Familia e infancia
Atención a Servizos Sociais con cita previa no teléfono:
• 986705114 (EXT.2)
Onde estamos:
• Concello de Soutomaior (Rúa Alexandre Bóveda, 8)
Horario: 09:00- 14:00 de luns a venres
• Multiusos de Arcade
Horario: 09:00- 14:00 luns e mércores
Contacto
• serviciosssociais@soutomaior.es
• traballosocial@soutomaior.gal
FAMILIA E INFANCIA
TARXETA BENVIDA
Obxecto
Concesión dunha axuda económica para as familias que no ano 2020 teñan un fillo/a, adopten ou sexan declaradas en situación de garda con fins adoptivos e para aqueloutras que, tendo obtido a axuda ou non accedendo a ela por superar os ingresos previstos nas respectivas convocatorias no ano 2018 e 2019, experimentaran unha variación á baixa da renda da unidade familiar que implique ter dereito ás contías da ampliación desta axuda.
A axuda farase efectiva a través da tarxeta benvida, a cal só poderá ser utilizada en farmacias, parafarmacias, supermercados, tendas de alimentación e establecementos de puericultura ou especializados en artigos e produtos para a infancia.
Persoas beneficiarias
1. Persoas residentes na Comunidade Autónoma de Galicia que se atopen nun dos seguintes supostos:
Ter fillas ou fillos nados/as entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2020.
Ter constituída a adopción ou ser declarado/a en situación de garda con fins adoptivos dun ou máis nenos/as entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2020.
2. As galegas e galegos e os seus descendentes que se atopen en calquera dos dous supostos anteriores e, tendo residido fóra de España, retornen a Galicia durante o ano 2020.
3. Poderán beneficiarse da ampliación aquelas familias que obtivesen a axuda de carácter xeral de 1.200 €, ou non accedesen a ela por superar os ingresos previstos, nas respectivas convocatorias do ano 2018 e 2019 e experimentasen unha variación á baixa da renda da unidade familiar que implique ter dereito a elas. O importe da axuda nestes casos establecerase en función dos meses que resten desde o 1 de xaneiro de 2020 ata que o neno ou nena que dá dereito á axuda faga tres anos ou ata que se cumpran tres anos do ditado da correspondente resolución para os supostos de adopción ou garda con fins adoptivos.
Requisitos
• Que a persoa proxenitora solicitante teña a súa residencia habitual en Galicia. Considerarase cumprido este requisito co empadroamento efectivo nun concello de Galicia.
• Que a renda da unidade familiar non supere os 45.000 €. De ser superior, a renda per cápita non deberá superar os 13.500 €. *
• Que a renda da unidade familiar non supere os 22.000 €, para ter dereito á ampliación da axuda prevista no artigo 4.2.
• Ademais, as persoas galegas emigrantes deberán ter retornado a Galicia no ano 2020 e deberán estar en posesión da nacionalidade española antes do dito retorno.
• Que a persoa proxenitora solicitante teña a súa residencia habitual nun concello cunha poboación inferior a 5.000 habitantes, para ter dereito ao incremento da axuda do 25%.
• Estar en situación de especial vulnerabilidade téccnicamente valorada polo sistema público de servizos sociais e ter un recurso do sistema público de protección social pendente de resolución, para percibir a axuda un ano mais.
• Cumprir os requisitos establecidos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.
• No suposto de ter concedida a tarxeta Benvida para unha filla ou fillo en situación de garda con fins adoptivos, non pode volver solicitarse esta no momento de constituírse a adopción.
*Para a determinación da renda da unidade familiar, con carácter xeral sumaranse a base impoñible xeral e a base impoñible do aforro da declaración da renda do último período impositivo con prazo de presentación vencido no momento de presentación da solicitude de subvención.
Entenderase por unidade familiar a formada pola/s persoa/s proxenitora/s e mais:
• As fillas e os fillos menores, agás que, con consentimento do/a pai/nai, vivan de xeito independente.
• As fillas e os fillos maiores de idade con incapacitación xudicial e patria potestade prorrogada ou rehabilitada.
• As fillas e os fillos maiores de dezaoito anos cun grao de discapacidade superior ao 33 %.
• As menores e os menores en situación de garda con fins adoptivos.
No suposto de non convivencia das dúas persoas proxenitoras se unha delas asume en solitario o sustento da unidade familiar (familias monoparentais segundo o disposto no artigo 13 da Lei 3/2011, do 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia), a renda da que non contribúe non será computada sempre que se acredite documentalmente a dita circunstancia.
Tramitar en liña
A través da sede electrónica as persoas interesadas obter directamente certificados expedidos pola Xunta de Galicia. Para iso só necesita identificarse previamente, empregando para iso o DNI electrónico, certificado dixital ou o sistema de identificación e sinatura Chave365.
https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=BS403B&ano=2020&numpub=1&lang=es
TÍTULO DE FAMILIA NUMEROSA
NOVAS
Ampliación da prórroga da vixencia dos títulos e carnés de familia numerosa
Resolución do 2 de setembro de 2020, da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, pola que se amplía a prórroga da vixencia dos títulos e carnés de familia numerosa expedidos pola Comunidade Autónoma de Galicia. (11/9/2020)
Amplíase o prazo de prórroga automática de títulos e carnés de familia numerosa expedidos pola Comunidade Autónoma de Galicia, acordado mediante resolución do 3 de abril de 2020 da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, dende o 16 de setembro de 2020 ata o 31 de decembro do 2020. Non obstante, durante este período do prazo de vixencia automática, os titulares dos títulos de familia numerosa veñen obrigados a solicitar a renovación dos títulos e carnés de familia numerosa.
Non será de aplicación a prórroga da vixencia automática prevista nesta resolución, respecto dos fillos que deixen de cumprir os requisitos previstos na Lei 40/2003, do 18 de novembro, por cumprir os 26 anos e non ter un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 por cento.
Concepto
Considérase Familia Numerosa a integrada por:
1. Un ou dous ascendentes con tres ou máis fillas ou fillos, sexan ou non comúns.
2. Un ou dous ascendentes con dúas fillas ou fillos, sexan ou non comúns, sempre que polo menos un deles sexa discapacitado ou estea incapacitado para traballar.
3. Duas persoas ascendentes, cando ambas fosen discapacitadas ou como mínimo, unha delas tivese un grao de discapacidade en grao igual ou superior ao 65%, ou estivesen incapacitados para traballar, con duas fillas ou fillos,sexan ou non comúns
4. O pai ou a nai separados ou divorciados, con tres ou máis fillos, sexan ou non comúns, aínda que estean en distintas unidades familiares, sempre que se encontren baixo a súa dependencia económica aínda que non vivan no domicilio conxugal.
5. Dous/dúas ou máis irmáns orfos/as de pai e nai sometidos a tutela, acollemento ou garda que convivan coa persoa titora, acolledora ou gardadora, pero que non estean ás súas expensas.
6. Tres ou máis irmáns orfos/as de pai e nai, maiores de 18 anos (ou dous, se un deles é discapacitado) que convivan e teñan unha dependencia económica entre eles.
7. O pai ou a nai con dous fillos, cando teña falecido a outra proxenitora.
Tramitar en liña
A través da sede electrónica as persoas interesadas obter directamente certificados expedidos pola Xunta de Galicia. Para iso só necesita identificarse previamente, empregando para iso o DNI electrónico, certificado dixital ou o sistema de identificación e sinatura Chave365.