que poida outorgar a Administración xeral do Estado, e será compatible con elas.
Contía
A contía individual destas axudas fíxase en 206 euros, que se aboarán de oficio mediante un pagamento único na conta bancaria na que as persoas beneficiarias teñen domiciliada a súa pensión.
Beneficiarias e requisitos
Serán persoas beneficiarias as que perciban pensións de invalidez e xubilación na súa modalidade non contributiva, as do FAS e as do SGIM nas cales concorran os seguintes requisitos:
• Estar en situación de alta en nómina con data do 1 de xaneiro de 2019 e permanecer nesta mesma situación de alta na data de entrada en vigor deste decreto.
• Ter a residencia habitual no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia no período comprendido entre o 1 de xaneiro de 2019 e a data de entrada en vigor deste decreto (20/12/2019)
Igualmente terán dereito ás axudas aquelas persoas que teñan devindicado o dereito a percepción e falezan durante o mes de decembro da presente anualidade, sempre que tivesen a súa residencia habitual en Galicia no momento do seu falecemento
Exclusión da axuda extraordinaria no cómputo de rendas ou ingresos
A contía desta axuda estará excluída do cómputo de rendas ou ingresos para os efectos de determinar tanto o importe como o mantemento do dereito das PNCs da Seguridade Social, do FAS e do SGIM.
PROGRAMAS
TERMALISMO
Novas
A excepcional situación provocada pola pandemia de COVID-19 motivou a decisión do Consello de Ministros do 22 de setembro de suspender definitivamente as tempadas 2020/2021 para o programa de Turismo Social e 2020 para o de Termalismo a proposta dos titulares de Dereitos Sociais e Axenda 2030 e de Sanidade.
RESPIRO FAMILIAR
Persoas beneficiarias e requisitos:
Poderán participar neste programa, as persoas maiores de 16 anos con recoñecemento de discapacidade ou de dependencia (grao II ou III) e aqueloutras que, non podendo acreditar os requisitos anteriores, requiran da atención dun coidador, á vista do informe médico e social que acompañan, e que ademais cumpran as seguintes condicións:
• Ter residencia efectiva na Comunidade Autónoma de Galicia.
• Non estar afectado por enfermidade en estado agudo nin se atopen en fase terminal.
• Non padecer enfermidade infecto-contaxiosa activa, trastornos mentais ou condutuais graves e non compensados que poidan alterar a convivencia.
• Efectuar a oportuna solicitude e o pagamento do prezo estipulado nas condicións que se lle indiquen.
Documentación:
• Solicitude e declaración responsable , titora, representante legal ou coidadora. Formularase no modelo establecido (anexo I) debendo cumprimentarse tódolos datos requiridos.
• Informe médico relativo ao solicitante, segundo o modelo que o SERGAS establece no IANUS (anexo VIII-II de recoñecemento da situación da dependencia), só naqueles casos en que non exista recoñecemento do grao dependencia.
• Informe social (anexo II), ou no Informe Social Unificado (ISU) relativo ao solicitante, só naqueles casos que non exista recoñecemento de grao dependencia ou que variaran as circunstancias dende a valoración da dependencia.
• Autorización á Conselleria de Política Social para consultar os datos do solicitante relativos o DNI, datos da Axencia Tributaria, pensións e recoñecemento de grao e nivel de dependencia. No caso de non asinar esta autorización deberá acompañar á solicitude os seguintes documentos:
• Copia compulsada do DNI/NIE do solicitante ou calquera outro documento acreditativo da súa identidade, de conformidade coa normativa vixente.
• Última declaración do imposto da renda das persoas físicas, certificado de toda a clase de pensións percibidas ou declaración xurada de non percibilas.
TELEASISTENCIA
Obxecto
Este servizo está dirixido ás persoas maiores ou con discapacidade, que viven soas ou que pasan a meirande parte do día sen a presenza doutras persoas e que necesitan a atención do servizo de Teleasistencia para poderen seguir vivindo no seu propio domicilio. Tamén a aquelas que, aínda convivindo con outras persoas, estas presentan características de idade ou discapacidade semellantes que lles impidan desenvolverse con total autonomía. Debido a que a utilización deste servizo require un certo nivel de comprensión e de discernimento por parte dos usuarios, exclúense expresamente como usuarios deste servizo de Teleasistencia Domiciliaria as persoas que teñan recoñecido o nivel de dependencia; as persoas afectadas de enfermidades mentais graves, incluídas as demencias; e tamén as persoas con notorias deficiencias de audición (hipoacusias severa, profunda e cofose) e/ou expresión oral, dado que o sistema posibilita a atención ante situacións de emerxencia, principalmente, mediante a comunicación verbal entre o usuario e o centro de atención.
Solicitude
https://www.depo.gal/documents/1076146/7162910/TAD2_solicitude.pdf/6d9680d4-540c-40a1-bfd7-35bf55b2227d .