
Igualdade C.I.M.
Contacto:
Multiusos de Arcade | R/ Peirao 8 Arcade 36690. Pontevedra.
Telf. 986 701 227 e-mail: cim(arroba)soutomaior.es
Horario de atención ó público:
ATENCIÓN AO PÚBLICO CIM 986701227
LUNS | MARTES | MÉRCORES | XOVES | VENRES |
9.00 a 14:00 |
9:00 a 14:00 | 9:00 a 14.00 | 09:00 a 18:00 |
9:00 a 14:00 |
ATENCIÓN PSICOLÓXICA
LUNS | MARTES | MÉRCORES | XOVES | VENRES |
9:00 a 14:00 |
9:00 a 14:00 |
9:00 a 14:00
|
ASESORAMIENTO XURÍDICO
LUNS | MARTES | MÉRCORES | XOVES | VENRES |
9:00 a 18:00 |
8:00 a 14:30 |
Que é o C.I.M.
O CIM é un recurso do teu Concello onde se realiza unha intervención global , a través do asesoramento, información, apoio integral e sensibilización da comunidade, para facer efectiva á igualdade de dereitos e oportunidades entre homes e mulleres .
Principios que nos rixen
– Anonimato da identidade das usuarias, garantía de privacidade e confidencialidade nas comunicacións.
– Servicio totalmente gratuíto.
– Respeto á vontade das usuarias na búsqueda das posibles solucións ás consultas presentadas.
Actividades.

Campamento de Conciliación -Semana Santa
Poñermos en marcha un novo campamento de conciliación que se levará a cabo os días 29, 30, 31 de marzo correspondentes a luns, martes e mércores de Semana Santa, en horario de 9:00- 14:00 h. no edificio Multiusos de Arcade, ampliable a entrada ás 8:00 e a saída as 15:00.
O prazo de inscrición remata o día 18 de marzo.

Campamento de Nadal – Conciliación en tempos de COVID-19
Do: 02-12-2020 ó: 18-12-2020
Destinatarios/as: Todas as idades – 14 anos
Lugar da actividade: Multiúsos, Arcade
Inscricións desde: 02-12-2020
Inscricións ata: Venres, 18. Decembro 2020
DESCRICIÓN
23 – 24 – 28 – 29 – 30 – 31 de decembro e 4 – 5 – 7 de xaneiro,
de 9 am a 2 pm con posibilidade de entrar ás 8 am e saída ás 3 pm
DESTINATARIAS/OS:
Persoas empadronadas con nenas/os menores de 14 anos con necesidades de conciliar

25N – ULTRAVIOLETA. Dando luz ás violencias invisibles.
Dende o Concello de Soutomaior e o CIM, ponse en marcha a Campaña do 25N , dia Internacional contra as violencias Machistas, baixo o lema ULTRAVIOLETA.
A campaña ten coma principal obxectivo , poñer o foco , sobre as violencias menos visibles máis non por iso menos perigosas ou menos presentes na nosa sociedade.
A luz Ultravioleta ou luz negra, ten entre outras aplicacións prácticas, na ciencia forense, a posibilidade de resaltar en cores fluorescentes na oscuridade diferentes fluidos, tonos e rastros que pasan desapercibidos na luz do día , facilitando así a súa detección. A campaña , pretende do mesmo xeito resaltar e axudarnos a detectar como sociedade, violencias que temos normalizadas, ou incluso xustificadas , dentro das relacións de parella que son un xeito de abuso e violencia emocional, e teñen unhas consecuencias importantes na saúde das mulleres, tanto a nivel psicolóxico coma físico.
Violencias estructurais que suceden dentro do sistema patriarcal, en forma de obstáculos respecto a situación laboral das mulleres , os dereitos de conciliación e promoción, respecto a mercantilización dos corpos femeninos e da nosa imaxe, etc,… que diariamente persisten nos medios de comunicación e nas nosas estruturas sociais e familiares, ou incluso nas nosas relacións máis intimas, pasando desapercibidos , ou postergando a súa consecución a obxectivos futuros como sociedade, cando moitos xa están recollidos incluso lexislativamente.
ULTRAVIOLETA, 25N, SOUTOMAIOR quere axudarnos a poñer nome a todas esas desigualdades e abusos, dando luz para detectalas e identificalas como formas de violencias machistas que nos afectan de xeito transversal e estrutural a todas as mulleres, con maior e ou menor intensidade, nalgún dos ámbitos das nosas vidas.
A campaña ULTRAVIOLETA, ilustrada pola artista viguesa Andrea Jano, desenvolverase coa participación do comercio local, que dará visibilidade nos seus establecementos e escaparates á mesma e vestirán unha mascarilla corporativa coa imaxe da campaña , realizada por costureiras do Concello de Soutomaior.
As comerciantes que queiran participar na campaña, deben anotarse na web, para concretar cita para a recollida do material no Centro Multiusos en Arcade.
Publicarase , unha actualización do Mapa de recursos municipais, fronte a violencia de xénero no Concello de Soutomaior.
Así mesmo compartiranse no facebook do cim, ao longo da semana do 25N , diferentes traballos e campañas realizadas ao redor desta temática , que pretenden visibilizar os micromachismos e outras xeitos de violencias machistas.
A Biblioteca Municipal Luis Seoane, facilitará o préstamo da bibliografía respecto a esta temática ao redor da Campaña do 25N. ULTRAVIOLETA.
>> Ver guía de recursos para a abordaxe da violencia de xénero

Programa de apoio a mulleres emprendedoras
O Concello de Soutomaior presentou o seu novo programa de apoio a mulleres emprendedoras. Baixo o título “Somos Expertas”, a iniciativa instruirá a 13 veciñas do municipio propietarias de negocios en conceptos comerciais asociados á relación co cliente, as novas tecnoloxías e o escaparatismo, entre outros conceptos.
A iniciativa, debido á situación sanitaria, presentouse de forma telemática a través de Whatsapp. Desta maneira, as participantes recibiron nos seus teléfonos móbiles as instrucións, programa e aspectos fundamentais do curso ademais dun pequeno vídeo de presentación e resumo do proxecto.
O programa de apoio comprende varias sesións en grupos reducidos e titorías individuais impartidas por expertos en cada materia. O proxecto conta con cinco módulos xerais para todos os negocios que se centran na viabilidade e desenvolvemento de cada negocio, a mellora de competencias dixitais e a incorporación das novas tecnoloxías, o escaparatismo e o visual merchandising, a comunicación coa clientela e, por último, a relación entre a dona e o seu propio negocio.
Ademais, o ciclo inclúe un mentoría especial de asesoramento para mulleres que desexen emprender o seu propio negocio na que aprenderán a estudar a viabilidade dos seus proxectos, definir un plan de negocio e determinar o grao de preparación de cada persoa para cada proxecto.

Campamento urbano – Concilia en igualdade
>> Ver díptico

Exposición “Premios María Josefa Wonenburguer Planells”
Coincidindo co día internacional da nena na ciencia, o Concello de Soutomaior, a través da súa concellería de Igualdade, organiza a exposición “Premios María Josefa Wonenburguer Planells”. Unha iniciativa promovida pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia coa que se pretende recoñecer o papel das mulleres na ciencia.
A mostra poderase visitar de maneira totalmente gratuíta desde mañá ata o próximo 26 de febreiro no horario habitual do Multiusos de Arcade. A mostra recolle a través de 13 paneis as contribucións feitas á ciencia e a tecnoloxía por mulleres galegas que foron galardoadas co premio María Josefa Wonengurguer Planells, un premio que a Xunta de Galicia outorga desde o ano 2007 a través da unidade de Muller e Ciencia.
O Premio leva o nome da investigadora e matemática galega María Josefa Wonenburger, unha auténtica pioneira e referente feminino internacional no ámbito das ciencias e que foi unha científica adiantada ao seu tempo. Recibiu unha das primeiras bolsas Fullbright coa que estudou na americana universidade de Yale. As súas investigacións centráronse na teoría de grupos e os algebras de Lie.

ArteTerapia
Do 28 de febreiro ao 15 de maio. Os Venres de 10 a 12h.
Inscricións en liña ata o 20 de febreiro

Namórate de ti
Espazo para fomentar a autoestima e o empoderamento feminino a través da fotografía
14 de febreiro ao 6 marzo os venres de 16 a 19 horas
Inscricións en liña ata o 13 de febreiro

Rompe – Xoga en igualdade
Poesía visual – Isabel Blano e Irene Silva
Do 14 de novembro ao 11 de decembro de 2019 no Multiusos de Arcade
Inauguración da exposición o xoves 14 de novembro ás 12h.
Horario: de luns a venres de 10 a 14h. Martes e xoves de 16 a 20h. Sábados, domingos e festivos, pechado

XII xuntanza mulleres de Soutomaior – Sábado 4 de maio de 2019
Santiago de Compostela
25€ empadroados
35€ non empadroados
Inscricións en liña ata o 26 de abril de 2019. Pinchar para ir á inscripcións
¿Que servizos ofrecemos?
Atención social:
– Informar e orientar ante problemáticas derivadas da violencia de xénero e derivar ós departamentos específicos.
– Informar e xestionar os recursos e axudas económicas disponibles no ámbito territorial.
– Orientación laboral e asesoramento para a búsqueda activa de emprego.
– Exploración e intervención na rede social , familiar e laboral d@s usuari@s
Asesoría Xurídica:
– Dereito de famila /separacións, divorcio, rexime de vistitas, unións de feito…
– Incapacitacións e declaracións de prodigalidade de maiores ou afectados por transtornos psíquicos severos.
– Dereito laboral, da Seguridade Social e dereito administrativo en xeral.
– Dereito de estranxería e dereito penal.
– Tramitación e acceso á xustiza gratuíta.
– Asesoramento xurídico integral nos casos de violencia de xénero.
Asistencia psicolóxica
– Terapia individual : ansiedade, depresión, dificultades emocionais, …
– Terapia grupal: autoestima, relaxación,….
– Terapia familiar: separación, problemas de parella, dificultades cos fillos,…
– Asesoramento de parella: dificultades de comunicación, educación e evolución sexual, planificación,…
– Asistencia específica en casos de violencia.
Mapa de recursos