Biblioteca Soutomaior

Bilbioteca – Clubs de lectura

Un club de lectura fórmano un grupo de persoas que leen ao mesmo tempo un libro.
Cada unha faino na súa casa e unha vez ao mes reunense todos para compartir e comentar as lecturas programadas.
O club está aberto todo o ano e os libros son proporcionados pola biblioteca Luis Seoane de Soutomaior.
As reunións celebraranse na segunda planta da biblioteca.

Obradoiro para adultos en francés

Neste obradoiro de interpretación en francés, tratase de ler e interpretar unha obra de teatro, que facilitará dunha forma lúdica e diferente poder expresarse neste idioma.
Dirixido a todas as persoas adultas que queiran practicar ou iniciarse no idioma francés.
O club está coordinado por Salvador Alvárez Ledesma, profesor de fránces.
Luns alternos de 18:40 ás 19:40 horas na Biblioteca Municipal de Soutomaior dende o 8 novembro de 2021.

Club de lectura infantil

Un club de lectura infantil é unha actividade de animación á lectura que ten como finalidade potenciar a imaxinación e a creatividade, ademais de mellorar o léxico e as formas de expresión a través de dinámicas grupales. Con todo iso prodúcese unha maior socialización do neno e como consecuencia, unha mellor comunicación coa contorna que lles rodea.
O club está coordinado pola profesora de Educación infantil Conchi Tirado Vidal e ten lugar todos os mércores de 18:00 a 19:00 horas para idades entre 7 a 9 anos.
Apúntate xa! Prazas limitadas.

Club de lectura fácil

Un Club de Lectura Fácil diríxese a aquelas persoas que teñen dificultades lectoras transitorias (inmigración, incorporación tardía á lectura, escolarización deficiciente…) ou permanentes (trastornos da aprendizaxe, diversidade funcional, senilidad…) favorecendo a inserción social, a mellora das súas capacidades lectoras e de expresión oral.
Os libros, baseados en textos sinxelos e de fácil comprensión, son proporcionados pola biblioteca.
O club está coordinado pola profesora Concepción Tirado Vidal e as reunións teñen lugar os martes alternos de 11:00h a 12:00 h. na segunda planta da biblioteca.

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentemento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche o enlace para maior información. // Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies