Parking caravanas
O Concello de Soutomaior dispón dun PARKING PARA AUTOCARAVANAS.
Nº de prazas: 7
Servizos específicos: vaciado de augas residuais, suministro de auga potable e contedores para basuras.
Tempo máximo de estancia: os vehículos poderán permanecer aparcados un máximo de 7 días.
Datas: o recinto permanecerá aberto todo o ano.
O seu obxectivo non é outro que ofrecer un servizo de calidade e cercano aos cada vez máis autocaravanistas que visitan a nosa Vila.
A área, oferta un espazo para o vaciado de augas residuais que conecta co sumidoiro municipal, suministro de auga potable e contedores para basuras. Dispón de conectividade wifi a través da rede wifi municipal.
Atópasese instalada nun dos laterais do aparcamento das instalacións de recreo e deportivas do Concello, contando con pista polideportiva, pista de patinaxe, pista de skate, praia con duchas e servizos, parque infantil, clube náutico, etc.
Está localizada nunha zona tranquila, de fácil acceso, segura e cercana ó centro da vila. O parking para autocaravanas está ubicado na explanada do Peirao de Arcade.
Posición GPS: 42.33894 -8.61306 / 42º 20 ´ 22¨ N 8º 36´ 49¨ O