Biblioteca Soutomaior

Xuventude – voluntariado e asociacionismo

Contacto:
R/Peirao, 8 – Multiusos, Arcade. 36690 Soutomaior
Telf. 986 700 822
e-mail: omix(arroba)soutomaior.com

 

Voluntariado e asociacionismo:

PROGRAMAS MUNICIPAIS:

  •  Programa de información, asesoramento e orientación xuvenil:

INFORMACIÓN XUVENIL XERAL

Información sobre convocatorias de premios e concursos, cursos, bolsas, ofertas de emprego, campamentos, actividades lúdicas e culturais, carnés, axudas, servizos de apoio á mocidade, recursos europeos, estatais, autonómicos e locais, etc.

COMO ACCEDER?

1_Atención directa
Información e asesoramento en persoa, por teléfono, por correo electrónico omix(arroba)soutomaior.com, a través do sitio web www.soutomaior.com/ www.soutomior.gal e nas súas redes sociais: Facebook xuventude soutomaior, e Twitter @xuvesouto

2.- Autoconsulta
Na oficina a través dos diferentes paneis e dossieres organizados por temáticas e a través da información colgada na web e nas redes sociais.

3.- Antenas e carpetas informativas
Espazo informativo de autoconsulta habilitado en diferentes equipamentos da localidade, que ofrece información para ser manexada directamente pola mocidade e que está especializado en informacións con caducidade, convocatorias vixentes. Actualmente:
Antena informativa (CPI Padín Troiteiro)
Antena informativa (Colexio Santiago Apóstolo)
Carpetas informativas (Concello)
E, de xeito puntual en centros de saúde ou en departamentos municipais doutras áreas, sendo estas as encargadas de difundir a información que se lles facilita.

4.- Subscrición de balde nas Bases de datos, envío de mailings, boletíns e redes sociais.
Achegamos a información á mocidade a través do servizo de mensaxería instantánea DE BALDE xestionado a través da aplicación TokApp School a todas aquelas persoas que se anotan previamente na base de datos.
Subscricións de balde a:
BIX (boletín de información xuvenil) publicado en PDF para a súa consulta electrónica ou en versión papel (formato PDF) no que se recolle a información sobre as actividades programadas para cada trimestre e como inscribirse.
SOUTONEWS, magazine xuvenil. Noticiario confeccionado pola mocidade con seccións de: deportes, sucesos, turismo, economía, cotilleos, música e cultura, etc. Cada mes este noticiario terá unha edición dixital EN LIÑA que se editará e se fará pública na web do Concello (en inglés subtitulada en galego).

5.- Documentación: préstamo a domicilio de guías de viaxes, préstamo e consulta en sala e a través de guías de recursos para atopar a información.

6.- Subscrición a Boletíns electrónicos de información

ASESORIAS

Orientar á mocidade en temas específicos sobre posibilidades, oportunidades e recursos que teñen á súa disposición. ÁREAS:

Educación: asesoramento e orientación en temas relacionados coa oferta educativa e formativa e o mundo do estudante.

Emprego e formación ocupacional: como buscar, recursos para o emprego, orientación persoal e currículo, etc.

Asociacionismo e voluntariado: asesorar para dinamizar e propiciar a participación xuvenil a través do asociacionismo, voluntariado, grupos informais… Pasos para constituír unha asociación, como facerse voluntario/a, entidades nas que participar, programas de voluntariado, etc.
Iniciativa xuvenil: asesoramento e orientación para poñer en marcha as súas ideas, elaboración de proxectos, etc.

Turismo xuvenil: aloxamentos, viaxes ao estranxeiro, documentación, cursos de idiomas, etc.

COMO ACCEDER?

Sen necesidade de pedir cita previa Atención directa en persoa, por teléfono ou por correo electrónico omix(arroba)soutomaior.com

 

  •  Programa de  voluntariado

Desenvólvese a través 

ÁREA DE EDUCACIÓN E FORMACIÓN

Programación trimestral mediante a cal se ofertan cursos demandados pola mocidade ou froito de necesidades detectadas, PUBLICADA NO BIX:

ACCIÓNS encamiñadas á adquisición de competencias básicas sociais, dixitais, etc.
Exemplos:
–    Cursos de informática e tecnoloxías como o de aplicacións informáticas ou o de creación audiovisual
–    Cursos de fotografía
–    Curso de preparación das probas libres da ESO

ACCIÓNS dirixidas a traballar as intelixencias múltiples no eido da educación non formal:
Exemplos:
–    Escola municipal de Debuxo e Pintura
–    Escola Municipal de Teatro
–    Guitarra española
–    Bailes e movemento: latinos, danza do ventre, ponte en forma, aquagym, etc.

ACCIÓNS encamiñadas cara a adquisición de competencias específicas para incorporarse ao mercado laboral con prácticas en empresa:
Exemplos:
–    Curso de manipulación de alimentos
–    Curso oficial de monitores/as de tempo libre
–     Curso de operacións básicas como camareiro/a de pisos
–    Curso de monitor/a acompañante de transporte escolar
–    Curso de carretas elevadoras
–    Etc…

ÁREA DE CREATIVIDADE, LECER, TEMPO LIBRE E PARTICIPACIÓN XUVENIL

Dentro desta área proponse unha oferta variada:

–    QUEDADA! para…  proxecto de actividades lúdicas e de dinamización xuvenil onde a principal liña de acción é o LECER E TEMPO LIBRE como espazo educativo e de aprendizaxe non formal. Ofértamos: cine, festas, obradoiros municipais en festividades singulares: entroido, samaín, Nadal, etc.

–    Aventura e turismo xuvenil: excursións para facer turismo de aventura: exemplo iniciación ao surf, etc.

–    Concursos: Verbas para comunicar (letras galegas), Karaoke, Postais de Nadal, etc.

–    Exposicións, festivais e exhibicións artísticas:
Festival danzarte (guitarra, debuxo e pintura, bailes, performance,    etc.)
Representacións teatrais da Escola Municipal de Teatro
Festival de Cultura Urbana (bmx, sccoter, graffiti, rap, beetbox, etc)

–    Charlas e seminarios.

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentemento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche o enlace para maior información. // Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies