Historia

Castelo de Soutomaior

Castelo de Soutomaior

A  construcción orixinal data do século XII, si ben será con Pedro Álvarez de Sotomayor, coñecido polo alcume de Pedro Madruga co que alcance o seu máximo esplendor xa que chegou a ser o epicentro da actividade política do sur de Galicia durante o século XV.

Rematado o período feudal, o castelo co seu productivo chan do seu entorno poido adaptarse fácilmente, incluso conservando os seus vellos muros defensivos á nova producción agríco-gandeira de tipo pacego da nobreza galega arraigada no campo.

Forte de Castrizán

Forte de Castrizán

 

Antigamente ocupou este lugar o chamado castelo de Castrizán, que mandara construir o arcebispo de Santiago, D. Alonso de Fonseca e Ulloa, no ano 1477, para controlar ó de Soutomaior, aproveitando o cautiverio de Pedro Madruga en Castela. (Ó seu regreso, apoderouse da fortaleza e destruíuna).

 

A Capela de A Peneda na actualidade está rodeada dun muro granítico de contención de terras con dúas entradas: unha polo norte e outra polo sur. No resto da superficie ó aire libre hai un esbelto cruceiro e unha explanada.

A historia de Soutomaior vai ligada á historia do seu castelo, centro de referencia indiscutible.  

Descoñécense as orixes do castelo e a cronología exacta da súa construcción, pero a súa fundación hai que vinculala a Don Pax Méndez Sorrede, que viviu en tempos de Alfonso VII (1126-1157) e de Don Fernando de León (1157-1188), e que foi o primeiro en utilizar o apelido Sotomayor. Según documentación escrita, éste poblou o seu Soto chamándolle o “Maior”. 

A familia Sotomaior sería unha das linaxes que participaría na Baixa Idade Media nos acontecementos políticos cruciais da historia de Galicia, caso dos enfrentamentos co clero, con participación tamén na revolta Irmandiña de 1467 e nos problemas sucesorios de Enrique IV de Castilla. Isto significa que a Casa Sotomayor era un potente bastión de nobreza e poder. 

Entre os membros máis célebres desta familia aparecen Pax Gómez de Sotomayor, pola súa pericia política, ou Pedro de Sotomayor, o máis renombrado membro desa estirpe, coñecido como Pedro Madruga, conde de Camiña, que pasou á historia como personaxe cargada de misterio e lenda. A súa morte, en 1486, comeza unha serie de problemas sucesorios que non terían solución ata 1795, cando a Chancillería de Valladolid outorga ao Marqués de Mos o dereito aos bens da rama da familia de Sotomayor. Dende este momento, o novo dono do castelo sustitúe o escudo do Ducado de Sotomayor, situado sobre a porta sur, por outro coas armas da súa casa.

…entre o 7 e o 8 de xuño de 1809, as veiras do río Verdugo, na ponte que une Ponte Sampaio e Arcade, tivo lugar una importante batalla entre unha forza conxunta de tropas regulares españolas e milicias populares galegas que se enfrontaron ás tropas francesas dirixidas polo mariscal Michel Ney. A resistencia dos locais, impediu a Ney o paso do río cara a Arcade, véndose obrigado a retirarse.
Na ribeira  de Arcade, aínda hoxe hai un lugar coñecido como “a bateria”, que foi onde colocaron as defensas , que impediron o paso dos Franceses.

Século XIX

No antigo réxime o que hoxe coñecemos como Concello de Soutomaior, tiña as parroquias que o compuxeron no ano 1836, antes da separación de Fornelos, todas na xurisdicción de Soutomaior, agás a de Arcade, que era un couto redondo, pertencendo as dúas á provincia de Tui.

Os Concellos de Soutomaior e Arcade seguen figurando polo partido xudicial de Redondela, cando a comenzos do 1822 se fai a división de Galicia en catro provincias, pasando entón a efectos de tributación a depender da nova provincia e deputación de Vigo, quen fai un repartimento entre os Concellos do seu orzamento de gastos o 20 de outubro de 1822, no que figura ademais a poboación.   A proposta feita polos comisionados do Gobernador Civil no partido xudicial de Redondela, para facer realidade o R.D. de 23 de xullo de 1835, e que ten a data do 7 de outubro de 1835, propón catro Concellos para o partido xudicial de Redondela, entre os que se atopa o de Soutomaior, con sete parroquias.  Esta proposta forma parte da nova planta dos Concellos constitucionais da provincia, que en canto ó partido xudicial de Redondela publicouse no BOPPO, número 97 do 3 de decembro de 1836, e nela figura o Concello de Soutomaior.  

O 7 de decembro de 1842, os veciños da parroquia de Fornelos, demandan a segregación de Soutomaior e forman eles Concello propio. Na sesión do Concello de Soutomaior en decembro do ano 1847, acordan trasladar a capitalidade do concello a Fornelos de Montes, onde permanecerá o Concello ata o 13 de agosto de 1854, en que volve a Soutomaior, sen que chegue a plantexarse o cambio de nome. Polo concello de Soutomaior, e estudiada unha solicitude de segregación, o 18 de xuño de 1869, das parroquias de Calvos, Traspielas, Fornelos, Estacas e Laxe, con arreglo á lei local vixente, sendo aprobada polo dito concello o 26 de xullo de 1869, e a deputación provincial, da que se da conta desta petición, na sesión do 28 de xullo, acorda crear un novo Concello coa denominación de Fornelos de Montes. Remitido o expediente, volve para consignar nel determinados datos, e sendo aprobada a creación do mesmo na sesión do 27 de abril de 1870, acordando o establecemento deste Concello que tivo lugar o 10 de maio de 1870.     Desta forma queda constituido o novo Concello de Fornelos de Montes, unido a Soutomaior durante 34 anos, e coa sua perda polo Concello de Soutomaior, que perde tamén 77.3 Kms2 do seu territorio.    

Século XX

Cunha economía ligada ao mar e á producción agrícola, o século XX trouxo industrias locais que tiveron gran repercusión no desenvolvemento da comarca.
A construcción da vía férrea entre Pontevedra e Redondela (1.884), foi un punto de inflexión para o desenrolo económico local. 

Nos anos finais do século XIX a enerxía eléctrica gañaba posicións como vector enerxético, e ademáis dos motores de vapor e de gas, a centrais hidroeléctricas ían ocupando o sistema fluvial galego. O 20 de setembro de 1.898 o enxeñeiro vigués Ramón Laforet Cividanes recibía a concesión do aproveitamento con fins hidroeléctricos de un caudal máximo de 2.500 litros por segundo a derivar do río Verdugo ( fábrica do Inferno), en Comboa, para suminsitrar electricidade a unha fábrica de Carburo de Calcio, que máis tarde construiría en Arcade ( “A Fábrica de Carburos “).  As lámparas de carburo eran daquela a principal fonte de alumeado.
Co tempo o abandono do carburo, acabou coa  venda da fábrica á sociedade española de carburos metálicos, que produciu acetileno durante uns anos na fábrica. 

A fábrica acabou cedida ó Concello de Soutomaior, que conservando a súa estructura industrial a convirteu nun funcional centro multiusos para a cidadanía.

 

 

Central hidroeléctrica "O Inferno"

A carón desta fábrica, foron aparecendo outras industrias como a fábrica de Ferrerías, que fundia ferro e chatarra para facer  material de construcción e planchas. 

A industria alfareira foi sin dúbida a gran responsable do desenrolo local na década dos anos 60,  coa construcción de Pontesa en Ponte Sampaio. Esta factoría deu emprego a máis de 1.200 persoas de toda a comarca. Outras empresas alfareiras aparaceron a carón desta, sendo outra industria a destacar da comarca.

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentemento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche o enlace para maior información. // Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies