Biblioteca Soutomaior

Educación

Contacto:

R/Peirao, 8 – Multiusos, Arcade. 36690 Soutomaior

Telf. 986 700 822

e-mail: educación@soutomaior.com

Redes sociais:

Horario de atención ó público:

INVERNO: Luns, martes, xoves e venres de 15,30 a 20,30 h  / Mércores de 9 a 14 h.

VERÁN: De luns a venres de 9 a 14 h.  (Dende finais de xuño ata mediados de setembro)

II Feira da ciencia

Xoves 4 de maio, a partir das 10:00 na  Alameda Talo Río.

 


Descargar programa.

 

>> Inscricións

>> Ampliar información 

 

Soutomaior de libro

Sábado 22 de abril, Alameda Talo Río.

 


Descargar programa.

 

>> Ampliar información / inscricións.

 

Expectáculo teatral

Lzaro de Tormes

DIVULGACIENCIA  – IIª EDICION

De febreiro a maio

Actualidade:

I feira de ciencia  Soutomaior

I feira de ciencia Soutomaior

Xoves 5 de maio
Al10:000-14:00  / 16:30 -18:00
O día 5 de maio celébrase a  Feira da Ciencia na Alameda de Talo Río, unha iniciativa que se encadra dentro do programa  Divulgaciencia e que permitirá ao  estudantado de ESO e Bacharelato do IES Soutomaior e do Colexio Santiago Apóstol á veciñanza de Soutomaior os seus proxectos científicos. Para iso, ademais de talleres e actividades para o público xeral, os estudantes montarán stands onde poderán explicar ou  seu  proxecto  ao todo o que se achegue co fin de divulgar o traballo realizado; interactuando  co público,  resolvendo  dúbidas e comentando os resultados  obtidos, así como, curiosidades  do proceso  levado a cabo.
O obxectivo é fomentar a vocación científica e o  espírito  emprendedor da mocidade, ademais de permitirlles desenvolver todas as súas capacidades a través da realización dun traballo  que finalmente será presentado en sociedade.
Exposición de proxectos – Visitas guiadas

Feira do Libro Soutomaior 2022

Feira do Libro Soutomaior 2022

Datas:22-23 abril
Lugar: Alameda talo Río
Horario: Venres: de 17:00 -20:00, Sábado 10:30-14:00 / 17:00 -20:00

Acudirán ao evento representantes das principais editoriais galegas. Ademáis, organizáronse unhas sesións de firma de libros con algúns dos escritores e  das escritoras que acudirán á Feira. Tampouco faltarán os coloquios literarios, os  obradoiros, as sesións de contacontos e a animación tanto para maiores como para cativos e cativas.

O obxectivo é que, durante os dous días que dura a feira, a Alameda de Tallo Río rebose literatura, creatividade e moita paixón pola lectura.

O teu rumbro

O teu rumbro

Novos cursos e accións formativas.
Accións dirixidas á formación ocupacional e para o emprego fundamentalmente dirixidas ao público xuvenil a partir de 16 anos, que teñen como finalidade ofrecer unha formación teórico práctica xunto coa realización de prácticas en empresas en sectores con alta demanda laboral. Con esta formación as persoas poderán obter un diploma que acredite esa formación e experiencia práctica así como, nalgúns casos, formar parte de bolsas de emprego nas empresas nas que realicen as prácticas.

 >> Descargar folleto BIX con toda a información detallada

Capacidades, si moitas!

Capacidades, si moitas!

Xoves 2 de decembro; Xornada sobre inclusión e diversidade
Mesa redonda “Inclusión de diversidade” : de 17:00 a 18:00 h
Mural Colaborativo “Falan as cristaleiras do multiusos”

Domingo 5 de  decembro; Roteiro sensorial
De 110 a 13:30 h

>> Ampliar información 

Efecto Dominó. Proxecto Ríos Concello de Soutomaior

Efecto Dominó. Proxecto Ríos Concello de Soutomaior

Aproveitando que o 22 de marzo é unha data tan significativa pois é o día escollido para conmemorar o Día Mundial da Auga iniciamos a campaña “Efecto Dominó, entre ríos” impulsada polas Concellerías de Educación e Medio Ambiente do Concello de Soutomaior dirixida a alumnado de 6º de primaria e 1º da ESO que participarán no deseño dos contidos do material divulgativo e didáctico elaborado para traballar os valores ambientais dos espazos naturais das beiras do río Verdugo e Oitavén. Participar no proxecto implica que recuperen boas prácticas ambientais, poñer en valor os recursos medio ambientais e ser axentes sensibilizadores para chegar ao maior número de persoas. Por tanto, engloba actividades de sensibilización ambiental vinculas ás diferentes áreas de coñecemento, a competencias concretas e á educación en valores.

Escola de Familias. Programa 2021

Escola de Familias. Programa 2021

Desde o Concello de Soutomaior poñemos en marcha un novo programa de charlas dirixidas ás familias do municipio ou que teñan alumnado escolarizado nalgún dos centros ubicados no Concello de Soutomaior. Dadas as limitacións e restriccións actuais derivadas da pandemia COVID-19 nesta ocasión as charlas non poderán ser presenciais, polo menos polo de agora. Así que comezaremos facéndoas virtualmente a través da plataforma jitsi meet, moi sinxela de utilizar e á que se pode acceder desde un móbil ou ordenador. Isto pode ter a vantaxe de poder conciliar mellor e non ter dificultades para asistir por temas de horarios xa que permite poder asistir desde casa. Durante a sesión recibiredes información sobre a temática concreta de cada sesión, poderedes facer preguntas, interactuar co resto de asistentes e tamén co equipo encargado de impartir a sesión. Polo que serán moi interactivas e prácticas.
A primeira sesión realizarase o 23 de febreiro de 18.30 a 20.00 h. Haberá que inscribirse previamente ata o 18 de febreiro, na web: https://gabinetesoutomaior.com/index.php/axenda-municipal/vista-mensual/eventodetalle/2462/escola-de-familias-familias-ante-a-covid-19
A temática da primeira sesión versará sobre as dificultades que se están nado no entorno familiar e de convivencia para xestionar emocionalmente esta crise e todas as súas posibles consecuencias que afectan a cuestións de organización de espazos, tempos, relacións…. etc. A sesión estará guiada por un membro de Aseia ASEIA (Asociación para a Saúde Emocional na Infancia e na Adolescencia) é unha asociación especializada na atención integral en saúde emocional e mental comunitaria dos nenos, adolescentes e as súas familias.
A inscrición previa será obrigatoria porque as prazas son limitadas para que poidamos ofrecer unha mellor atención ás persoas incritas e poidamos establecer unha comunicación máis fluída e resolver dúbidas. Unha vez inscritas/os porémonos en contacto con vós para enviarvos o enlace da sesión e as indicacións oportunas.
Desde o Concello queremos agradecer a colaboración prestada polos centros educativos na difusión do proxecto e na súa implicación á hora de propoñer temas e mellorar para que o programa sexa eficaz para as familias e lles sirva de apoio.

Programas:

SoutoNews


Soutonews Magazine é un proxecto para a mocidade que che fai falar en inglés

 

É un proxecto de inmersión lingüística en inglés onde o alumnado aprenderá este idioma dun xeito natural e divertido a través da creación dun noticiario que se denominará SOUTO NEWS.

Entre todos/as crearán as diferentes seccións: deportes, sucesos, turismo, economía, cotilleos, música e cultura, etc. Cada mes este noticiario terá unha edición dixital EN LIÑA que se editará e se fará pública na web do Concello.

Simulando una retransmisión televisiva presentaranse as novas máis relevantes e os temas sobre os que rapaces/as estiveron investigando. Esta edición realizarase integramente en inglés e estará subtitulada en galego.

Como o faremos:

A metodoloxía para preparar a edición dixital estará baseada no xogo, cancións, audiovisuais e role-plays para ampliar o vocabulario, utilizar expresión cotiás e así poder falar de diferentes temas. Con este método afarán o seu oído ao acento anglosaxón, o que favorecerá a aprendizaxe do idioma inglés ao longo da súa vida e gañarán en soltura para comunicarse nesta lingua.

Aprenderán a redactar novas, a falar en público, a investigar sobre diferentes temas, a traballar en grupo, etc. porque realizaremos actividades que amplíen as seccións no noticiario a partir de:

  1. SPELLING COMPETITION: concurso de deletreo de palabras inglesas.
  2. OBRADOIROS DE CANCIÓNS: tratarán diversos temas a través das letras das cancións. Manexarán novo vocabulario e mellorarán a súa pronunciación.
  3. OBRADOIRO DE BANDA DESEÑADA: crearán a súa propia historia e relatarana en viñetas a través de debuxos e diálogos cortos. As novas escolleranse mediante.
    Grupo de debate:

    Presentaremos un tema e unha pequena introdución ao mesmo. A profesora e moderadora, dividirá aos alumnos/as en dous grupos e asignaralles unha postura que defender, estean de acordo con ela ou non. Este obradoiro favorece as destrezas comunicativas e a capacidade de pensar en inglés. Ademais é unha magnífica ferramenta para desenvolver a imaxinación e o enxeño. 
Suscitarase un tema de interese relacionado coa idade do alumnado para charlar de forma distendida pero ordenada.

    Todos/as opinarán e aportarán ideas e suxestións respecto diso,
relatando tamén as súas propias experiencias. A profesora ademais de moderar, axudaralles a desenvolver o tema elixido.

 

educacion(arroba)soutomaior.com
omix(arroba)soutomaior.com

 

 

Roteiros medioambientais.

Coñece o teu entorno e arredores.

Un programa de roteiros nos que se combina a educación e sensibilización medio ambiental  co senderismo e as actividades lúdicas e de lecer. Cada roteiro ten as súas peculiaridades que se van destacando da man dunha guía que durante o percorrido vai  explicando e interpretando o que se ve: arquitectura, flora, fauna, paisaxe, etc. Estas explicacións realízanse combinando diferentes técnicas e recursos dun xeito dinámico e divertivo:  uso de mapas, aplicación de tecnoloxías como por exemplo os códigos QR ou o xeocaching, etc.

Obxectivos 

  1. Coñecer a riqueza medioambiental do noso Concello para poñer en valor os seus recursos naturais e patrimoniais.
  2. Redescubrir sendeiros e camiños actualmente en desuso.
  3. Fomentar hábitos saudables e alternativas de lecer a través do senderismo.
  4. Educar en valores como: o respeto, a tolerancia, o traballo en equipo e o coidado á natureza.

    Como participar

    Durante o ano realízanse varias convocatorias que habitualmente se programan cunha periodicidade trimestral.

    Obrigatorio inscribirse previamente na OMIX. O  prazo de inscrición ábrese unha vez feita a publicidade dos roteiros e remata cinco días antes da realización de cada roteiro.
    As prazas son limitadas pois o que se pretende é traballar con grupos pequenos para garantir a calidade e facilitar a interacción entre as persoas que participan.
    Cando hai moita demanda nun roteiro repítese e ofértase unha nova data para as persoas que están en lista de agarda.

    Cando un roteiro se cancele por motivos climatolóxicos comunicarase por teléfono ás persoas inscritas.

Recomendacións

IMPORTANTE: Recordamos que os/as guías son titulados/as e a actividade realizarase baixo unha póliza de R. Civil e accidentes derivados da organización do evento pero non dos accidentes provocados por outros motivos. Si se produce algún cambio na organización comunicarémolo o antes posible a cada participante. 

Material necesario: 

  1. Calzado de monte/montaña. Moi recomendable con protección á auga tendo en conta a metereoloxía.
  2. Roupa axeitada ao día: chuvasqueiro, pantalón de auga, paraugas,… (se chove); pantalón de monte, polar, camiseta térmica (se fai frío); roupa lixeira si fai calor e protección solar (con sol), etc
  3. Unha pequena mochila con auga (1/2 l) + Froita (ou bocadillo).
  4. Móbil con batería e aplicación instalada de xeocaching ou de códigos QR cando no roteiro se vaian a utilizar estas ferramentas. Ler as indicacións específicas para cada un.

    *Inscricións previa nos roteiros: ata 5 días antes de cada roteiro na OMIX ou ata cubrir prazas.

NORMAS sobre animais

IMPORTANTE: Lembramos que por temas de organización e tipoloxía grupal da actividade NON se poderán levar cans nin outros animais aos roteiros.

     

    Escola Municipal de Horta Urbana Ecolóxica

    O proxecto de Escola Municipal de Horta Urbana Ecolóxica é unha proposta que parte das Concellerías de Educación e de Medio Ambiente coa finalidade de por en marcha unha horta municipal en Arcade cun carácter formativo, de esparcemento, de sensibilización ambiental e de consumo responsable.

     

    A quen vai dirixido

    A persoas que buscan unha formación en relación coas necesidades e os recursos do sitio onde viven, de xeito que  dependan o menos posible dos recursos externos. O aproveitamento de recursos naturais presentes no noso medio a partir de “recursos custo cero” como poden ser o acceso a terras sen cultivar e fomentar actividades de desenvolvemento no sector da agricultura ecolóxica e transformación en produtos elaborados, reciclaxe de residuos, ecoagroturismo e outros parécenos unha alternativa moi interesante para darlle un valor engadido. Permitindo isto que se coide o territorio e se conserve a nosa identidade e cultura, dun xeito sostible tanto económica, coma socialmente.

    A persoas que queiran aprender e experimentar a opción de cultivar e obter hortalizas ecolóxicas sen impacto no medio así como consumir produtos máis sans. Familias que queiran a través do contacto coa terra e a natureza educar tomando conciencia dos ritmos biolóxicos das persoas.

    Requisitos

    Para poder acceder á solicitude do uso da horta/parcela débense cumprir os seguintes requisitos:

    1. Ser veciño/a de Soutomaior, figurando inscrito/a no Padrón Municipal de habitantes.
    2. Estar fisicamente capacitado/a para realizar o traballo agrícola.
    3. Ser maior de idade ou vir acompañado dunha persoa que teña titularidade da horta/parcela previa autorización.
    4. Realizar e rematar con éxito o curso de iniciación á horta municipal ecolóxica convocado polo Concello de Soutomaior.
    5. Estar ao corrente no pago das súas obrigacións tributarias co Concello de Soutomaior.

     

    Documentación:
    Normas da escola M. da horta urbana

     

     

    Escola M. de Pais e Nais

    Un lugar de encontro onde pais e nais e resto de membros da unidade familiar tentan buscar estratexias para mellorar a relación cos fillos e fillas e a súa educación.

    Colaboran a ANPA Negueirós e o CPI Padin Truiteiro

    Que traballamos e como o facemos? Cada trimestre traballamos temas diferentes en función de necesidades detectadas e das demandas das familias, ANPAS ou centro educativos. A metodoloxía do programa está baseada no uso de técnicas que promovan a experimentación, a práctica e a comunicación. Mediante un formado de sesións moi prácticas nas que se traballan recursos que nos permitan as familias coñecer e aplicar técnicas e habilidades que as axuden a mellorar o traballo educativo desde o ámbito familiar. Sempre son sesións guiadas por profesionais nas materiais a traballar e cunha perspectiva de intervención baseada en aprender facendo.

    Poden asistir os nosos fillos/as? SI, porque haberá actividades para os nenos/as mentres as familias están na sesión. Ás veces ó remate da sesión de adultos realizarase unha actividade conxunta: maiores e nenos/as.

    Obxectivos:

       – Concienciar ás familias da importancia de educar aos nenos/as de forma creativa fomentando actitudes e valores que favorezan unha convivencia democrática e respetuosa.
       – Entrenar habilidades sociais e persoais como ferramentas diarias educativas que axuden no proceso de toma de decisións.
       – Favorecer a creación dun entorno que estimule a participación e entendemento dentro da familia aportándolles recursos para conseguilo.
       – Potenciar o desenvolvemento de competencias que impliquen a busca de alternativas e a xestión creativa de conflitos
       – Favorecer a comunicación interxeneracional a través mediante o uso de recursos que permitan que a familia teña unha comunicación fluída.

    Axudas e subvencións

    Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentemento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche o enlace para maior información. // Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

    ACEPTAR
    Aviso de cookies