Documentación electronica – Padrón de habitantes
Concello de Soutomaior. Rúa Alexandre Bóveda, 8 36691-Soutomaior, Pontevedra
Presencialmente: Debe entregar o impreso de solicitude na oficina de Rexistro Xeral do Concello de Soutomaior.
Electrónicamente: Deberá acreditar a súa identidade mediante firma electrónica (certificado dixital válido, D.N.I. electrónico).
O Padrón é o rexistro que acredita a residencia e o enderezo da veciñanza do municipio para todos os efectos administrativos.
Solicitude volante de empadroamento
Documento de carácter meramente informativo que indica a residencia e o domicilio habitual. O volante de empadroamento será suficiente para múltiples fins: información do propio veciño, achega en procesos ou ante organismos que non requiran unha proba rigorosa (axudas escolares, de servizos sociais, relacionadas co aparcamento de vehículos, en tarifas de transportes, etc.)
Solicitude presencial: non é necesario impreso
Documentación requerida:
Orixinal e fotocopia do DNI do solicitante
Escrito de autorización, en caso de representación.
Pasaporte, NIE ou tarxeta de residencia, en caso de estranxeiros.
Solicitude electrónica:
Solicitude de certificado de empadroamento
Documento que acredita fidedignamente a residencia e o domicilio habitual do solicitante. Solicitarase nos casos en que o documento teña que presentarse ante Tribunais de Xustiza, organismos estranxeiros, etc. Mediante a certificación acreditaranse tamén outros feitos relativos ao empadroamento e de que o Concello ten constancia oficial: datas iniciais e final de empadroamento no municipio, domicilios en que se estivo empadroado; causa da alta ou da baixa no Padrón, etc.
Solicitude presencial: non é necesario impreso
Documentación requerida:
Orixinal e fotocopia do DNI do solicitante
Escrito de autorización, en caso de representación.
Pasaporte, NIE ou tarxeta de residencia, en caso de estranxeiros.
Solicitude electrónica: