
Certame da camelia
O Certame da Camelia é un dos fins de semana máis esperados do ano para os afeccionados á xardinería e a floricultura ao que tradicionalmente asisten máis de mil persoas.
A exposición é sempre un fin de semana e podese visitar a partir do sábado pola tarde e durante toda a xornada do domingo.
Constitúe unha magnífica oportunidade para gozar dos xardíns de Excelencia Internacional do Castelo de Soutomaior.

O Certame e Exposición da Camelia, xurdiu na Casa do Pobo do Val-Sobral cando Manuela Gradín era Presidenta da Asociación de Veciños 8 de decembro.O éxito acadado despois de 3 edicións fixo necesario máis espacio e máis dotacións. Por iso o Concello de Soutomaior recolleu a idea e dende o ano 2004 ven organizando o Certame no Castelo de Soutomaior coa colaboración da Deputación Provincial de Pontevedra.
A exposición gañou co novo marco de celebración, xa que debemos lembrar que nos xardíns do Castelo hai numerosos exemplares e diversas variedades de camelia.

Na actualidade máis de cen metros cadrados de composicións florais coas variedades máis buscadas enchen as salas do Castelo de Soutomaior. No certame prémianse as seguintes categorias :
Mellor flor, mellor traballo artístico e mellor traballo escolar.
A par faise un concurso de escaparates coa temática da camelia, polos comercios do Concello.