Biblioteca Soutomaior

Xuventude +servizos

Contacto:
R/Peirao, 8 – Multiusos, Arcade. 36690 Soutomaior
Telf. 986 700 822
e-mail: omix(arroba)soutomaior.com

 

SUBSCRICIÓNS

Souto News
Boletin trimestral (B.I.X)
Tock APP

INICIATIVAS XUVENÍS

Asesoramento e orientación para poñer en marcha as súas ideas, elaboración de proxectos, etc.

Carné xove

Carné xove

Unha tarxeta persoal e intransferible á disposición da mocidade coa que obtén descontos e vantaxes das entidades colaboradoras.

Quen pode facelo? Que vixencia ten?
Todas as mozas e mozos entre 12 e 30 anos, ambos os dous inclusive. A vixencia é de dous anos a partires da data de expedición (e sempre sen superar os 30 anos, inclusive).

Como facelo?
Cubrir un impreso de solicitude, acreditando a túa identidade co DNI ou pasaporte e pagar 6€ mediante o impreso das taxas
– Impreso de solicitude (descargar).
– Pagar por internet (o navegador avísanos de que non é unha conexión segura, se queremos continuar aceptamos). Facemos clic en INICIAR.
– Cumplimentar os datos do formulario de modo que quede como na seguinte imaxe.
– Finalmente achegarse a unha oficina expendedora co impreso de solicitude cuberto e asinado e o xustificante de pagamento e o DNI do/a interesado/a (pode facerse o doutra persoa, sempre que se traia a documentación e o DNI desa persoa).

Onde facelo?
O carné xove pódese facer en:

– Servizos de Xuventude dos Departamentos Territoriais da Consellería de Traballo e Benestar.
Departamento Territorial de Vigo. Servizo de Xuventude e Voluntariado.Rúa Concepción Arenal, 8-1º andar. 36201 Vigo

– Oficinas municipais de información xuvenil integradas na rede galega de información e documentación xuvenil

Garantía xuvenil

Garantía xuvenil

Emprego xuvenil – Garantía social
Estratexia de emprego dirixida a mozos e mozas de 16 a 29 anos

A OMIX do Concello de Soutomaior é centro colaborador do programa de garantía xuvenil.

Que é a Garantía Xuvenil?

É unha iniciativa da UE que ten como obxectivos que a mocidade entre os 16 e 29 anos que non estén cursando estudos, formación ocupacional ou non teñan emprego, poidan recibir unha oferta de emprego, de educación ou formación.

Quen poden ser beneficiarios/as?

MOZOS E MOZAS DE 16 A 29 ANOS

Requisitos:
– Ter nacionalidade española ou ser cidadáns da Unión ou dos Estados parte do Acordo Económico Europeo ou Suiza que se atopen en España en exercicio da libre circulación e residencia. Tamén poderán inscribirse os estranxeiros titulares dunha autorización para residir en territorio español que habilite para traballar.
– Estar empadronado/a en calquera localidade do territorio nacional español.
– Ter máis de 16 anos e menos de 30 no momento de solicitar a inscrición no Fichero do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.
– Non traballar nos 30 días naturais anteriores á data de presentación da solicitude.
– Non recibir accións educativas que conlleven máis de 40 horas mensuales nos 90 días naturais anteriores á data de presentación da solicitude.
– Non recibir accións formativas que conlleven máis de 40 horas mensuais nos 30 días naturais anteriores á data de presentación da solicitude.
– Presentar unha declaración expresa de ter interese en participar no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, adquirindo un compromiso de participación activa nas actuacións que se desenvolvan no marco da garantía xuvenil.

Tarxeta xente nova

Tarxeta xente nova

Para transporte metropolitano gratuito.
A Tarxeta Xente Nova é a tarxeta de transporte metropolitano de Galicia que permite realizar viaxes interurbanas gratuítas.

Quen a pode utilizar?
Mozos de entre 4 e 18 anos, porque os menores de 4 anos xa viaxan gratis no transporte interurbano
A Dirección Xeral de Mobilidade crea unha tarxeta de transporte gratuita para xente nova. Á xente nova aplicaráselle unha tarifa de 0 € nas viaxes metropolitanas interurbanas realizadas dentro do ámbito do plan de transporte metropolitano de Galicia, (Número máximo de 60 viaxes mensuais por persoa usuaria.)

Como conseguila?
http://solicitudonline.abanca.com/Tarjetas/gl/txn

Deseñando o teu futuro...


Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentemento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche o enlace para maior información. // Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies