Novos cursos e accións formativas.
Accións dirixidas á formación ocupacional e para o emprego fundamentalmente dirixidas ao público xuvenil a partir de 16 anos, que teñen como finalidade ofrecer unha formación teórico práctica xunto coa realización de prácticas en empresas en sectores con alta demanda laboral. Con esta formación as persoas poderán obter un diploma que acredite esa formación e experiencia práctica así como, nalgúns casos, formar parte de bolsas de emprego nas empresas nas que realicen as prácticas.

Nesta oferta ofrecemos cursos en varios sectores: loxística e distribución que inclúe tamén a obtención do carné de carretillas elevadoras, o curso oficial de monitores/as de tempo libre  e un curso de limpeza hospitalaria. A maiores, tamén convocamos curso de manipulación de alimentos e o de linguaxe de signos, ambos tamén impartidos por empresas ou entidades homologadas para estas acreditacións e que pode ser unha formación complementaria para moitas profesións e para mellorar o currículo. Para as persoas maiores de 18 anos que non teñan o título da ESO tamén se oferta a actividade de preparación das probas libres que convoca a Xunta de Galicia para a obtención desta titulación servindo esta formación ao mesmo tempo para presentarse ás competencias clave.

Por outra banda, ofrecemos dous itinerarios para mellorar as competencias en inglés, nos que poden participar no itinerario 1 mozos e mozas de 12 a 14 anos e no itinerario 2 mozos e mozas de 15 a 17 anos. Serán eminentemente prácticos e seguirán unha metodoloxía participativa para traballar a competencia oral e comunicativa nesta lingua.

Convocamos tamén o programa de Escola de Familias cunha sesión mensual na que as familias poderán formarse en temas como as novas parentalidades, xestión do conflito e aplicación de normas,… Cada sesión será guiada por expertas na materia que iniciarán a xornada cunha breve explicación sobre o tema a abordar e debater posteriormente. Poderán asistir acompañados de fillos/as menores porque haberá monitores/as encargados de realizar con eles/as un programa lúdico no tempo que dure a actividade.

 >> Descargar folleto BIX con toda a información detallada

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentemento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche o enlace para maior información. // Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies