Xuventude – asesoramento
Contacto:
R/Peirao, 8 – Multiusos, Arcade. 36690 Soutomaior
Telf. 986 700 822
e-mail: omix(arroba)soutomaior.com
A O.M.I.X. do Concello de Soutomaior ofrece asesoramento sobre diferentes programas e materias:
Educación, emprego, asociacionismo, voluntariado, iniciativas xuvenís, turismo xuvenil.
ASESORAMENTO E ORIENTACIÓN ACADÉMICA
A finalidade é prestar apoio ás mozas e mozos ante preguntas como:
Quen son e quen desexo ser? Que quero facer? Que se me da ben? Que debo saber facer? Como conseguir o que quero?
COMO?
– Guiándote para que coñezas o sistema educativo actual, titulacións formais e non formais, profesións máis demandadas, etc para que explores en que estudios e profesións tes potencial para que poidas resolver todas as túas dúbidas e poidas tomar unha decisión para PASAR Á ACCIÓN
– Axudándoche a coñecerte mellor e acompañándote na elección e planificación dos teus estudos tendo en conta os itinerarios educativos e a oferta educativa actual.
Poremos á túa disposición RECURSOS webs e guías sobre estudos e saídas profesionais.
ASOCIACIONISMO
asesorar para dinamizar e propiciar a participación xuvenil a través do asociacionismo, voluntariado, grupos informais…
Pasos para constituír unha asociación, como facerse voluntario/a, entidades nas que participar, programas de voluntariado, etc.
ASESORAMENTO E ORIENTACIÓN LABORAL E OCUPACIONAl
Dirixido a demandantes de emprego ofrecéndolles información, asesoramento e orientación sobre a elaboración do currículo, carta de presentación e perfil profesional; axudándolles a mellorar a súa empregabilidade e informando sobre todos aqueles aspectos que axuden a realizar unha procura activa de emprego con eficacia.
Obxectivos:
– Orientar e informar a demandantes de emprego sobre o seu perfil profesional para mellorar a súa empregabilidade.
– Optimizar a oferta formativa tendo en conta as demandas que chegan ao servizo.
– Ofrecer un sistema áxil de información laboral dirixida especificamente á mocidade.
COMO?
INFORMACIÓN INDIVIAULIZADA E PERSONALIZADA
Asesorámoste en relación a:
– tipos de emprego
– como planificar un itinerario de búsqueda eficaz
– técnicas de búsqueda: candidatura espontánea, currículo, carta de presentación, entrevistas, etc.
– axudas
– formación ocupacional
– prácticas laborais
Asesoramento sobre os certificados de profesionalidade
Asesoramento e tramitación da solicitude do recoñecemento da experiencia profesional.
A través de accións como:
– Entrevista en profundidade.
– Itinerario de inserción laboral.
– Asesoramento para elaborar e actualizar o currículo
– Información profesional.
– Ofertas de emprego nos taboleiros da oficina e na web
AUTOCONSULTA
A orientación individualizada complétase cun servizo de autoconsulta de ofertas de emprego privado e público, listados de ETT e empresas, webs específicas de emprego, etc.
INICIATIVAS XUVENÍS
Asesoramento e orientación para poñer en marcha as súas ideas, elaboración de proxectos, etc.