
O Río Verdugo
O Rio Verdugo fai de límite natural do termo municipal de Soutomaior. É navegable nun treito longo, sempre e cando teñamos en conta as mareas e o calado da embarcación.
O Río nace a 760 m de altura na aldea de Cernadelo, situada na ladeira de Outeiro Grande no concello de Forcarei. A súa lonxitude é de 41 Km. e desemboca no fondo da Ría de Vigo, entre Arcade e Ponte Sampaio.
Ímonos centrar no tramo que vai entre Comboa (Soutomaior) e Ponte Sampaio, xa que é o que é navegable, ainda que a escasa distancia da ponte medieval de Comboa, atopase un enclave espectacular: A Ponte Colgante ( no lugar onde se xuntan os Ríos Verdugo e Oitaven). Este tramo é navegable na súa totalidade, con augas tranquilas.
É un río perfecto para navegar en canoa ou kaiak, xa que non ten dificultade ningunha.
A escasos metros da “Ponte Colgante”,
…xúntanse os rios Verdugo e Oitaven, creando un espazo espectacular.
A destacar os dous afloramentos de pedra, que con pleamar quedan cubertos e poden ser perigrosos para as embarcacións:
A -Pedra do Rufo – (no tramo medio do percorrido) na marxe dereita: 42°20’42.02″N – 8°35’37.47″O
B – Pedra do Demo (nos últimos tramos) na marxe esquerda : 42°20’36.97″N – 8°34’33.64″O.